Comezamos o concurso visitando o noso continente, o continente Europeo. Faremos tres paradas en: Paises Baixos, Dinamarca e Escocia. Responde as preguntas e anímate a viaxar con nós. :)
ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
lunes, 2 de noviembre de 2026
CHALLENGUE FRIAN " VIAXANDO POLO MUNDO"
Outro curso máis comezamos co noso concurso Challengue Frian sobre o PDI do curso que este ano adícase ao turismo. O PDI chámase " Viaxando polo mundo: coñecendo outras culturas" e por iso o noso concurso anual nos fará viaxar polos diferentes continentes coñecendo curiosidades e tradicións de diferentes países. Para iso completaremos o noso pasaporte viaxeiro que conseguimos na xincana do día das bibliotecas escolares. Estades preparados???
lunes, 15 de junio de 2026
PREMIO POLO CONCURSO: PREPARANDO A NOSA HORTA!
Hoxe desfrutamos dunha milla arredor do cole finalizando na nosa horta como premio pola participación de todas as aulas no concurso Preparando a nosa horta! levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos un reto para responder a preguntas para organizar e crear a nosa propia horta. Deste xeito aprendimos unha morea de cousas sobre o noso PDI: "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra".
O propósito do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa, os padriños e madriñas recolleron aos seus afillados e afilladas nas clases e fixeron o percorrido xuntos.
Grazas alumnado e profes de Frian pola vosa implicación no concurso!
lunes, 1 de junio de 2026
FRIAN CHALLENGE XUÑO 2026
Xa temos a nosa horta lista!!
Ben feito! Grazas pola vosa axuda!
Entre todos e todas fixemos que medraran plantas que sementamos e algo aínda máis importante... Compartimos tempo xuntos e xuntas e moitas vivencias. Iso creou vínculos que podemos manter ao longo dos anos.
Parabéns!!
Agora é tempo de lecer e descansar.
👉 Pero antes…aquí vén a última pregunta do noso concurso:
SABES QUEN PINTOU “A SESTA”, UNHA OBRA QUE MOSTRA A CAMPESIÑOS DESCANSANDO NO CAMPO DESPOIS DE TRABALLAR A TERRA?
Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
martes, 5 de mayo de 2026
FRIAN CHALLENGE MAIO 2026
OS POLINIZADORES
POR QUE SON NECESARIOS OS POLINIZADORES?
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
martes, 7 de abril de 2026
CHALLENGE ABRIL: PREPARANDO A NOSA HORTA
Os descompoñedores
Como vedes hai moitas cousas que facer na horta, plantar, botar auga... Agora temos que pedir axuda ao nosos amigos descompoñedores para seguir mellorando a calidade da nosa terra.
Sabes quen son? Eles fan compost que podemos botar para que os cultivos medren fortes e rápido.
👉 E agora imos facer algo diferente no noso concurso:
GUSTARÍACHE CREAR UNHA CANCIÓN OU POEMA QUE FALE SOBRE COMO MEDRAN AS PLANTAS?
OU SOBRE O QUE VOS INSPIRAN MIRARLAS? QUE PALABRAS INCLUIRÍAS?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
domingo, 1 de marzo de 2026
CHALLENGE MARZO
Xa están medrando as nosas plantas!
Que bonito queda o campo cando isto ocorre!E que importante é para todos e todas nós!
Isto xa o sabía Joaquín Sorolla, que pintou escenas do campo e da vida rural en España. Coñeces a este pintor? Investiga sobre as súas pinturas!
👉 E agora vén a pregunta do noso concurso:
QUE CORES USABA PARA MOSTRAR O SOL E A NATUREZA?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa da biblioteca.
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
lunes, 2 de febrero de 2026
CHALLENGE FEBREIRO
A importancia da auga
Xa aprendemos o ano pasado a importancia da auga para todos os seres vivos. As plantas tamén necesitan dela para medrar fortes e dar os seus froitos! Temos que regalas!!
Non esquezamos que para que medren fortes hai que coidalas a diario, botarlle auga e observalas.
E agora vén a seguinte pregunta do concurso:
SABEDES QUE RÍOS EN ESPAÑA SON MOI IMPORTANTES PARA REGAR OS REGADÍOS DOS CULTIVOS?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
jueves, 8 de enero de 2026
CHALLENGE XANEIRO
Botemos sementes!
Agora que temos a nosa horta lista para traballar temos que pensar que verduras queremos ter nela. E botalas!
En relación a isto, vai a seguinte pregunta:
- EN QUE COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ESPAÑA SE CULTIVA A OLIVEIRA PARA FACER ACEITE DE OLIVA?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
domingo, 30 de noviembre de 2025
CHALLENGE DECEMBRO
Mirade estas fotografías!
ás seguintes preguntas…
- VICHES ALGUNHA PINTURA QUE MOSTRE VIÑEDOS E
PERSOAS RECOLLENDO UVAS EN ESPAÑA?
- EN QUE ÉPOCA DO ANO CREES QUE SE FAI A VENDIMA?
*Lembra que podedes deixar as respostas no blog
ou na caixa de correo da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS!
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
jueves, 13 de noviembre de 2025
CHALLENGE NOVEMBRO
NOVEMBRO 2025
As ferramentas para traballar na horta
Imos poñernos mans á obra para comezar a nosa horta! Pero antes de sementar, temos que preparar ben a terra: quitar as herbas, remexela e deixala lista para plantar. Iso require traballo e… boas ferramentas!
Antigamente, os labregos e labregas traballaban coa forza das súas mans e con ferramentas moi sinxelas, feitas de madeira ou ferro.
👉 E agora vén a primeira pregunta do noso concurso:
SABES QUE FERRAMENTAS USABAN AS PERSOAS HAI MOITO TEMPO PARA SEMENTAR E RECOLLER OS SEUS CULTIVOS?
*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
lunes, 3 de noviembre de 2025
NOVO CONCURSO: PREPARANDO A NOSA HORTA!
Ola rapazas e rapaces de Frian:
Comeza un novo curso na nosa biblioteca e con el unha nova aventura e un novo concurso de preguntas.
Cada mes teremos que superar pequenos retos e responder a algunhas preguntas. Así iremos descubrindo, paso a paso, que traballos se fan nunha horta: preparar a terra, sementar, regar, coidar as plantas e recoller o que medra, et.
As instrucións do xogo serán:
1. Cada mes, no blog https://ossonhosdefriancinho.blogspot.com/ atoparedes unhas preguntas sobre as cales deberedes investigar para acadar a resposta correcta.
2. Cando teñades as respostas poderedes envíalas de dúas formas:
• Facendo un comentario na entrada do blog da biblioteca.
• Depositando as vosas repostas por escrito na caixa de correos que atoparedes fóra da biblioteca. Neste caso, non esquezades indicar o voso nome e curso na vosa resposta.
3. Repartiremos un sobre por aula no que con axuda das vosas mestras e mestres iredes construíndo unha horta simbólica na que cada paso simboliza un paso no proceso de cultivar (na terra e en nós): buscar, preparar, crear e coidar.
Se queredes acadar o voso premio non vos esquezades de participar!
viernes, 13 de junio de 2025
PREMIO POLO CONCURSO CHALLENGE FRIAN
Hoxe desfrutamos todo o cole de un flashmob como premio pola participación de todas as aulas no concurso Challenge Frian, levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos unha viaxe de preguntas polos mares e océanos do mundo. Aprendemos unha morea de cousas sobre o nos PDI: "Mares e océanos: un recurso vital"
O flashmob foi organizado polo alumnado voluntario de 5º de Primaria, elas elaboraron a coreografía e todo o cole bailou ao compás do seu ritmo.
O propósito do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa.
Grazas alumnado de 5º pola vosa implicación!
miércoles, 30 de abril de 2025
FRIAN CHALLENGE MAIO
FRIAN CHALLENGE MAIO
Sabedes que un mergullador é alguén que pode baixar ás profundidades dos mares e océanos, usando un escafandro ou botella de osíxeno para respirar baixo a auga.
En Cesantes, cerca de Redondela, hai unha escultura ao Capitán Nemo e aos seus mergulladores. Víchela algunha vez? Só pode verse coa marea baixa.
Os peixes non necesitan escafandro ou botellas de osíxeno para respirar, verdade?
PREGUNTA 1: SABEDES COMO SE CHAMAN AS PARTES DOS PEIXES QUE FAN POSIBLE QUE RESPIREN BAIXO A AUGA?
PREGUNTA 2: CADA CANTAS HORAS SUBE OU BAIXA A MAREA?
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
martes, 1 de abril de 2025
CHALLENGE FRIAN ABRIL
FRIAN CHALLENGE ABRIL
• Mar Mediterráneo:
Continuando baixo as augas atopamos outro mar moi
importante da que xa falamos no mes anterior…os gregos
e os romanos, que eran politeístas, e dicir; crían en
varios deuses e noutros seres de lenda. O deus dos mares
chamábase Poseidón (o Neptuno en romano).
• Pregunta 1: Cita dous mares que estean dentro do Mar
Mediterráneo?
• Pregunta 2: Nomea tres seres mitolóxicos no que crían os
romanos relacionados co mar.
ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!







.jpg)
