martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN 30 DE XANEIRO

Este 30 de xaneiro coincidindo co día da Paz , celébrase o día da ilustración. Un día moi especial para todas as bibliotecas escolares xa que sen ilustracións os contos e libros non serían o mesmo. Por iso dende a biblioteca do Frian quixemos preparar unha pequena mostra dos albumes ilustrados cos que contamos na nosa biblioteca. Diferentes clases visitaron a exposición e fixeron actividades variadas sobre a ilustración: lectura de contos, distinguir entre debuxo e ilustración,creando ilustracións a través de contos.

















jueves, 25 de enero de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 4 ANOS

NOTICIEIRO 4ºB: O INTESTINO HUMANO.

 O alumnado de 4ºB estivo a investigar sobre o intestino humano , considerado o 2º cerebro. Curiosidades, informacións variadas sobre este gran desconocido que tan importante é no noso corpo.   Quixeron aproveitar o seu Noticieiro deste curso para axudarnos a todos a entendelo un pouco mellor.

NORABOA RAPACES!!!!!


miércoles, 24 de enero de 2024

NOTICIEIRO 3º B: DEPORTE OLÍMPICO O PIRAGÜISMO

 O alumnado de 3º B aproveitando a súa quenda para o Noticieiro deste curso quixeron falarnos sobre un dos deportes olímpicos mais importantes como é o Piragüismo . É que maior oportunidade que o día mundial da radio o día 13 de febreiro  para compartir este programa informativo de radio con todo o cole. 

Noraboa rapaces!!!!! Estamos desexando practicar o piragüismo!!!!!


domingo, 21 de enero de 2024

VENRES VIVA VOZ 5ºB: HISTORIA DA BICI

 O alumnado de 6º escolleu como tema do PDI "O ciclismo",por iso quixeron falar no seu Venres de Viva Voz sobre a historia da bici e a súa orixe.





ANTORCHA OLÍMPICA: HISTORIA E CURIOSIDADES

 Este ano remotamos no Frian a participación nas Olimpiadas de Teis, grazas a colaboración fundamental da ANPA en toda a organización. Son varios os centros do barrio que participarán nesta celebración: Possumus, Santa Salvador, Frian ...

Para comenzar esta celebración os días 24 e 25 de xaneiro a chama olímpica recorrerá os diferentes centros participantes. Por iso coñeceremos un pouco da historia  da chama olímpica e algunhas curiosidades .






martes, 16 de enero de 2024

NOTICIEIRO 3º A: ATLETAS E SENDEIROS DE VIGO

 O alumnado de 3º A son uns verdadeiros atletas e por iso no seu noticieiro deste curso quixeron recomendarnos algúns sendeiros en Vigo dos que podemos disfrutar camiñando e disfrutando da paisaxe da nosa contorna. Eles como verdadeiros atletas saben a importancia de camiñar un pouquiño todos os días e os beneficios que aportan á saúde. 

jueves, 11 de enero de 2024

" DEPORTE EN FAMILIA " MOCHILAS VIAXEIRAS DECEMBRO

 As familias do Frian neste mes de decembro quixeron compartir con nós a práctica dos seus deportes e xogos tradicionais favoritos.

Xes de 1º de Primaria xogando ao fútbol e á oca en familia.

Marieta 3º de Primaria e  Gloria de 5 anos patinando coa súa nai e practicando Kayak.

Xabi de 4 anos practicando balonmán cos seus curmáns e fútbol con papá. 



miércoles, 10 de enero de 2024

OLYMPIC GAMES XANEIRO

 

Ola rapaces e rapazas: 
Xa estamos de volta co noso concurso "Olympic Games" coas que damos comezo a este novo 2024. Tedes que atopar a resposta correcta destas novas 4 letras do alfabeto. Podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario a entrada do blog da biblioteca. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso. 

G : APELIDO DA XOVE PROMESA DO ATLETISMO,SARA, QUE CON 20 ANOS BATEU O RÉCORD DE ESPAÑA EN 400 VALLAS, E ESTE 2024 VERÉMOLA NOS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS. 

H : DISCIPLINA NA QUE DESTACA POLA SÚA PARTICIPACIÓN E PAISÓN A PRINCESA CARLOTA CASIRAGHI. 

I: APELIDO DA SALTADORA DE PÉRTIGA DOBLE CAMPEONA OLÍMPICA,OITO CAMPEONA MUNDIAL E BATEU O SEU PROPIO RÉCORD DO MUNDO EN 28 OCASIÓNS, AO AIRE LIBRE E A CUBERTO. 

L: NOME DA NOSA MELLOR HALTERÓFILA ATA A DATA, QUE GAÑOU MEDALLAS NOS XOGOS OLÍMPICOS E CONTRIBUIU ENORMEMENTE Á VISUALIZACIÓN DESTE DEPORTE NO NOSO PAÍS, SOBRE TODO NOS MÁIS XÓVENES E ENTRE O PÚBLICO FEMININO. PARTICIPOU NOS XOGOS OLÍMPICOS DE 2008, 2012 E 2016), ACADANDO OS TRES METAIS.

lunes, 8 de enero de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6º DE PRIMARIA

 O alumnado de 6ºA e 6ºB quixeron deixarnos unhas recomendacións lectoras antes do Nadal para contarnos cales son as súas lecturas favoritas para que nestas vacacións e ao longo do curso poidades disfrutar delas. Grazas rapaces e rapazas!!!!