jueves, 25 de abril de 2024

HISTORIA ENCADENADA :O SECRETO DE RAMÓN

 Ao longo das últimas semanas todos os cursos do Frian comezamos unha actividade titulada " Historia encadenada" onde comezamos a crear o noso propio conto entre todos. Comezamos polos máis cativos de 3 anos ata chegar aos maiores. Unha historia creada con moito cariño e onde a personaxe é un deportista paraolímpico que pasa por mil aventuras. 

Este xoves todos puidemos gozar coa lectura deste conto xa na súa totalidade e a verdade e que nos encantou a todos o resultado final. O traballo en equipo sempre trae bos resultados!!!!





miércoles, 24 de abril de 2024

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA EN PRIMAVEIRA

 Coa chegada da primavera a actividade "Lendo baixo a mesma estrela" é aínda se cabe máis divertida . Todos os venres , se o tempo o permite, o alumnado leva a cabo lecturas ao aire libre en voz alta, en silencio, cadeas lectoras, apadriñamientos...










CONSTRUINDO A TORRE EIFFEL

 Sen dúbida a Torre Eiffel en París é un emblema e máis tendo en conta que este ano se festexa en París os xogos Olímpicos. Por iso quixemso facer unha pequena homenaxe a este símbolo Francés. 

Para iso quixemos elaborar a nosa propia Torre Eiffel con libros de refugallo .Para superar o reto antes o alumnado debía facer un boceto da mesma co material do espazo maker Kapla.

Non vos perdades o resultado, sen dúbida como arquitectos non tempos prezo!!!!








CADEA LECTORA : COÑECENDO A MATILDA

 Con motivo do día do Libro , este 23 de abril todo o cole levamos a cabo unha cadea lectora sobre un dos libros máis lidos e vendidos da historia " Matilda" de Roald Dahl. Un ratiño de lectura conxunta ao aire libre disfrutando dun bo libro. Que máis se pode pedir?









UN PADRIÑO PARA CADA NENO/A: APADRIÑAMENTO LECTOR

 Este luns 22 de abril como comezo da Semana do Libro levamos a cabo a actividade " Un padriño para cada neno/a" .  Os grupos dos niveis maiores apadriñan aos máis cativos do cole. Para iso deben realizar unha selección previa dos fondos que van a utilizar . 

Unha vez rematado o apadriñamento os afillados e afilladas agasallarán aos seus padriños cun marcapáxinas do PDI decorado por eles. 








domingo, 21 de abril de 2024

NOTICIEIRO 6ºB : A RECONQUISTA

Con motivo da celebración do día da Reconquista o alumnado de 6ºB quixeron adicar o seu noticieiro a historia da festa da Reconquista de Vigo. Non volo podedes perder!!!Noraboa rapaces e rapazas!!!!

CONCURSO PODCAST 23/24

 Como centro inmerso no programa Radio escolar , o alumnado de Educación Infantil quixo participar na convocatoria do concurso de Podcast da Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

Aquí vos deixamos a participación do centro e os seus podcast onde a poesía é o elemento clave. 


DíA DE CONVIVENCIA E.E.I RÚA ARAGÒN

 Este venres 19 de abril festexamos un dos días máis bonitos e emotivos do ano. Baixo o programa Bibliotecas Solidarias os nosos voluntarios de 6* de Primaria visitaron a E.E.I Rúa Aragòn para celebrar un día de convivencia entre  todos.Unha xornada literaria con xogos e boa compañía.Grazas a Escoliña de Aragòn por recibirnos e organizar este día tan especial.



lunes, 15 de abril de 2024

VISITA LEYLA PAZò:”HIPòTESIS DE CERRAR HERIDAS”

 Hoxe contamos coa visita de Leyla Pazò ,escritora xuvenil do poemario”La hipòtesis de cerrar heridas”. Contoúnos a súa experiencia de ser unha escritora con sò 14 años. Tamén fixo especial fincapé na importancia de non ter medo e ter iniciativa . Grazas Leyla por visitarnos e moita sorte neste futuro prometedor que te espera.









miércoles, 10 de abril de 2024

3º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS: XOGOS DE MESA

 Este 9 de abril contamos coa visita de Sara e Ana, dúas representantes de Old Teddy`s para levar a cabo o 3º obradoiro de Lectura e familias de xogos de mesa.Pasamos unha tarde xenial disfrutando de xogos en familia!!!!