miércoles, 22 de noviembre de 2023

VENRES DE VIVA VOZ 3º A " OS SÍMBOLOS OLÍMPICOS"

 O alumnado de 3º A tócalle a quenda do Vernes de Viva Voz . Para tal ocasión quixeron contarnos cales son os símbolos dos xogos olímpicos e que representan: medallas, aros olímpicos, mascotas...

NORABOA RAPACES E RAPAZAS !!! BO TRABALLO!!!!




martes, 14 de noviembre de 2023

DíGOCHO EU 2*A “XOGOS TRADICIONAIS”

Para estos días de choiva, nada mellor que quedar na clase e xogar cos xogos tradicionais. O alumnado de 2ºA están cos birlos, a buxaina e as agachadas, que boas ideas! 

Dígocho eu!!!!

Noraboa rapaces e rapazas!!!A xogar!!

 

lunes, 13 de noviembre de 2023

DIGOCHO EU 2*B “MAGOSTO”

 Os cativos de 2*B quixeron adicar o seu “Dígocho eu” a unha das cestas tradicionais máis importantes de Galicia :O Magosto. 



miércoles, 1 de noviembre de 2023

CONTOS E MAIS CONTOS... CONTOS DE SAMAÍN

O Samaín é unha razón mais no Frian para fomentar a lecturas. Escolmas de contos de medo e creación de contos terroríficos por todo o alumnado. 
Preparados para un pouco de lectura terrorífica????

 

 

NOTICIERO 5ºA " CICLISMO"

O alumnado de 5ºA levou a cabo o seu  Noticieiro basándose no Pdi que traballarán ao longo deste curso. Estudarán e coñecerán a historia do ciclismo como deporte olímpico así como a evolución do mesmo na historia e os seus aspectos máis destacables.


VENRES DE VIVA VOZ 6ºB " UN PASEO POLA HISTORIA"


O alumnado de 6ºB da continuidade ao Venres de Viva Voz , narrando de forma divertida e dramática a historia de Francia , o país no que se desenvolverán os xogos olímpicos este ano 2024.Nos contan parte da historia cando os franceses quixeron conquistar España. 
Non volo podedes perder!!!!


OLYMPIC GAMES. NOVEMBRO

 

Ola rapaces e rapazas:
Aquí tedes as primeiras 3 preguntas do noso concurso "Olympic Games" coas que damos comezo a este xogo de rosco de palabras. Tedes que atopar a resposta correcta das 3 primeiras letras do alfabeto.
Podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou reponder a través dun comentario a esta entrada do blog. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso.

A: NOME DA CIDADE NA QUE SE CELEBRARON POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA OS XOGOS OLÍMPICOS.

B: APELIDO DO ATLETA OLÍMPICO QUE POSÚE ACTUALMENTE A MARCA MUNDIAL DE ATLETISMO NAS PROBAS DE 100 E 200 METROS LISOS.

C: APARELLO EMPREGADO EN XIMNASIA RÍTMICA QUE TEN UNHA LONXITUDE DE 6 METROS.