martes, 12 de diciembre de 2023

Contacontos Anpa”Ladrón de follas”

 Este mércores o Anpa organizou un contactos do conto “O ladròn de follas” ,para dar como se merece a despedida a esta estaciòn que aínda nos está a acompañar. 

Despois do contacontos realizaron un obradoiro creando un mòbil con follas de outono . Sairon verdaderas obras de arte!!!que ben o pasaron!!!









viernes, 1 de diciembre de 2023

DEPORTE EN FAMILIA MOCHILAS VIAXEIRAS : NOVEMBRO

  As familias do Frian neste mes de novembro quixeron compartir con nós a práctica dos seus deportes e xogos tradicionais favoritos.

Martín de 6º de infantil montando en bicicleta e vendo motocross que lle apaixona.

Pedro de 5º de infantil encántalle xogar cos seus primos a xogos tradicionais como a pita cega, xogos de pistas, escondite inglés.

Lucía Armesto 5ºA o que máis lle gusta é xogar e construir con Lego, algunhas veces soa e outras en compañía. Lego nas últimas décadas convertiuse nun xogo imprescindible nos fogares.



OLYMPIC GAMES DECEMBRO

 


Ola rapaces e rapazas:

Aquí tedes as primeiras 3 preguntas do noso concurso "Olympic Games" coas que damos comezo a este xogo de rosco de palabras. Tedes que atopar a resposta correcta das 3 primeiras letras do alfabeto.
Podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou reponder a través dun comentario a esta entrada do blog. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso.

D: NOME DO PIRAGÜISTA PONTEVEDRÉS CAMPÉON OLÍMPICO EN ATENAS E CAMPEÓN MUNDIAL EN 2007.

E: DEPORTE OLÍMPICO QUE CONSISTE NA PRÁCTICA DE MONTAR A CABALO

F: PAÍS EUROPEO ONDE SE CELEBRARÁN OS XOGOS OLÍMPICOS NO 2024.