domingo, 18 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 5ºA

EXPOSICIÓN PDI " EXPRES-ARTE"

 Durante esta semana do martes ao xoves puidemos disfrutar cunha exposición de todos os traballos e actividades que o alumnado levou a cabo durante este curso escolar 22/23 co motivo do PDI Expres-arte. 

Os diferentes cursos baixaron ao hall de infantil para disfrutar e coñecer os traballos de todos os seus compañeiros e tamén o martes pola tarde as familias, que así o desexaron, puideron visitar a exposición.







VAI UNHA DE CHISTES .... VENRES DE VIVA VOZ 1ºA

 O alumnado de 1ºA quixo adicar o seu venres de Viva Voz co recitado de chistes en galego. Sen dúbida contar ben chistes é toda un arte!!! Noraboa rapaces!!!

CANTANDO AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR 4º B

 O alumnado de 4ºB elaborou unhas rimas coas táboas de multiplicar traballando así a súa expresión oral . Despois quixeron compartilas co alumnado de 3ºA e quedaron encantados.





COMPARTINDO LECTURAS 3 ANOS " O SEU PROPIO COR"

Os cativos de 3 anos levaron a cabo este venres a actividade " Compartindo lecturas" cos seus padriños da clase de 3ºB. Levaron a cabo a lectura do conto "O seu propio cor" de Leo Lionni. 
Os pequenos traballaron este conto durante este trimestre elaborando os seus propios contos. Un conto que trata sobre a amizade e a autoestima. Un conto onde as cores son imprescindibles e son o elemento principal.






lunes, 12 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 1ºB

Os alumnos e alumnas de 1ºB quixeron recomendarnos algúns dos seus contos favoritos que leron este curso escolar .



jueves, 8 de junio de 2023

VISITA ANDRÉS MEIXIDE : 5º A E 5º B

 Onte 8 de xuño tivemos a sorte de contar coa visita do ilustrador Andrés Meixide. Os alumnos de 5º A e 5º B están traballando como libro de lectura obrigatoria  A señorita Bubble. Como ilustrador deste libro nos contou aspectos interesantes sobre os pasos de Edición dun libro así como o inicio á ilustración facendo nós as nosas proopias ilustracións.

 Moitas grazas Andrés pola visita , ata pronto!!!



DÍGOCHO EU 4º A : FRIDA KHALO

 O alumnado de 4ºA traballou no seu PDI a artista Frida Khalo e traballaron a súa vida e a súa arte. 

Escolleron unha canción de Sebastián Yatra ,adaptaron a letra e no video que adxuntamos podedes ver como quedou a canción  e a súa coreografía. Esperemos que o disfrutedes!! 

Noraboa rapaces e rapazas!!!

miércoles, 7 de junio de 2023

DÍGOCHO EU 5 ANOS A

 Os maiores de Educación Infantil cóntannos as 10 palabras imprescindibles que hai que aprender se visitas Galicia. 

Mirade que ben o explican!!

Noraboa rapaces e rapazas!!


domingo, 4 de junio de 2023

NOTICIEIRO 1º B: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O alumnado de 1º B quixo aproveitar a celebración este día 5 de xuño do día Mundial do Medio Ambiente para elaborar o seu Noticiero do cole. Non vos perdades todos as recomendacións e informacións que nos aportan. Noraboa rapaces!!!



jueves, 1 de junio de 2023

COMPARTINDO LECTURAS CON 4º A E 4º B

 Os alumnos de 4º A e 4ºB son os padriños lectores dos nenos e nenas de 5 anos. Por iso antes de rematar o curso non quixeron perder a oportunidade de celebrar con eles unha actividade onde comparten lecturas , actividades e experiencias. 

O alumnado de 4ºB levou a cabo un contacontos do popular libro " Os chivos chivóns" , mentres que o alumnado de 4º A nos deleitou cunha adaptación dunha canción adicada a Frida Khalo, artista que están a traballar para o seu PDI de aula.

Noraboa a todos e todas!!! As experiencias compartidas son sempre lembranzas moi especiais.Bo traballo!!!



Aquí vos deixamos o video da canción tan bonita que crearon os alumnos de 4º A.