viernes, 28 de abril de 2023

COMPARTINDO EXPERIENCIAS COA E.E.I ARAGÓN

 Durante o mes de decembro os nosos voluntarios da biblioteca visitaron a E.E.I Aragón para compartir unha xornada chea de emocións os contos e os obradoiros e compartir experiencias vividos nos encantaron.

Por iso nesta ocasión , e para festexar a Semana do Libro, tocoulles a E.E.I Aragón visitar as nosas instalacións.

As mestras da escola levaron a cabo un contacontos na nosa biblioteca e o noso centro levou a cabo un obradoiro de luz negra con actividades variadas así como un obradoiro de chapas xunto con unha merendola especial e o picnic literario.








              



E para rematar unha rica merendola con batidos de froitas e zumo de laranxa!!!! Que ben o pasamos e como disfrutamos con estas xornadas onde as dúas escolas comparten experiencias e bos momentos!!! Repetiremos o vindeiro curso !!!



                                       






















PICNIC LITERARIO APADRIÑAMENTO LECTOR

 Hoxe coa celebración da semana do Libro todos as aulas levamos a cabo a actividade de Apadriñamento Lector pero cun toque especial levando a cabo un Picnic Literario. Un picnic donde os libros son os protagonistas e onde ler o aire libre nos motiva aínda mais.

Os alumnos dos cursos maiores son os padriños dos cursos mais pequenos e foron os encargados de ler estes contos escollidos especialmente para cada un deles. Como agasallo os pequenos lles deron un marcapáxinas elaborados por eles.

Ademais aproveitamos a visita da E.E.I Rúa Aragón para levar tamén a cabo esta acitividade de Apadriñamento con escolas da nosa contorna.

Sen dúbida unha experiencia inolvidable e chea de emocións!!!









miércoles, 26 de abril de 2023

3º OBRADRIO " LECTURA E FAMILIAS" :MUSICOTERAPIA

 Este martes día 25 de abril contamos coa presenza de Judit Andrade que nos levou a cabo un obradoiro de "Musicoterapia" onde a música , os instrumentos e o ritmo foron os protagonistas da xornada.

 A música  como unha forma mais de expresión.







domingo, 23 de abril de 2023

DÍGOCHO EU 5ºB: PALABRAS E DITOS EN GALEGO

 O alumnado de 5º B ensínannos unha chea de palabras e ditos que por influencia da lingua castelá as dicimos de forma errónea en galego. 

Amosa moita atención e descubre novo vocabulario para empregar no noso día a día.

Moi bo traballo rapaces e rapazas,

NORABOA!! 

viernes, 21 de abril de 2023

SE TI LES, EU LEO. LECTURA COMPARTIDA 5ºB-1ºB

 O alumnado de 5ºB e 1ºB pasaron unha xornada de lecturas compartidas. Os nenos e nenas de 5ºB fixeron unha representación teatral sobre o libro "El emocionómetro del Inspector Drilo" meténdose no papel das diferentes emocións, mentres que os nenos e nenas de 1ºB recitaron un poema titulado "La luna".

Ademáis compartiron o tempo de lecer durante o recreo. Pasáronno xenial e con gañas de repetir.

Moi bo traballo rapaces e rapazas!!






jueves, 20 de abril de 2023

OBRADOIRO ROBOTICA " CREA O TEU ROBOT" FUNDACIÓN A BANCA

 O alumnado de E.I tivo a visita este pasado xoves de Gonzalo e Marina que nos fixeron un obradoiro para elaborar os nosos propios robots pintores. 

Que doado cunha pequena batería , unha pila e un clip creamos uns robots artistas. 







lunes, 17 de abril de 2023

DÍGOCHO EU 5º A: O CORPO HUMANO


 A rapazada de 5º A fixo un concurso moi entretido sobre os nomes dos ósos do corpo humano. 

Animádevos a participar neste concurso, seguro que adiviñades un montón de preguntas.

Moi bo traballo, noraboa!!


jueves, 13 de abril de 2023

2º FORMACIÓN DO PROFESORADO IMPRESIÓN 3D

 O pasado xoves fixemos no cole a 2ª sesión de formación de impresión 3D. Coñecimos de preto a nosa impresora 3D e outra posible impresora que utilizan no CEFORE.