martes, 29 de junio de 2021

" UN ANO DE PELÍCULA"

Un ano diferente, un ano complicado , pero para todo o Frian foi "UN ANO DE PELÍCULA". Grazas a todo o alumnado e a comunidade educativa por acompañarnos nesta aventura e neste curso que acabamos de rematar. Para o curso voltaremos sen dúbida con máis ganas e ilusión. Disfrutade do verán e botade unha ollada a todo o que traballamos este curso sobre o sétimo arte!!!!

domingo, 20 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2021

 Como todos os anos cando chega o verán , non queremos deixar de ofrecervos unha serie de recomendacións lectoras para gozar nas vacións. A lectura é boa en calquera intre, e que mellor que cando estamos descansando e podamos estar máis relaxados!!! Esperamos que vós gusten!!!


domingo, 13 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN DE 5º DE PRIMARIA

Xa está preto o verán e o alumnado de 5º quixo facer as súas últimas recomendacións de libros que máis lle gustaron ao longo do curso e que serán uns bos compañeiros de viaxe nestas vacacións de verán.


Made with Padlet

"CIES E ROQUE: OPERACIÓN RECONQUISTA" : RECIBIMOS UN AGASALLO

" Cies e Roque: Operación Reconquista", este conto da periodista  Amaia Mauleón e o ilustrador xa coñecido por todos Pablo Rosendo  chegou ao Frian. O concello de Vigo repartiu 18.000 exemplares de este conto sobre a Reconquista da nosa cidade. Un feito histórico que nos encanta , non só pola súa festividade senón tamén por todo o que implica para a nosa cidade.




 O noso centro non podía ser menos e recibimos unha morea de exemplares para repartir entre todo o noso alumnado do Frian.
 Grazas por este agasallo e por fomentar  a lectura que tanto nos gusta.














TRABALLAMOS E XOGAMOS: MBOTS EN 5 ANOS


Contamos con diferentes tableiros adaptados á idade e a o centro de interés: lóxica-matemática, lectoescritura, contorna...