miércoles, 26 de febrero de 2020

XAVIER ESTÉVEZ VISITA O NOSO CENTRO


Xavier Estévez visitou o alumnado de 5º e 6º para falar da súa labor como escritor e falar do seu libro " Os camiños do vento" .




domingo, 9 de febrero de 2020

O CONTO FAVORITO DE ANGIE E A SÚA NAI


Seguindo a iniciativa" O meu conto favorito"de 4 anos B, Angie e a súa nai Maria visitaron a aula para contar o seu conto favorito e levar a cabo unha actividade con todos os seus compañeiros.


CONCURSO : QUÉ SABES DE VIGO?PREGUNTA 3

No concurso desta semana, a medianeira sobre a que temos que investigar é a seguinte:




a

MEDIANEIRA " GUERRA E PAZ"

Fai quince días plantexamos unha pregunta no concurso "QUÉ SABEMOS DE VIGO? e á vez un concurso fotográfico "FOTOGRAFÍATE COAS MEDIANEIRAS". Nesta primeira ocasión a resposta á pregunta "Como se titula a obra da rúa Aragón do artista Belinchón?" , a resposta correcta é " Guerra e paz".
Algúns vos acercastes a esta bonita medianeira e sen dúbida as  fotografías son preciosas.Noraboa a todos os participantes. Todas as fotografías decorarán as cristaleiras da entrada principal do noso cole e ao rematar o concurso seleccionaremos as gañadoras.

Aquí vos deixamos unha mostra de todos os participantes:
MARTÍN e o seu irmán 5 anos B






LEO 4 ANOS B
ANXO e a súa nai 5 ANOS B
BRAIS 4 ANOS B
OLIVIA, CLAUDIA
JIMENA 3ºA
IZAN E LEIRE 3ºB

VÍCTOR 1º A
e a súa nai 
ZOE 3º B


LAIA 4 ANOS A





viernes, 7 de febrero de 2020

" O LÓBO E A LÚA" TEATRO A BANCA

O teatro sen dúbida é unha parte fundamental da nosa biblioteca , por iso o alumnado de Educación Infantil non se quixo perder a obra de teatro 
" O LOBO E A LÚA". 
Unha obra teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite , a luz da Lúa. Unha historia de amizade e superación dos propios medos e do amor.







lunes, 3 de febrero de 2020

RECUNCHO MAKER


A nosa biblioteca non deixa de ampliar espazos que nos permitan experimentar con diferentes materiais .
 
O RECUNCHO MAKER cobra vida e comezamos xa a manipular , traballar e experimentar con todos os materiais cos que contamos. Empezamos polos mais cativos para ir introducindo pouco a pouco a cursos superiores.












30 de XANEIRO " DÍA DA PAZ"


Este venres 31 festexamos o día da paz no Frian. Entre todos elaboramos " Os bancos da amizade" deixando o noso nome neles. Este banco servirá para resolver conflictos, fomentar amizades, reflexionar sobre o noso comportamento....Un rap para este día que nos leva a reflexionar e darnos conta de que unidos somos mais.





Tamén realizamos a " Milla pola paz" onde o alumnado dos cursos maiores apadriñaron os mais pequenos do cole para facer o seu recorrido.




Nun día tan especial non poderían faltar unha mostra dalgúns contos para traballar este día baixo o lema " Contos pola Paz".











" AVÓS CONTRA MARCIANOS"


O alumnado de 3ºA presentamos no noso Venres de Viva Voz o conto“Avós contra marcianos” para aprender o valor do respecto aos nosos maiores, recordando que eles tamén foron novos e audaces, e merecen a nosa admiración e cariño.

 Prestade moita atención!!


" O MERDEIRO " NO ENTROIDO VIGUÉS

O alumnado de 3ºB presentamos no noso Venres de Viva Voz o traballo da investigación que fixemos sobre o entroido vigués. Unha tradición que se está a recuperar na nosa cidade coa figura do “merdeiro”
              Prestade moita atención!!