viernes, 29 de octubre de 2021

"Libros que van e veñen: contos para casa"

 Comezamos co empréstito de contos para casa. Os máis pequenos o fan coa mochila de préstamo e lles encanta levar os contos para ler na casa . 

Durante este curso por fin podemos dicir adios as restriccións covid e os grupos poden subir á biblioteca todos xuntos. Alí o empréstito é inmediato e un membro do equipo de biblioteca fará a devolución e empréstito en Meiga.  

O empréstito en Educación Infantil será semanal mentres que por organización os grupos de Primaria realizarán o préstamo de xeito quincenal puidendo levar ata 3 fondos.






lunes, 25 de octubre de 2021

LENDO EN SAMAÍN :RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

ESCOLMA DE SAMAÍN

Chega unha das semanas máis terroríficas do ano . A semana próxima a Samaín que tanto nos gusta festexar. Non sei se polo seu colorido, polo que representa como tradición en Galicia ou simplemente polas lecturas tan bonitas coas que podemos gozar.

O voluntariado fixo unha escolma dos libros de Samaín cos que contamos na nosa biblioteca para disfrute de todo o alumnado do noso cole. 





                                 

OS NOSOS VOLUNTARIOS

 Unha nova xeración de voluntarios chega ao Frian. Este ano foron moitos os alumnxs que quixeron colaborar na nosa biblioteca e estamos convencidos que o farán xenial!!!



                





domingo, 24 de octubre de 2021

Dia das bibliotecas escolares

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos festexand o día das bibliotecas escolares, que para nós sempre é un día moi especial. Este ano ademais da ilusión do propio día , a inahuguración da ampliación da biblioteca e a presentación ao noso alumnado incentivou aínda máis esta ledicia. Feliz día das bibliotecas escolares a todos , e por seguir conseguindo unha biblioteca para todos e todas!!!

sábado, 16 de octubre de 2021

TRÍPTICO INFORMATIVO 21/22: COMEZAMOS

 Este próximo venres 22 festexaremos un ano máis o día das Bibliotecas Escolares iniciando o noso PDI 

" S-Cience: A vida con-ciencia" e inhaugurando unha biblioteca máis ampla e con máis espazos e actividades por descubrir.

Aquí vos deixamos un tríptico informativo de todo o que nos espera neste novo curso escolar. 



LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA :COMEZAMOS DE NOVO

 Xa está aquí unha das nosas actividades favoritas .Unir a lectura co bo tempo e o aire libre é unha das experiencias más relaxantes e motivadoras.

Neste mes de outubro comezamos xa a nosa nova andaina de 

" Lendo baixo a mesma estrela" aproveitando o bo tempo. 







viernes, 15 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS " LER AS IDADES DA VIDA"

 Iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España e desde 2016 búscase revindicar  o labor e legado das escritoras galegas a través da historia.

A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubre baixo o lema " Ler as idades da vida ".

Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia nos deixan unha remesa de fragmentos literarios único para poder ler e gozar con eles. Calquera momento é bo para ler as nosas escritoras galegas. 


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1560