miércoles, 31 de mayo de 2023

COMPARTINDO LECTURAS CON 3ºB

 Os alumnos e alumnas de 3ºB son os padriños lectores dos cativos de 3 anos .Por iso visitaron os mais cativos do cole para contarlles o conto " A pequena Oruga Larpeira". 

Tamén gravaron un audioconto do mesmo para compartilo con todo o cole. 


martes, 30 de mayo de 2023

ENQUISA AVALIACIÓN " PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS"

5º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS : ANIM-ARTE

O PDI deste curso está relacionado co arte en todas as súas facetas e son moitos os fondos da nosa BE que a traballan. 
Por iso baseandonos nalgúns libros e técnica plásticas levamos a cabo diferentes obradoiros familiares unindo lectura e arte. Técnica de pintura Jackson Pollock, técnica de soplido, pintar sobre tela, debuxo...



Neste último obradoiro do programa " Lectura e familias" poñemos o colofón final a un curso cheo de experiencias e actividades de fomento da lectura implicando ás familias do centro.

jueves, 25 de mayo de 2023

GALLETAS E MOLDES NA IMPRESORA 3D

 Despois da formación en impresión 3D o alumnado de 3º de primaria levou a cabo a creación e impresión dun molde para galletas que despois cociñaron todos xuntos. 

O resultado é incrible!!!







martes, 23 de mayo de 2023

2º OBRADOIRO DE DISEÑO E IMPRESIÓN 3D

 Este vindeiro martes 23 de maio celebramos o 2º obradoiro de impresión e deseño 3D para os alumnos de 5º de Primaria utilizando o programa TinderCad.

              

domingo, 21 de mayo de 2023

NOTICIEIRO 3 ANOS: “Viva a música galega”

 Os cativos de 3 anos encántalles a nosa lingua galega e quixeron compartir con todos as cantigas que cantan na súa aula : “Unha Vella tiña un can”,”Fun ao mercado” e “ Os números”. Viva o galego e a música galega.


viernes, 19 de mayo de 2023

1º OBRADOIRO DISEÑO E IMPRESIÓN 3D

 Hoxe 19 de maio contamos coa presenza no cole de Luis Alonso Garrido do Centro Galego de Robótica Educativo da Cañiza.

Levaremos a cabo dúas xornadas de obradoiros de diseño e impresión 3D con diferentes programas de diseño . Hoxe levouse a cabo o 1º obradoiro co alumnado de 3º e 4º de Primaria co programa Doddle3D.

Primero tivemos unha sesión de formación sobre o propio programa e despois por parellas cos ipads fixemos a elaboración dun proxecto para poder levar á impresión



VISITA ANTONIO M. FRAGA "PAPÁ CANIBAL "

 O alumnado de 4º de Primaria escolleu neste curso como libro de lectura en galego o conto titulado 

"Papá Canibal" do escritor Antonio María Fraga e ilustrado por Santy Gutierrez.

Este venres día 19 de maio tivemos a sorte de contar no cole co autor do mesmo, que nos explicou como naceu a súa faceta de autor así como a inspiración das súas obras, ademais de firmarnos os exemplares dos nosos contos. 









miércoles, 17 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 22/23: FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Este ano adicouse ao escritor “ Francisco Fernández del Riego”. O EDLG elaboroun un genially cun banco de recursos do autor : xogos, teatro, biografía, obras máis salientables... Ademais facendo fincapé no noso PDI fixemos unha listaxe ampla de diferentes artistas galegos e cada aula encargábase de levar a cabo a grabación dun podcast coa biografía do mesmo , mentras o Equipo de Plurilingüe era o encargado de elaborar a parte artística dalgunha das súas obras.

Powered by emaze

jueves, 11 de mayo de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS : LECTURA EN FAMILIA

 

As mochilas son un recurso fantástico para que as familias se impliquen coa lectura e disfruten en familia de todos os recursos que a biblioteca ofrece. 

Fondos variados para poder gozar con eles na casa en calma  e fomentando a lectura en familia.