domingo, 1 de marzo de 2026

CHALLENGE MARZO

 

Xa están medrando as nosas plantas!

Que bonito queda o campo cando isto ocorre!E que importante é para todos e todas nós!

Isto xa o sabía Joaquín Sorolla, que pintou escenas do campo e da vida rural en España. Coñeces a este pintor? Investiga sobre as súas pinturas!

👉 E agora vén a pregunta do noso concurso:

 QUE CORES USABA PARA MOSTRAR O SOL E A NATUREZA? 

*Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou na caixa da biblioteca.

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

3 comentarios:

  1. Joaquín Sorolla empregou unha paleta de cores moi luminosa para os seus cadros sobre a vendima. Entre esas cores usou gamas de blancos de moitos matices; gamas de rosas, laranxas e malvas para os fondos, e azuis e verdes para ceos e natureza; gamas de amarelos, laranxas e pardos para as figuras...

    ResponderBorrar
  2. O alumnado de 6ºB investigou que J. Sorolla dominaba a arte de capturar a luz do Mar Mediterráneo, utilizando unha paleta que reflexaba a calidez e claridade do sol sobre a agua. O seu uso do azul en todas as súas tonalidades, dende o azul profundo do mar ata os reflexos turquesa e verdes, é unha constante na súa obra xunto cos cores amarelos e brancos.

    ResponderBorrar
  3. Empregou cores moi luminosos para os seus cadros sobre a vendima. Entre esas cores usou blancos, rosas, laranxas e malvas para os fondos. Usou azuis e verdes para ceos e natureza.

    ResponderBorrar