miércoles, 30 de noviembre de 2022

ADIVIN-ARTE DECEMBRO

ADIVIN-ARTE DECEMBRO

                        

Estas son algunhas das creacións dun ilustrador e autor francés nado no 12 de xulio de 1982 en París, onde actualmente vive e traballa. 



                Con só 19 años edita o seu primeiro cómic.Os seus deseños destacan por un estilo caricaturesco que  denotan elegancia, fraxilidade e melancolía.


¿SABEDES COMO SE CHAMA O ILUSTRADOR DESTES DEBUXOS?

¿sabedes qué personaxe sae na maioría das súas obras?


Retámosvos a poder conseguir un selo da vosa cartilla trimestral respondendo a esta pregunta e se ademais, queredes un extra, contádenos algunha curiosidade sobre os libros, o ilustrador, outros libros onde aparezan ilustracións deste artista ou o que vos apeteza! 



*Lembrade que podedes deixar as respostas no blogue ou no caixa de correos da biblioteca!!

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!


sábado, 26 de noviembre de 2022

25 NOVEMBRO: NON CORTES AS MIÑAS ÁS PARA VOAR

MALETA CREACIÓN ARTÍSTICA CEFORE

 Dende o cole solicitamos ao Cefore " Centro de recursos de Vigo" unha maleta viaxeira de Creación Artística para poder disfrutar dela entre todos e relacionada directamente co noso PDI. Durante un mes podemos traballar e gozar cos materiais que nela se encontra .

Esta semana comezaron a traballar con ela os nenos e nenas de 1º de Primaria. Ten moi boa pinta así que seguro que a aproveitamos moitísimo!!!











" VIVAN AS UNHAS DE CORES" : TRABALLEMOS A IGUALDADE

 As cores non teñen xénero .Non fomentes estes esterotipos  e vai mais aló do azul e do rosa, permitindo que os nenos e nenas  se visten e teñan os xoguetes de calquera cor. O compromiso é a igualdade de xénero.

Nas aulas de Educación Infantil quixeron levar a cabo un contacontos do conto " Vivan as unhas de cores" e todos e todas nos pintamos as unhas para reflexar que todos e todas somos iguais e evitan os estereotipos entre nós. Unha actividade para festexar o 25 de novembro " Día contra a violencia de xénero" e dando a coñecer a nosa repulsa por todos os actos violentos e de desigualdade cara as mulleres da nosa sociedade.

Educando dende pequenos o conseguiremos!!!!



DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO : " NON ME CORTES AS ÁS"

" CONTAMOS CONTRA A VIOLENCIA": VOLUNTARIADO LECTOR

Para o día 25 de novembro o alumnado voluntario quixo preparar uns contacontos fomentando a igualdade e en contra a violencia para todo o alumnado. 

Despois de cada lectura levouse a cabo un debate moi interesante porque non debemos esquecer que nós temos a solución.









VENRES DE VIVA VOZ 5ºB: A IDADE MEDIA

En 5º B estamos investigando a historia de España e Galicia, hoxe vos imos contar un anaco da Idade Media. 
Desfrutade do noso traballo e esperamos que a nosa información sexa do voso agrado. Grazas!!

miércoles, 16 de noviembre de 2022

VOLUNTARIADO BIBLIOTECARIO: COMEZAMOS E CONVIVIMOS

Esta semana o alumnado de 5º e 6º comezou o voluntariado lector . Neste curso os dous cursos levarán a cabo o voluntariado de forma conxunta apoiándose e solventando dúbidas entre todos e todas. Unha oportunidade para crear equipo e fomentar as boas relacións entre o noso alumnado.

Antes de comezar dende a BE quixemos facerlles entrega dun agasallo por todo o que nos axudan na organización da biblioteca e que lles servirá para iniciar esta labor aínda máis motivados e entregados.






CONTACONTOS EN INGLÉS : INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E OPORTUNIDADES

 Unha avóa duns alumnos do noso centro, Susan House é nativa e quixo visitar o noso centro para levar a cabo un contacontos en inglés do conto " Imos cazar un oso". Todo o alumnado de Infantil e de 1º e 2º de primaria puideron gozar con está activiade tan divertida e sen dúbida unha oportunidade incrible.

Today some of the students had de opportunity to listen to o storystelling in English. Thank you very much Susan  House for this wonderful activity. We enjoyed it a lot!!!











martes, 15 de noviembre de 2022

ADIVIN-ARTE NOVEMBRO

 Andrew Warhola, comunmente coñecido como Andy Warhol, foi un artista e actor estadounidense que tivo un papel crucial no nacemento e desenvolvemento da arte pop.

    ¿SABEDES COMO SE CHAMA A MULLER REPRESENTADA NO CADRO DA ESQUERDA

Retámosvos a poder conseguir un selo da vosa cartilla trimestral respondendo a esta pregunta e se ademais, queredes un extra, contádenos algunha curiosidade sobre o cadro, a arte pop, a muller, artista ou o que vos apeteza!

Lembrade que podedes deixar as respostas no blogue ou no caixa de correos da biblioteca!!

COMEZA ADIVIN-ARTE!

Ola rapazas e rapaces do Frian!!

BENVIDXS A ADIVIN-ARTE!!

Dende a Biblioteca da escola queremos propoñervos un concurso para aprender e descubrir unha morea de cousas do mundo das artes e ademáis, emocionarnos xuntxs nesta nova aventura. A ver que vos parece!

Cada mes, neste blogue e na Biblioteca da escola atoparedes unha pregunta sobre a cal deberedes investigar e acadar a resposta.

Cando teñades a resposta, podedes envíala de dúas formas:
  • comentando na entrada aquí no blogue
  • no buzón da biblioteca
Repartiremos unhas cartillas nas que deberedes conseguir dous selos mínimo para poder optar ao premio trimestral. Para nos o máis
importante é que vos animedes a participar e a descubrir xuntxs cousas sobre as artes ca axuda das vosas familias.

É importante que cando nos deixedes as vosas respostas non esquezades por o voso nome e o curso.

O premio do primeiro trimestre será un 
contacontos sorpresa a cargo do equipo de Biblioteca o mércores 21 de decembro pola mañá.

ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

lunes, 14 de noviembre de 2022

DE VIVA VOZ 3º A: REFRÁNS DE OUTONO

 O alumnado de 3º A aproveitou esta época do ano para descubrir todos os refráns que tratan sobre o outono. Ademáis de ilustrar e contarnos unha chea deles, nos explican en que consiste un refrán e todas as súas curiosidades. 

Coñecíades tantos refráns sobre o outono?? Atrevédeos a descubrilos.

Qué gran traballo. Noraboa rapazada!!





domingo, 13 de noviembre de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS : DENDE OS MAIS CATIVOS

 Durante todo este mes de novembro e decembro o alumnado do Frian levará a cabo actividades de formación de usuarios para lembar como se distribúe e funciona a nosa biblioteca.

Nesta ocasión comezou o alumnado de 5 anos e a profe Chus foi a encargada de guialos no proceso!!!



      








sábado, 5 de noviembre de 2022

DÍGOCHO EU 2º B: A GRANXA

 Ao alumnado de 2º B encántalles os animais, por iso, no seu Dígocho Eu, fan un percorrido pola granxa descubrindo os nomes dos animaliños.

Poñédevos a proba para ver cantos nomes adiviñades!!

Noraboa rapaces e rapazas.


viernes, 4 de noviembre de 2022

DE VIVA VOZ: 3ºB " O CONTO DA CASTAÑA"

O alumnado de 3ºB tocoulle a quenda do seu
 "Venres de Viva Voz"  e quixo adicarllo a unha das estacións mais bonitas do ano e a un dos seus froitos máis típicos 
" A castaña". 
Un conto ilustrado por eles mismos cun traballo super especial.Non volo podedes perder.
Noraboa rapaces e rapazas!! Bo traballo!!!