martes, 30 de noviembre de 2021

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA : APROVEITANDO MOMENTOS

 Ler o aire libre sempre é un pracer. Así que no Frian aproveitamos calqueira ocasión ou celebración para levalo a cabo. Contos de Samaín, Contos de Nadal ou simplemente porque nos encanta a lectura!!!!

Como nos gusta " Ler baixo a mesma estrela" e aproveitamos o bo tempo para gozar con esta actividade de animación a lectura para grandes e pequenos.















domingo, 28 de noviembre de 2021

UN MES CHEO DE EXPERIMENTOS E CIENCIA!!!

 Ao longo deste mes de novembro , " Mes da ciencia en Galego" , viaxaron polo cole 3 caixas científicas para traballar a ciencia en diferentes  ámbitos. Ciencia con Sentido, ciencia na cociña e ciencia e o método científico. 

Moitos foron os experimentos e as experiencias coas que traballamos ao longo deste mes da ciencia.

Aquí vos deixamos un pequeno video cunha mostra do ben que o pasamos do moito que gozamos coa ciencia!!!!




VENRES DE VIVA VOZ : 6ºB " A CIENCIA É CUESTIONABLE?"

O alumnado de sexto estamos traballando neste mes de novembro no proxecto: “Xogamos coa ciencia”. Empezamos investigando o método científico, os seus pasos, procedementos e sacamos unha gran conclusión: as verdades  na ciencia son cuestionables.   



Noraboa rapaces!!!

viernes, 26 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO : DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Elaboraranse bolboretas de goma eva violetas que utilizaremos para decorar a porta do centro, a rexa e os corredores como si as bolboretas marcasen que un dos camiños para a non violencia é a educación. 





En cada clase elexirase unha canción sobre a igualdade e a violencia de xénero que se escoitará varias veces durante a semana e o venres os mestres titores gravarán o estribillo para despois facer unha montaxe.

NOTICIERO 1º B: UN NOVO ECLIPSE NOS SORPRENDEU

Xa esperábamos con ansia o 2º noticierio que correu a cargo dos cativos de 1ºB. 
Adicaron o seu noticieiro ao incrible eclipse lunar do que puidemos gozar  a semana pasada. Non vos podedes perder o ben que o fan os locutores do noso cole que ademais nos dan información moi importante sobre o que é un eclipse. 

 Noraboa rapaces!! Sodes uns locutores radiofónicos de primeira!!! 


 

domingo, 21 de noviembre de 2021

VENRES DE VIVA VOZ 6ºA " O MÉTODO CIENTÍFICO"

Xa está aquí a sección que máis nos gusta do cole " Os venres de viva voz" . Unha actividade onde o noso alumnado elabora contidos de todo tipo relacionados co Pdi anual do centro. Neste curso a temática é a ciencia,así que nos espera un curso cargado de noticias máis que interesantes e innovadoras.

A través desta actividade o noso alumnado prepara , elabora, organiza e expresa os seus coñecementos. Todos estos pasos son necesarios o mesmo que o método cientifico tan importante na ciencia.

Precisamente o alumnado de 6ºA adica o seu Venres de Viva Voz para explicarnos con gran detalle e precisión o que é o método cientifico, cales son os seus pasos e o que significa na súa totalidade.
Non volo podedes perder! Unha verdadeira marabilla !!!

 Noraboa rapaces e rapazas!!!!
 

NOTICIEIRO 21/22: CREANDO NA RADIO ESCOLAR

 Comezamos de novo con ilusión a elaboración dos noticieiros do noso alumnado a través da radio escolar. Nesta primeiro ocasión tócalle comezar ao alumnado de 1ºA . Os nosos cativos quixeron facer unha selección do máis divertidas dalgunhas noticias inventadas que lles gustarían se convertiran en realidade... E porque non!!! Non volo podedes perder, son uns verdadeiros locutores radiofónicos!!!


martes, 9 de noviembre de 2021

Hora de ler : creando receitas de magosto 3ºA

 O alumnado de 3ºA inventou receitas caseiras que levaron como producto estrella  a castaña. Elaboraron a receita, a levaron a cabo na casa e despois as compartiron con todos , fomentando así a expresión oral.









sábado, 6 de noviembre de 2021

UN NOVO MURAL, UNHA NOVA ILUSIÓN

Se estrear unha nova biblioteca, un novo espazo para os nosos cativos, é algo moi ilusionante. Aínda podemos decir que o é máis cando este novo espazo está cheo de cor e ilustracións que nos fan voar e soñar coa lectura

No noso centro temos a sorte de contar con Leonor, un nai do cole , artesana , ilustradora e apaixonada do seu traballo.  Emprendedora e creadora da súa propia empresa "Como pez en el agua" , quixo deixar de lado unhas horas do seu tempo para vir ao Frian e colaborar con nós.

Non foi mellor acerto contar con ela ,que puxo toda a súa ilusión por deixar a nosa biblioteca o máis bonita posible. 

O resultado non se pode describir con palabras. Só ver as caras dos pequenos ao entrar e ver a ilustración é a proba do ben que quedou!!!

Grazas Leonor por deixar esta pegada tan bonita neste recuncho do cole que é tan importante para todxs!!!!








SER VOLUNTARIO : UNHA RESPONSABILIDADE

  O voluntariado da biblioteca é unha oportunidade para todos os alumnxs de 5º e  6º de coñecer mellor e máis de cerca o funcionamento da nosa biblioteca. 

Ademais poñen todo o seu empeño e gozan con todas as actividades que levan a cabo, colaborando e axudando a crear unha biblioteca de todos e para todos.





A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZA DE NOVO


Outro ano máis comezamos unha nova andaina coas nosas mochilas viaxeiras. Cheas de novas ilusións, novas actividades e moitas novidades lectoras que sen dúbida van a facer as delicias dos pequenos e tamén das familias.  

Os voluntarios da biblioteca repartiron ,con ilusión polas aulas, as mochilas para aquel alumnado que lle tocaba comezar esta nova viaxe. 

A mochila viaxeira é unha actividade que fomenta a lectura e tamén compartir en familia. Unha  oportunidade  que debemos gozar e ver como un reto e unha aventura lectora.

Boa viaxe das nosas mochilas!!! Boa viaxe coa lectura!!!