sábado, 19 de diciembre de 2020

O LOGO DA NOSA RADIO : A VOTAR!!!!

 Xa rematou o prazo para o concurso "Un logo para a nosa radio". Foron moitos os alumnxs e as familias que participaron, aínda que sen dúbida nos gustaría que a participación fora moito maior. 

Moitas grazas a todos aqueles alumxs e familias que participaron para a creación dun logo que representara a nosa Radio escolar. Unha radio que será para todos e todas e coa que non só aprenderemos senón que viviremos moitas vivencias e experiencias únicas para todxs. Gracias por adicar parte do voso tempo en formar parte deste proxecto que imos comezar entre todxs.

Aquí vos deixamos todas as mostras, que son moitas, dos diferentes traballos. Unha gran variedade de diseños, con diferentes técnicas pero sempre con moita ilusión.  Agora vós toca a todos participar de novo e votar por 3 destes diseños que vos gustarían que entrasen na gran final . Marca os teus tres favoritos e o último día, 22 de Decembro presentaremos aos finalistas.

Hecho con Padlet

viernes, 18 de diciembre de 2020

jueves, 17 de diciembre de 2020

4º B E A DOBRAXE DE PELÍCULAS

 

 

Xa chega o NADAL e 4ºB quere darvos unha sorpresiña. 

 

Os nenos e nenas de 4º B estivemos investigando como se fai a dobraxe das películas 

porque é o noso PDI deste curso. Informámonos moi ben e xa puidemos facer a nosa 

propia dobraxe dun documental. Foi moi divertido poñer a nosa propia voz ás súas 

Maxestades os Reis Magos de Oriente.


Desfrutade do noso traballo:

                                                           



                                                  GRAZAS  4ºB


                                                   Bo traballo!!

                                                           

domingo, 13 de diciembre de 2020

Este Nadal.... de agasallo: un conto!!!!

 Este Nadal sen dúbida será un pouco diferente .Moito máis tempo na casa e facendo actividades diferentes. Por iso que mellor agasallo de Nadal que un conto, que nos axuda a viaxar e voar a sitios onde nos gustaría estar pero non podemos. Este Nadal vive a lectura máis que nunca. 

Feliz Nadal a todos e todas!!!

domingo, 6 de diciembre de 2020

COCORICO: RECOMENDACIÓN 3 ANOS A


En tres anos A, un dos seus alumnos nos fai a recomendación lectora do conto " Cocorico". Sen dúbida é un dos contos máis queridos polos nosos cativos de infantil e esta recomendación reflexa o moito que lles gusta . Que ben  o conta e como nos gusta escoitalo!!!Noraboa pequeno, sen dúbida tes futuro como locutor!!!


 

A PEQUENA EIRUGA LARPEIRA : RECOMENDACIÓN 3 ANOS B

 Os cativos de 3 anos B encántalles os contos. Un dos que mais lles gusta e co que mais se divirten é 

" A pequena eiruga larpeira ". Por iso o quere recomendar a todos para que poidades disfrutar del como o fan eles.





2ºA RECOMENDA AS SÚAS LECTURAS FAVORITAS

 Algúns dos alumnos de 2ºA quixeron deixaron algunhas das súas recomendacións lectoras para invitarnos a ler. Un conto de narrativa moi divertido e un conto de banda deseñada  que non vos deixarán indiferentes!!!!

FESTEXANDO A NOSA CONSTITUCIÓN: 4º A

Está moi preto unha data moi sinalada, o 6 de decembro!!! Lémbrades que se celebra?Co gallo da Constitución, os actores e actrices de 4º A fixemos un tráiler de unha curtometraxe dun xuízo para conmemorar este día tan importante na nosa historia. Esperamos que vos guste e o disfrutedes tanto como nós.

Moitas grazas 4º A. Moi bo traballo!!!!



WONDER: UNHA RECOMENDACIÓN MOI ESPECIAL

Neste ponte de decembro , co día 3 de decembro tan preto, a recomendación de cine desta fin de semana non podería ser outra que Wonder .Unha película emotiva e cunha  mensaxe moi especial.


Wonder , é unha película que recomendamos para todas as familias.Non só nos mostra unha perspectiva dende un neno moi especial, senón que nos fai darnos conta que sendo amables podemos conseguir máis que con un montón de malas intencións.

Trátase dunha película dura,emocionalmente falando. Cóntanos a historia de August Pullman, un neno nacido con malformacións faciais e máis de 20 cirurxías que , ata agora,lle impediron ir á escola polo que a súa nai lle daba clases na casa.

Nesta nova etapa atoparase con malos compañeiros pero tamén descubrirá novos amigos. Aínda que sempre conta cun dos seus grandes pilares , que será a súa familia que o acompaña sempre.



Esta basada na premiada novela e best-seller escrita por R.J.Palacio. Tal foi o éxito da mesma que deu lugar a unha colección de libros do mesmo autor. Libros que nos falan da amabilidade, xenerosidade, coraxe e valentía  para afrontar e superar retos e problemas. Pero tamén para aceptar as diferencias e aceptarnos a nós mesmos tal e como somos  e abrirnos aos demais. 



PROPOSTA : Cómo actuarías ti para axudar a August a integrarse na escola? Non esquezas de enviarnos as túas responstas aquí no blogue. 

jueves, 3 de diciembre de 2020

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro adicamos o día a todas aquelas persoas con discapacidade, para loitar por unha educación inclusiva , por favorecer a inclusión e a integración na escola.

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras e cortos para traballar neste día e tamén un xogo didáctico realizado polo D.O . 

martes, 1 de diciembre de 2020

Ciencia e cine 6*


 A ciencia está presente nas nosas vidas todos os dìas.E como non podìa ser doutro xeito no cine tamèn.O alumnado de 6* do Frian o sabe moi ben ,que traballou o mes dos ciencia moi directamente relacionado con noso PDI.

Non vos perdades todos estos interesantes experimentos que nos ayudan a entender mellor o sèptimo arte.


           

     
              


Formando lectores


Ao alumnado de infantil encántalles poder  gozar da nosa biblioteca.Por iso a formación de usuarios è tan importante e sempre prestan moita atención a todo o que alì acontece:o carnè lector, a CDU,os pictogramas dos nosos contos e o su significado..




5ºB E A HISTORIA DO CINE

Esta semana 5ºB grava a segunda entrega da apaixonante historia do inicio do 

cinema. Desde a invención dos primeiros aparellos das imaxes en movemento ata o 

precursor dos efectos especiais. Desfrutade desta nova entrega: 


                                                  GRAZAS  5ºB


                                                   Bo traballo!!