domingo, 23 de mayo de 2021

RASTRILLO SOLIDARIO " CARING BOOK MARKET"

 A idea do rastrillo solidario xurdiu como unha idea para apoiar a toda aquela xente que coa situación pandémica o estaban a pasar mal. A vosa participación e colaboración coma sempre non nos deixa de sorprender. A solidariedade que caracteriza ao Frian é o reflexo do ben que funciona a nosa Comunidade Educativa. Grazas a todos por colaborar e inculcar aos nosos pequenos estes valores tan importantes!!!!


Aquí vos deixamos algunhas imaxes do rastrillo solidario así como do resultado do mesmo. Grazas a todxs!!!




OS MÁIS CATIVOS RECOMENDAN

 O alumnado de Educación Infantil nos recomendan algúns dos contos que máis lles gustan. Animádevos a  lelos!!!







A GALA DOS ÓSCARS NA RADIO FRIAN

 Coa celebración da Gala dos Óscars , algunhas das clases do Frian como 2ºA e 6ºA quixeron rendir unha homenaxe a estes premios levando a cabo a súa particular gala a través da radio escolar. Non vos perdades estes dous programas tan especiais.


                            2ºA                     6ºA

XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS DE 5º B:


XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS DE 5º A

 Este curso adicado ao mundo do cine, o noso traballo de investigación centrouse nos xéneros cinematográficos. Primeiro partimos das nosas ideas previas sobre o tema e propuxémonos o reto de gravar as nosas propias curtametraxes. Buscamos información e diferenciamos as distintas características de cada un dos xéneros do cine. Organizámonos por equipos, seleccionamos o xénero e cada grupo encargouse de elaborar o guion, seleccionar os personaxes, establecer vestiarios, elaborar a plantilla dos planos a gravar, elexir a música... Foi un traballo de equipo, de buscar consenso, de ensaiar, de producir e de poñer en escena os mesmos pasos que se necesitan para a elaboración dunha curtametraxe.


Para recoller estas curtas elaboramos un genially coa nosa propia carteleira. 


Collede os flocos de millo e a desfrutar dos estrenos de cine de 5ºA!!




lunes, 17 de mayo de 2021

XELA ARIAS " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos deixa unha recopilación de todos os recursos e traballos que se levaron a cabo no Frian para a celebración do día das letras galegas en homenaxe a escritora Xela Arias.

viernes, 14 de mayo de 2021

CONCURSO DE PODCAST "XELA ARIAS"

 Este curso que implantamos  a nosa Radio Frian non quixemos deixar de participar no concurso de Podcast adicado a Xela Arias. Non tivemos sorte e non resultamos seleccionados pero a experencia mereceu a pena porque facer radio sempre é toda unha aventura.

Aquí vos deixamos os 3 podcast cos que participamos no concurso. Esperamos que vos gusten!!!

VIDA E OBRA  4º B        

    

POEMA BIOGRÁFICO  " UNHA VIDA CON X

5 ANOS B        



"POEMAS DO BERCE
PARA O SOÑO ATRAPAR"
6ºA

     

martes, 4 de mayo de 2021

MÁIS QUE LECTURA NA HORA DE LER!!!

 Na hora de ler son moitas as actividades e dinámicas de animación a lectura que podemos facer. 

Na clase de 5 anos nos encantan os contos pero son tamén levamos a cabo outras dinámicas como " As tarxetas contacontos" ou " Secuencias temporais ".

No seguinte video podedes ver o ben que pasamos!!!


TARXETAS  CONTACONTOS                                     SECUENCIA TEMPORAL


LENDO CLÁSICOS E NOVOS TÍTULOS: LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA



 A proposta "Lendo baixo a mesma estrela" é unha boa razón para coñecer contos clásicos de sempre e de incorporar novos títulos.

Por iso  en Infantil aproveitan sempre a ocasión para facelo.


" DE CONTO A PELÍCULA" 5 ANOS B :VENRES DE VIVA VOZ

   

    Os nenos e nenas de 5 anos B  presentamos o noso traballo de investigación:

“De conto a película” .

Fixemos un percorrido pola orixe do cinema, os aparatos para gravar, as primeiras películas mudas, a historia e os comezos deste mundo tan fanfástico. Rematamos a nosa produción cunha selección dos contos que pasaron ao mundo do cine, finalizando  co incrible universo Disney.


Animádevos  a coñecer o noso traballo!


Esperemos que o disfrutedes!!



GRAZAS 5 ANOS B

                                                       Bo traballo!!


  A andaina do Venres de Viva voz remata con este marabilloso

  traballo de 5 anos B. Foi un longo percorrido desde o

  comezo deste curso tan singular ata hoxe,cando xa estamos

  a piques de finalizalo. Semana tras semana, cada clase foi

  aportando o seu traballo, a súa investigación e a súa

versión do mundo incríbel do cinema.


Seguro que todos e todas aprendimos o funcionamento,a

historia e toda a engrenaxe que fai que unha película nos

chegue a emocionar de tal xeito que pase a formar parte das

nosas lembranzas e vivencias.


Grazas a todos os nenos,nenas,mestres e mestras do cole

polo voso traballo,dedicación e sobre todo por compartilo

con toda a comunidade educativa.Pero sobre todo grazas ao

mundo do cine por emocionarnos día tras día e por ensinarnos a vivir sempre no mundo da fanstasía.


 ATA SEMPRE!


lunes, 3 de mayo de 2021

O DÍA DO HUMOR :3º B

 O alumnado de 3ºB na hora de ler quixeron poñer a súa pizca de humor nestes tempos tan complexos. Así que decidiron facer unha ronda de chistes en galego. Para iso tiveron que preparalos e buscar vocabulario.Nos encantan estas actividades que favorecen a lectura e a expresión oral. Noraboa rapaces!!!!

CIRCUITO ELÉCTRICOS :3,2,1 ACCIÓN

  O alumnado de 6º levou a cabo a realización de diferentes circuitos eléctricos e aproveitando o PDI "Un ano de película" traballaron diferentes aspectos do séptimo arte como actores, películas, historia...