Mostrando las entradas con la etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2026

4º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS: IOGA NA CONTORNA

 Hoxe realizamos o último obradoiro do programa Lectura e Familia, "Ioga na contorna",  da man de Natalia González Montero.

Natalia comezou o obradoiro coa lectura do conto "Yo soy paz" porque todos e todas somos un recuncho de paz.

Continuou cun montón de xogos con posturas de ioga. Despois elaboramos un xogo anti stress para voltear á calma nos momentos de inquietude.

Rematamos cun masaxe onde peques e maiores se relaxaron.

Namasté Nati e grazas a todas as familias participantes!
 Foi un pracer!

martes, 12 de mayo de 2026

3º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIA: AS FLORES DE GRETA


Hoxe tivemos o pracer de contar con Antía e Uxía de "Las flores de Greta" para realizar un obradoiro coas familias. 


Utilizando a técnica de ecoprint, cada familia diseñou o seu propio mantel. Seleccionaron as flores e follas e seguindo as indicacións de Uxía e Antía realizaron o seu traballo de impresión.

Despois enroscaron o traballo e o ataron moi forte para mesturar as flores coa tea.


Agora temos que esperar unha semana para que Antía e Uxía terminen o proceso de impresión.
Quedamos esperando o resultado final!!

Compartimos os momentos máis especiais desde obradoiro:

GRAZAS A FLORES DE GRETA POR ESTE OBRADOIRO TAN EXTRAORDINARIO!!


martes, 28 de abril de 2026

2º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON LEONOR DÍAZ

Hoxe realizamos o segundo obradoiro de Lectura e Familias da man de  Como pez en el agua de Leonor Díaz.
A tarefa consistiu en realizar unha actividade  colaborativa coas familias, pintando  un mural nunha das paredes do cole relacionado co PDI deste ano. 

 Iniciamos o obradoiro coa lectura dos contos:




Continuamos pintando entre todos e todas o mural:

 




O resultado foi extraordinario como podedes comprobar:




GRAZAS FAMILIAS!!
GRAZAS LEONOR  POLO TEU TRABALLO E COMPROMISO CO COLE!! 

martes, 13 de enero de 2026

1º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS: "DA MAN" CON VERÓNICA ABAL LORENZO


Comezamos os obradoiros de Lectura e familias cunha colaboración moi especial:


O ano 2026 está dedicado ao voluntariado para o desenvolvemento
sostible. Desde a escola parécenos importante traballar e concienciar sobre a importancia do labor dos voluntarios e voluntarias como axentes de
cambio social e medioambiental.

Na escola temos a sorte de contar con familias voluntarias en diferentes proxectos. Hoxe contamos coa  colaboración de Verónica Abal Lorenzo, voluntaria da ONG Da man e nai de alumnos do cole.
 Esta entidade colabora en labores médico-sanitarias en Senegal.
Verónica explicounos como funciona esta ONG e como son as súas viaxes a Senegal:


Rematamos o obradoiro pintando mochilas para os nenos e nenas de Senegal que vai levar Verónica, na súa próxima viaxe.
Quedaron preciosas!!


Grazas Verónica por compartir coas familias a túa experiencia, compromiso e vocación solidaria!

martes, 22 de abril de 2025

EXPLORANDO O MAR: O SEGREDO DAS RÍAS






Hoxe tivemos a sorte de contar no Obradoiro de Lectura e Familias con dous biólogos da nosa comunidade educativa que  nos explicaron que son as bateas e como se crían os mexillóns. Tamén descubrimos a biodiversidade da nosa ría e fixemos experimentos. Observamos estrelas e arañas de mar entre outras especies mariñas que Lili e Xoán nos amosaron no seu  acuario. Aprendemos  unha morea de cousas sobre o fitoplancton que se forma na nosa ría de Vigo.

Foi un obradoiro moi sorprendente, descubrilo no seguinte vídeo:



Grazas Xoán e Lili por compartir con nós unha tarde diferente e enriquecedora





E grazas a todas as familias pola vosa participación neste obradoiro!

miércoles, 9 de abril de 2025

OBRADOIRO: "O MAR NUNHA BOTELLA" CON GUILLERMO MASSON


Onte tivemos un segundo encontro dos obradoiros de Lectura e Familias, onde da man dun rescatador marítimo, coñecemos moitas cousas sobre os nosos mares, océanos e os equipos de salvamento.
Aproveitamos  para facer a nosa propia interpretación do mar coa actividade plástica:  "Un mar nunha botella".


Compartimos un vídeo desta tarde tan especial:

Grazas a todas as familias por compartir unha tarde diferente e facer comunidade educativa xuntos e xuntas!



martes, 18 de marzo de 2025

LECTURA E FAMILIAS: 1º OBRADOIRO CON LEONOR DÍAZ

 Hoxe inauguramos os obradoiros de Lectura e Familia, unha iniciativa para xuntarnos as distintas familias do cole e realizar actividades cos nenos e nenas de xeito conxunto. O obxectivo é pasar un tempo divertido e motivador entre todos e todas.

 Tivemos a sorte de  contar na nosa biblio cun taller da man de  Leonor Díaz, do taller artesanal "Como pez en el agua". 

A proposta foi realizar de maneira colaborativa o símbolo do 8M para conmemorar o Día Internacional da Muller. Os nenos, nenas e as súas familias realizaron a técnica de pintar sobre madeira.

O resultado foi espectacular!


Compartimos un vídeo desta tarde tan especial:




GRAZAS FAMILIAS
 E SEMPRE GRAZAS LEONOR!!

miércoles, 8 de mayo de 2024

CONTANDO EN FAMILIA

 Na clase de 4 anos os contos e a biblioteca escolar son fundamentais no seu día a día , pero as súas familias tamén saben a importancia dos contos e por iso participan estas semanas na actividade titulada 

"Contos en familia" . As familias veñen a ler a todos un dos seus contos favoritos e despois levan a cabo co grupo unha actividade de animación relacionada coa lectura. 

Grazas a todas as familias participantes!!!