lunes, 28 de marzo de 2022

A FICCIÓN DIXITAL :QUÉ É?

 Qué a ficción dixital?? Comezamos unha nova avetura no Frian incluindo este tipo de animación á lectura. Pero para poder comezar necesitamos ter un pouco de información

O especialista Lucas Ramada Prieto nos explica paso a paso o que é a ficción dixital e como pode axudar e e enganchar aos nosos cativos na lectura. 

NOTICIEIRO 6ºB

 O alummnado de 6ºB quixo facer o seu noticieiro sobre as noticias de actualidade do mes de marzo. As noticias más destacadas foron entre outras a retirada da mascarilla e a celebración do día do libro.


BOAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

  Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras dos nenos de 4 anos A, 4 anos B e 3º B. Poesía, banda deseñada, aventuras, biografías... 
Son moitas as opcións que podemos escoller na nosa biblioteca.



                            









 

domingo, 27 de marzo de 2022

MARÍA CANOSA" UNHA FABRICA DE BICOS NO FRIAN"

 Este venres 25 de marzo o alumnado de Educación Infantil puido gozar coa visita e o contacontos de María Canosa e do seu conto " Unha fábrica de bicos".


Grazas María pola visita e pola adicatoria do conto!!!! Grazas por facer que nos gusten aínda máis se cabe a lectura e os contos!!!



COMPARTINDO EN FAMILIA : REDE LECTURA E FAMILIAS

 

jueves, 24 de marzo de 2022

BOOKOPOLY : XOGO E APRENDO

 O equipo biblioteca elaborou para a semana do libro un xogo moi divertido para traballar e repasar a formación de usuarios a través da robótica. 

Elaboramos un tableiro simulando un xogo moi coñecido e elaboramos o BOOKOPOLY. Creáronse preguntas adaptadas as diferentes etapas educativas e a través dos Scornabots e os Mbots o alumnado xogaba por grupos a este xogo tan divertido. 

Quen di que non se pode aprender xogando?¿?






Aquí vos deixamos as normas do xogo que elaboramos.

             https://docs.google.com/document/d/1aHJsS_S8BN-Onyn5wVEryM24Ad3Ze1L6/edit?                                               usp=sharing&ouid=117051899554823648360&rtpof=true&sd=true

VOLUNTARIOS LECTORES : COMPARTINDO LECTURAS

As voluntarias de 5ºB teñen moito traballo estes días e visitaron as aulas de 5ºB, e 5 anos A e 5 anos B para ler algúns contos e facer disfrutar ao noso alumnado.






 

martes, 22 de marzo de 2022

1º OBRADOIRO " LECTURA E FAMILIAS" CHARO PITA :22 DE MARZO

Este 22 de marzo celebramos o primeiro obradoiro de " Lectura e familias" onde tivemos como convidada a Charo Pita. Ademais de contar tamén cantou e nos ensinou algunhas estratexias para animar os máis cativos á lectura como : contos de imaxes , rimas, xogos , contos repetitivos.... Pasamos unha tarde moi divertida!!! Grazas Charo e a todas as familias por participar!!! Por máis tardes de lectura e risas!!!







lunes, 21 de marzo de 2022

O VOLUNTARIADO LE POESÍA!!!

O voluntariado quixo no día da poesía adicarlle un tempo aos máis cativos para ler poesía cantada. A colección da autora Mar Venegas e os seus simpáticos contos coñecidos por toda a cativada foron os escollidos para estas lecturas en voz alta.
O pasaron fenomenal e estiveron moi atentos. Quen dixo que a Poesía non lle gusta aos más cativos??

 







 

domingo, 13 de marzo de 2022

LECTURA Y FAMILIAS : COMEZAMOS

 Xa son moitas as familias que están a recibir na casa os seus carnés como membros da nosa rede "Lectura e familias".  

Isto vos vai permitir acceder a todos os fondos bibliográficos , xogos e obradoiros dos que contamos na nosa biblioteca.

Aquí ademais os deixamos este documento, que iremos actualizando pouco a pouco con diferentes ideas e aportacións, e que ten información importante que vos pode ser de utilidade.  

Debedes ter en conta que vós tamén podedes aportar recursos e compartir entre todos. O importante é que formemos un grupo para axudar aos nosos cativos entre todos e todas!!!

 Ademais do blogue da biblioteca, non vos esquezades de unirvos ao foro de familias a través dunha conta de gmail e aceptando a invitación ao foro. A participación neste foro é fundamental para estar conectado e enterarnos das diferentes propostas así como confirmar asistencia a algunhas delas ou aclarar dúbidas ou realizar novas propostas que nos axuden a todos!!!

sábado, 12 de marzo de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS :SEGUIMOS COÑECENDO A NOSA BIBLIOTECA

 O alumnado de Educación Infantil visitou a biblioteca. Coñecemos a nosa CDU , onde podemos encontrar os nosos libros favoritos, como debemos buscar ... 





MONSTRUO ROSA: CONTACONTOS 4 ANOS

 Os cativos de Infantil lles encantan os contos e cando outros nenos nos veñen visitar para levar a cabo un contacontos é incrible. 
Dúas das voluntarias da biblioteca visitaron ao alumnado de 4 anos para contarlles o conto "Monstruo Rosa". 

                 



 

SALA ÁRTIKA : VOLVEMOS AO TEATRO " LARANXUS 7"

 Este xoves 10 de marzo o alumnado de Infantil  e 1º ciclo visitou a Sala Ártika para ver a obra "Laranxus 7". O personaxe Verde é un marciano que busca vivir nun planeta saudable e sostible.


CONVÍDOTE A LER "MULLERES IMPORTANTES"

 O alumnado de 5º de Primaria aproveitando o día da muller quixeron levar a cabo unha lectura compartida co alumnado de 4 anos. Visitaron a súa clase e contaron anécdotas e historias de mulleres importante e destacadas. Gracias rapaces pola visita!!!





MÓNICA RODRÍGUEZ ... O PRACER DE LER : VISITA 10 DE MARZO

O  xoves 10 de marzo contamos coa autora Mónica Rodríguez autora de libros como " Alma y la isla" ,"La casa del tejado rojo" o " Si yo fuera un pingüino" entre otros. 

A súa visita non deixou indiferente a ninguén e alumnado e profesorado quedoron enbelesados coa súa forma de expresar e narrar. 
O alumnado de 4º e 5º están a leer algúns dos seus libros ao longo deste curso escolar e recibir a visita da súa escritora e poder comentar con ela as súas impresións é todo un agasallo!!
Grazas Mónica pola túa visita.