martes, 22 de septiembre de 2020

UN ANO DE PELÍCULA: BENVIDOS AO SÉTIMO ARTE

 Un ano mais o Proxecto Documental Integrado será un referente para a dinamización e organización do funciomento da biblioteca neste curso tan atípico. 

Este curso 2020/2021 o PDI titúlase 

"Un ano de película : benvidos ao sétimo arte" 

facendo referencia ao cine na nosa sociedade e na historia.


Son moitas as actividades, experiencias e expectativas que temos postas neste PDI. Non vos perdades todos os traballos que iremos colgando no blogue. 




UNHA BIBLIOTECA ANTI-COVID

Comezamos este novo curso cheo de incertidumes pero tamén de esperanza por voltar ao cole. 

A biblioteca do Frian sempre foi e será un espazo fundamental no noso centro e agora nesta situación non podería ser menos. Por iso traballamos moi duro e acotío para crear un espazo adaptado e con toda a seguridade para o noso alumnadx. 

 Aquí vos adxuntamos un tríptico con información detallada sobre as adaptacións de espazos e actividades que levaremos a cabo durante este curso escolar. Non paramos de traballar para crear entre todxs unha biblioteca segura pero tamén un espazo que como sempre nos invite a soñar e a gozar da lectura. 

 Bo comezo de curso para todos e todas!!!!