domingo, 27 de febrero de 2022

UN ENTROIDO CON PACO NOGUEIRAS

 O Entroido é sen dúbida unha das celebracións culturais galegas que mais nos gustan e onde o noso PDI cobra mais visibilidade que nunca. Neste curso escolar ademais das ordes do Meco que sempre son un aliciente durante toda a semana tamén este ano contamos coa visita de Paco Nogueiras que en colaboración coa Anpa do cole e o EDLG visitounos e puidemos gozar dun concerto incrible.

Foron moitos os disfraces relacionados coa ciencia : astronautas, marcianos, Einstein, plantas e flores, inventores  e científicos famosos... encheron o noso cole de cor e ledicia para festexar o Entroido.





jueves, 17 de febrero de 2022

VENRES DE VIVA VOZ 1ºA " O MUNDO DA CLOROFILA"

 O alumnado de 1ºA están a traballar o PDI da ciencia coñecendo máis de cerca a natureza a través do seu PDI " O mundo da clorofila". Por iso no seu Viva Voz desta semana quixeron deixarnos unha mostra do ben que o están a pasar e o moito que están a aprender!!!Noraboa rapaces, bo traballo!!!!




NOTICIEIRO 3ºB: EVENTOS ASTRONÓMICOS 2º PARTE

 O alumnado de 3º B está a traballar o Universco como tema do PDI relacionado coa ciencia. Seguindo a estela dos seus compañeiros de 3º A quixeron contarnos os eventos astronómicos deste ano . Así que aquí vai o seu noticieiro cos eventos da segunda parte do ano. Non volo podedes perder se queredes estar ao tanto de todo !!!

viernes, 11 de febrero de 2022

MES STEM : CONTINUAMOS!!

 Estas dúas últimas semanas continuamos co mes STEM disfrutando da robótica e de xogos didácticos que favorezan o pensamento computacional. Dende os máis cativos de 3 anos ata os maiores do cole puideron gozar con estas actividades grazas aos recursos da Biblioteca Creativa e o empréstido do Cefore.























DÍA MUNDIAL DA RADIO : 13 DE FEBREIRO DE 2022

Este domingo 13 de febreiro celébrase o día Mundial da Radio. Dende o Frian a inclusión no programa de Radio escolar supón para o noso centro un antes e un despois.  Por iso o noso alumnado participou na celebración deste gran día a través da proposta da UNESCO e de Ponte nas Ondas.

miércoles, 9 de febrero de 2022

A ORIXE DO UNIVERSO: ASÍ COMEZOU TODO : PDI 5 ANOS

 Os cativos de 5 anos de Educación Infantil comezan a súa andaina no PDI anual relacionado coa ciencia e que titulan 

" A orixe do universo:así comezou todo".

Para comezar o proxecto levaron a cabo un xogo de inicio moi divertido onde axudan a buscar as constelacións que se perderon polo Frian. Ao rematar unha sorpresa os espera!!! 

Isto é só o comezo dun longo camiño aprendendo sobre o universo!!!! 


NOTICIEIRO 3ºA " EVENTOS ASTRONÓMICOS" 1a PARTE

 O alumnado de 3ºA aproveitou o noticiero para subir a radio escolar. O seu noticieiro versa sobre o seu PDI do universo. Para iso quixeron contar os eventos astronómicos dos que podemos disfrutar durante este ano. 

A primeira parte dos eventos o contarán os alumnos de 3ºA e continuarán a estela os alumnos de 3ºB.

Non volo podedes perder para poder estar ao día de todos os eventos importantes!!!

TRABALLAMOS COS XORNAIS NA HORA DE LER

Unha das actividades que se levan a cabo na hora de ler , consiste en ler diferentes tipos de formatos e non estacarnos na narrativa. É por iso que as caixas viaxeiras nos axudan a traballar con diferentes formatos como libros de consulta ou informativos, banda deseñada e en ocasións traballar tamén coas revistas e xornais 







 

viernes, 4 de febrero de 2022

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA " 4 DE FEBREIRO"


A inclusión no programa Biblioteca creativa nos otorga a posiblidade de gran número de recursos e tamén de actividades formativas para o noso profesorado. Por 2º ano consecutivo un dos membros do Equipo de Biblioteca asistiu as xornadas formativas de Biblioteca Creativa que se festexaron  este venres 4 de febreiro en Santiago de Compostela.

Robótica e impresión 3D foron entre outras as diferentes actividades que se levaron a cabo para coñecer diferentes materiais e os seus usos no noso centro e así poder beneficiar a todo  o alumnado e favorecer  unha educación inclusiva para todos e todas. 






 

" AS MÁQUINAS SIMPLES " 2ºA : VENRES DE VIVA VOZ


O alumnado de 2ºA presenta " Descubrindo algunhas máquinas simples"

Na Prehistoria homes e mulleres empregaban a súa forz para transportar obxectos, pero como tempo foron creando ferramentas e máquinas para facilitar o traballo e esforzo realizado, facendo avances moi interesantes en todas as áreas.

Imos presentarvos algunhas máquinas simples: a panca, a roda, a polea, a rampla ou o plano inclinado.

Segue aprendendo e gozando coa CIENCIA!!!



jueves, 3 de febrero de 2022

ESTAMOS PREPARADOS... A TOPE COA RADIO!!!

 

O día 13 de febreiro festéxase o día mundial da Radio e por iso no Frian estamos a tope coa Radio!!! Non vos perdades as sorpresas que vós esperan!!!


MES STEM " STEM E ROBÓTICA: UNHA CIENCIA POR DESCUBRIR"

  A ciencia está presnte en moitas das cousas que nos rodean : na medicina, na contorna, no noso día a día, na alimentación e tamén nas novas tecnoloxías e como non no actual uso da robótica.

Por iso no Frian quixemos levar a cabo un mes Stem con diferentes recursos do noso centro e coa aportación do Cefore de Vigo que nos emprestou. Así que agora toda gozar con eles e aprender!!!




                    


                



Aqui vos deixamos un video cos mellores momentos de estas semanas!!! Que ben o pasamos e canto aprendemos!!!






PISTA 2: XA FALTA POUCO!!

miércoles, 2 de febrero de 2022

DE VIVA VOZ 4ºB " TODO SOBRE A INMUNÓLOGA ÁFRICA FERNÁNDEZ"


O alumnado de 4ºB nos presenta o seu Venres de Viva Voz vrelacionado co PDI de ciencia. 
Fixeron unha investigación con esmero da vida e aportacións da inmunóloga África Fernández. 
Non volo podedes perder!!! 
Noraboa rapaces!!!


 

ORGANIZACIÓN MES STEM