martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS 5 ANOS A


O alumnado de 5 anos A non quixo rematar o trimestre sen facer as recomendacións dos seus libros favoritos!!! 
Xa sabedes se algún destos contos vos apetece ler, na nosa biblioteca do cole os podedes escoller!!!

lunes, 20 de diciembre de 2021

VENRES DE VIVA VOZ 5*B “Oro,incenso e mirra”

O alumnado de 5*B elaborou unha investigaciòn relacionada con estas datas tan especiais e cos nosos amigos os tres reis magos de Oriente e a súa orixe !!!Non volo podedes perder!!!Noraboa rapaces!!

!

sábado, 18 de diciembre de 2021

EXPOSICIÓN DE NADAL : LIBROS CON MAXIA

O Nadal é unha época de soños , de maxia , de momentos familiares e de ilusión. Son moitos os libros da nosa biblioteca cos que podemos acercarnos ao Nadal. Libros e contos que nos invitan  a viaxar e a sentir esta maxia especial a través da lectura. 


 









Mochilas viaxeiras " Continúa a viaxe"

 


TUTORIAL RADIO ESCOLAR " COMEZAMOS A GRABAR"

 Aquí vos deixamos un pequeno e sinxelo tutorial dos pasos que debemos seguir para iniciarnos na grabación dun programa de radio. Doado de entender tanto para profesorado e alumnado. Todos podemos ser uns verdadeiros locutores radiofónicos!!!

Só tendes que facer clik na imaxe!!







RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6º

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 5ºA


 

VENRES DE VIVA VOZ 4ºA " ISABEL ZENDAL"

 O alumnado de 4ºA fixeron unha investigación con datos relevantes sobre a enfermeira pioneira "Isabel Zendal" e todo o que aportou na investigación. 

jueves, 16 de diciembre de 2021

NOTICIERO 5 ANOS A : QUÉ SE ESCOITA AHÍ AO LONXE??

 Xa está preto o Nadal e os nenos de 5 Anos fan de locutores radiofónicos para contarnos anédcotas e curiosidades de Papa Noel e da figura galega do Apalpador!!! Xa se nota o ambiente de Nadal!!!









O ALUMNADO DE 5º A RECOMENDA

 Aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras do alumnado de 5ºA. Libros de narrativa, cómics, libros de consulta.... O noso alumnado goza dos diferentes tipos de xéneros literarios que podemos atopar na nosa biblioteca. 




miércoles, 15 de diciembre de 2021

VENRES DE VIVA VOZ 5º A " A CONSTITUCIÓN"

 O alumnado de 5º A quixo celebrar o día da Constitución explicándonos a todos o que significa, e todos os dereitos e deberes que forman parte dela. Non volo podedes perder!!!





NOTICIEIRO 2ºB " REALIDADE OU FICCIÓN?"

Os cativos de 2ºB levaron a cabo o seu primeiro noticierio deste curso a través de dúas noticias de sucesos. Realidade ou ficción?

miércoles, 8 de diciembre de 2021

INFOGRAFÍAS MÉTODO CIENTÍFICO 6º

XA TEMOS GAÑADORES

 

" GANMIFICANDO COA SEÑORITA BUBBLE" : LEDICIA COSTAS

 O pasado venres 3 de decembro contamos no noso cole coa escritora  e madriña da nosa biblioteca " Ledicia Costas". A través do programa da Xunta " Ganmificando coa Señorita Bubble", o alumnado d 5º e 6º de Primaria gozou da lectura dos contos de esta incrible personaxe. 

O alumnado preparou con moito esmero e inquietude a visita de Ledicia. Fixeron selección das  súas mellores obras e fixeron un mural conmemorativo entre todos os voluntarios da biblioteca.

A escritora sempre é moi ben recibida no Frian , pero é que non pode ser doutro xeito. A súa cercanía cos rapaces, a súa esponteneidade e humildade fan que sempre tela no Frian sexa un pracer.

GRAZAS POLA VISITA LEDICIA, GRAZAS POR CONTAR CON NÓS E ATA A PRÓXIMA!!!!