Mostrando las entradas con la etiqueta VOLUNTARIADO. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta VOLUNTARIADO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2026

AGRADECEMENTO AO VOLUNTARIADO



Hoxe realizamos unha xuntanza na biblioteca para agradecer a participación  dos voluntarios e voluntarias durante todo o curso. Realizaron un traballo excelente: formación de usuarios, colaboración nas celebracións do cole, lecturas compartidas, empréstitos, actividades sociocomunitarias, organización da biblioteca...

Quixemos recoñecer o seu grande labor cun diploma acreditativo do seu traballo e un pequeno agasallo pola súa implicación.

Por unha banda, despedimos aos voluntarios e voluntarias de sexto desexándolles moita sorte na súa nova etapa de secundaria. Pola outra banda, despedimos ao voluntariado de quinto ata o próximo curso.

GRAZAS VOLUNTARIADO!!

viernes, 15 de mayo de 2026

VISITA DA ESCOLA INFANTIL RÚA ARAGÓN

 Hoxe recibimos ao alumnado da Escola Infantil Rúa Aragón para unha segunda xornada de convivencia co voluntariado da biblioteca. Xuntos compartimos novas experiencias, risas e xogos.

Despois do recibimento realizamos catro obradoiros de cociña. Preparamos entre todos e todas o almorzo para compartir:
Continuamos cunha visita a nosa horta e despois compartimos tempo de lecer:

Continuamos a xornada de convivencia cunha xincana literaria: "Detectives entre libros"
Despedimos a xornada cunha técnica de relaxación:
Foi unha xornada moi inesquecible e emotiva.
GRAZAS ESCOLA INFANTIL DE RÚA ARAGÓN!

jueves, 14 de mayo de 2026

A SENDA DE FRIAN





As mochilas viaxeiras deste curso levan a proposta da decoración de pedras en familia, con motivos da horta. O obxectivo é crear a Senda de Frian entre toda a comunidade escolar, para decorar a nosa horta.
Hoxe o voluntariado da biblio, con todas as pedras decoradas polas familias, elaboraron unha bonita senda en espiral.

Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!

miércoles, 17 de diciembre de 2025

O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA VISITA POLO NADAL AS RESIDENCIAS DE MAIORES DE DOMUSVI EN TEIS E FÁTIMA

 


Chegou o tempo de Nadal e o voluntariado da nosa biblioteca  realizou unha visita a residencia de maiores de DomusVi de Teis e de Fátima.

Previa á visita, dende o equipo de Plurilingüe da Escola organizouse a elaboración de  tarxetas de felicitación de Nadal para cada un dos residentes de maneira personalizada. 
A parte artística levouse a cabo durante as sesións de Arts e a expresión escrita realizouse nas clases de lingua.
Ademais preparáronse panxoliñas en diversas linguas.





Foi unha experiencia moi enriquecedora é emotiva tanto para os maiores como para o alumnado da nosa escola.

Aquí vos deixamos unha escolma desta xornada!

                   






GRAZAS ALUMNADO VOLUNTARIO!
 E 
GRAZAS DOMUSVI!!

miércoles, 12 de noviembre de 2025

COMEZAN OS CONTACONTOS DO VOLUNTARIADO LECTOR

Continuamos este curso cos contacontos na hora de ler dos mércores. Durante todo o curso  o voluntariado lector prepara os seus contos para ler aos seus compañeiros e compañeiras                                    de todo o cole.

O voluntariado de 5º e 6º len a todos os demais cursos.

 Organizados por grupos preparan as súas lecturas:






Moi ilusionados iniciaron os contacontos. Hoxe comeza a súa          andaina e se estenderá ao longo de todo o curso.



                                     Así resultou a xornada: 
 



GRAZAS VOLUNTARIADO!!

lunes, 3 de noviembre de 2025

COMEZA A FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS.


Dedicaremos os meses de novembro e decembro a realizar a formación de usuarios tanto para o alumnado como para o profesorado. 



  Arrancamos a formación de usuarios do presente curso visualizando un vídeo elaborado polo voluntariado da biblioteca escolar. Explican a organización dos fondos da nosa biblioteca segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal) e  os distintos espazos dos que dispoñemos, así como os seus usos. 

Cada aula na súa hora de biblioteca semanal realiza as propostas para traballar a formación de usuarios e usuarias.

Parte I do vídeo:


Parte II do vídeo:



Bo traballo nenas e nenos do voluntariado!!

Despois de visualizar o vídeo realizamos actividades variadas para reforzar estas aprendizaxes.



BO TRABALLO!!