Mostrando las entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de mayo de 2026

RECOMENDACIÓNS DE 5ºA

 O alumnado de 5ºA  de E.Primaria realiza as recomendacións dos libros que máis lle gustaron da nosa biblioteca:

BO TRABALLO!

sábado, 23 de mayo de 2026

RECOMENDACIÓNS DE 5º B

 O alumnado de 5ºB  de E.Primaria realiza as recomendacións dos libros que máis lle gustaron da nosa biblioteca:


BO TRABALLO!

viernes, 22 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: PANEIS LITERARIOS

Durante a Quincena Cultural polos corredores do cole establecéronse espazos para poder crear e compartir as nosas vivencias a través da expresión escrita.

                                  BO TRABALLO!!

miércoles, 20 de mayo de 2026

AGASALLO DE LEDICIA COSTAS

 

Hoxe tivemos a sorte de recibir un agasallo moi especial da man da madriña da nosa biblioteca, Ledicia Costas.
Estabamos esperando coñecer as novas aventuras do noso amigo Curriño, e xa está dispoñible na biblio grazas a Ledicia.

Está vez, Curriño 4 anda enredado cunhas salchichas picantes. Temos moitas ganas de lelo.
Grazas Ledicia por encher o cole de historias e ademais dedicarnos os teus libros!
A divertirse con Curriño!!

viernes, 15 de mayo de 2026

IRENE ALONSO VISITA O COLE

 O alumnado de terceiro de primaria realizou a lectura colectiva do libro Refugallo o espantallo, e hoxe tiveron a sorte de contar cun obradoiro da súa autora, Irene Alonso.

Irene Alonso cóntanos a historia de Comba, unha nena especial que sofre bulling na escola porque sempre está recollendo materiais de refugallo para facer un espantallo. A idea do libro é falar da reutilización dos materiais.
Neste obradoiro realizaron xogos e remataron coa realización dunha manualidade. Como non podía ser doutro xeito fixeron  unha buxaina reutilizando tapas de botellas plásticas.

GRAZAS IRENE ALONSO POLO TEU TRABALLO!

jueves, 14 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: INSTALACIÓN ARTÍSTICA

 Durante a Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas levamos a cabo unha instalación artística colaborativa. Na entrada de Educación Primaria colgamos os personaxes de contos preferidos polo alumnado. 

Cada clase, elixiu un personaxe de conto por consenso e realizou esta proposta que fomenta a creatividade, o traballo en equipo e a expresión artística, ademais de dar vida a persenaxes de historias que coñecen ou son impostantes para eles e elas.

Houbo moita variedade como podedes comprobar:

              

Así quedou a nosa instalación artística dos personaxes favoritos do alumnado:

Os nosos personaxes favoritos xiran na nosa entrada e lembran miles de aventuras e historias:
BO TRABALLO FRIAN!!

miércoles, 6 de mayo de 2026

QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: 6 DE MAIO

 VISITA O COLE ÁNGELA GRANDAL


Hoxe, incluída nas actividades da Quincena Cultural do Libro e das Letras Galegas, contamos coa visita de Ángela Grandal para presentar e contar o seu libro "La estrella que soñaba con el mar" ao alumnado de E.I e primeiro de primaria.
Lectura e música unidas para facernos soñar.




Un pracer contar con Ángela, excompañeira de Frian. Non podemos estar máis orgullosas de ti.


Grazas por vir a compartir o teu encanto contando historias!!