Mostrando las entradas con la etiqueta HORA DE LER. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta HORA DE LER. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de marzo de 2025

OS MÉRCORES LEN OS VOLUNTARIOS

 Os mércores seguen a ler nas aulas os  voluntarios da biblioteca. Organizados por parellas, preparan as súas lecturas e tamén realizan diversas dinámicas de animación á lectura.

Este mércores na clase de 3 anos, despois do conto:



Grazas voluntariado, nenas e nenos de 3 anos!!

viernes, 21 de abril de 2023

SE TI LES, EU LEO. LECTURA COMPARTIDA 5ºB-1ºB

 O alumnado de 5ºB e 1ºB pasaron unha xornada de lecturas compartidas. Os nenos e nenas de 5ºB fixeron unha representación teatral sobre o libro "El emocionómetro del Inspector Drilo" meténdose no papel das diferentes emocións, mentres que os nenos e nenas de 1ºB recitaron un poema titulado "La luna".

Ademáis compartiron o tempo de lecer durante o recreo. Pasáronno xenial e con gañas de repetir.

Moi bo traballo rapaces e rapazas!!






lunes, 3 de abril de 2023

COMPARTINDO NA HORA DE LER : A LECTURA MÚLTIPLES EXPERIENCIAS

 A hora de ler non se debe convertir nunha lectura feita por obriga senón unha lectura onde teñan cabida diferentes extratexias e actividades: recunchos lectores, lecturas invididuais, lecturas en voz alta, lecturas grupais, xogos de retahilas, trabalinguas , creación de contos ...


  

miércoles, 4 de mayo de 2022

CREANDO TÍTERES E XOGANDO NA HORA DE LER

    O alumnado de 3ºB elaboraron nas súas casas uns títeres con calcetíns. A través destes títeres aproveitaron na hora de ler para utilizalos e facer dramatizacións, diálogos, ronda de chistes, narración de historias....






miércoles, 27 de abril de 2022

CITA A CEGAS CUN LIBRO NA HORA DE LER

Na semana do libro , unha das actividades que mais gustaron ao noso alumnado foi "CITA A CEGAS CUN LIBRO". Cada grupo empaquetaba un libro e poñía no empaquetado varias pistas para que outro grupo adiviñara o libro. A través desta actividade fomentamos a lectura, creamos intriga e motivación e animamos ao noso alumnado .













 

miércoles, 9 de febrero de 2022

TRABALLAMOS COS XORNAIS NA HORA DE LER

Unha das actividades que se levan a cabo na hora de ler , consiste en ler diferentes tipos de formatos e non estacarnos na narrativa. É por iso que as caixas viaxeiras nos axudan a traballar con diferentes formatos como libros de consulta ou informativos, banda deseñada e en ocasións traballar tamén coas revistas e xornais 







 

martes, 9 de noviembre de 2021

Hora de ler : creando receitas de magosto 3ºA

 O alumnado de 3ºA inventou receitas caseiras que levaron como producto estrella  a castaña. Elaboraron a receita, a levaron a cabo na casa e despois as compartiron con todos , fomentando así a expresión oral.









martes, 4 de mayo de 2021

MÁIS QUE LECTURA NA HORA DE LER!!!

 Na hora de ler son moitas as actividades e dinámicas de animación a lectura que podemos facer. 

Na clase de 5 anos nos encantan os contos pero son tamén levamos a cabo outras dinámicas como " As tarxetas contacontos" ou " Secuencias temporais ".

No seguinte video podedes ver o ben que pasamos!!!


TARXETAS  CONTACONTOS                                     SECUENCIA TEMPORAL


lunes, 3 de mayo de 2021

O DÍA DO HUMOR :3º B

 O alumnado de 3ºB na hora de ler quixeron poñer a súa pizca de humor nestes tempos tan complexos. Así que decidiron facer unha ronda de chistes en galego. Para iso tiveron que preparalos e buscar vocabulario.Nos encantan estas actividades que favorecen a lectura e a expresión oral. Noraboa rapaces!!!!

jueves, 29 de abril de 2021

DISPARATES LITERARIOS

 A hora de ler é un dos momentos máis importantes da xornada escolar. Un momento que sirve de canle entre a lectura e o xogo , coa utilización de diferentes extratexias lectoras. 

Na clase de 3ºA o saben ben, por iso quixeron elaborar uns 

"Disparates literarios" en galego  para compartir co resto de alumnado do Frian.

jueves, 11 de marzo de 2021

CONVÍDOTE A LER!!! 3º A E " A VELLA NUNHA BOTELLA"


 O alumnado de 3ºA preparou para a hora de ler a lectura do conto "A vella na botella" para poder compartilo con todo o alumnado que así o desexara.Incluindo na proposta " Convídote a ler".




viernes, 13 de noviembre de 2020

Diversión e risas na hora de ler

 

O alumnado de 2ºA aproveita moi ben a hora de ler utilizando moitas das dinámicas propostas. Unha boa ronda de chistes ou crear as súas propias historias e personaxes , son algunhas das dinámicas que levaron a cabo nestas semanas. Noraboa rapaces!!!!






A HORA DE LER : FOMENTANDO A LECTURA

  A hora de ler non debe ser só 20 min para a lectura libre ou dirixida, senón que debe incluir todas aquelas actividades variadas, motivadoras e divertidas que nos axuden a fomentar a lectura e o gusto por ela. Un momento da xornada onde a lectura se convirta nun momento de diversión.


No Frian propoñemos unha serie de dinámicas de fomento da lectura para os nosos cativos que se poden levar a cabo na hora de ler.