Mostrando las entradas con la etiqueta BIBLIOTECA CREATIVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta BIBLIOTECA CREATIVA. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2026

BIBLIOTECA CREATIVA: QUINCENA STEM

 

Esta quincena levamos a cabo no colexio a "Quincena Steam", unha proposta realizada, na aula Maker e de Polos Creativos, con distintos obradoiros. O alumnado rotou polas distintas estacións de aprendizaxe propostas, investigou, experimentou e xogou, realizando verdadeiras aprendizaxes significativas e sobre todo en cooperación cos compañeiros e compañeiras.

GRAZAS FRIAN!

viernes, 15 de mayo de 2026

HOXE XOGAMOS CON BRAZOLINDA

 Dentro do programa "Biblioteca Creativa" tivemos a sorte de pasar unha xornada enteira desfrutando dos xogos de Brazolinda.
 


A proposta educativa de Brazolinda baséase no uso do xogo como ferramenta de aprendizaxe, convivencia e transmisión da cultura galega. A través dos seus xogos, o alumnado desenvolve habilidades como o razoamento, a observación, a motricidade, a cooperación e a comunicación. Ademais, os materiais están deseñados en galego e incorporan aspectos da nosa tradición, da mitoloxía e do patrimonio cultural, contribuíndo á normalización da lingua dun xeito lúdico e motivador. Brazolinda promove unha aprendizaxe activa e compartida, na que nenos, nenas e persoas adultas poden aprender e divertirse xuntos, fortalecendo os lazos sociais e o gusto polo noso patrimonio cultural.
 
 Todas as nenas e nenos da escola desfrutaron dunha xornada diferente chea de xogos, miradas compartidas e aprendizaxes!!

miércoles, 28 de enero de 2026

XORNADAS DE BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este mércores 28 de xaneiro tivo lugar en Santiago a Xornada de Biblioteca Creativa, na que puidemos aprender das tecedoras da nosa terra con poñentes moi interesantes como Manuel Rodríguez, o cal estivo en parte relacionado co obradoiro de Bea Lema "Bordar o camiño de volta á casa. Mapas téxtiles".  

Houbo outros obradoiros como o de Lucas Ramada "Xogar para falar de xogar: dispositivos didácticos e función dixital" no que nos falou de como poder levar o videoxogo a recunchos da biblioteca para poder achegarnos ao mundo do noso alumnado.  

Outras compañeiras foron a outros obradoiros moi interesantes como os de Cristina González (Arte Garabato) e Lucía Romaní, nos que aproveitaron libros de expurgo para facer verdadeiras obras de arte; ou deseñaron libros diferentes con recortes, perspectivas e moita imaxinación. 

 Finalizamos a xornada escoitando a compañeiras do CEIP O Cervo e do IES Ribeira do Louro, as cales nos contaron como dinamizan a súa biblioteca escolar. 



       
   
            
 
 
       Foi unha xornada moi interesante para aprender e                                enriquecernos entre todos e todas. 

viernes, 6 de junio de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: SEMANA STEAM

  Esta semana levamos a cabo no colexio a "Semana Steam", unha proposta realizada na aula Maker e de Polos Creativos, inaugurada este curso, con distintos obradoiros. O alumnado rotou polas distintas estacións de aprendizaxe propostas, investigou, experimentou e xogou, realizando verdadeiras aprendizaxes significativas e sobre todo en cooperación cos compañeiros e compañeiras.

 Estas estacións foron as seguintes:


-Proposta 1: Robótica con tres grados de dificuldade para todo o alumnado: baixa, media e alta.




   

-Proposta 2: Xogos de mesa

  

-Proposta 3: Construcións (korbo, kapla...)

 

 

-Proposta 4: Mesa de luz

-Proposta 5: Imáns

    


 
Tamén realizáronse propostas en inglés durante toda a semana:
Keyring 6º
En 6º deseñaron chaveiros:

En 4º e 5º realizaron "Board Games
 
     
 

Foi unha semana moi motivadora e especial!

viernes, 15 de noviembre de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA: ESPAZO MAKER

 Este curso debido ao novo espazo habilitado para a biblioteca, tamén contamos cun novo espazo para o proxecto de "Biblioteca creativa" e  "Polos creativos". Este espazo ten moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker, cortadora láser, impresión 3D... 


O alumnado ao longo do curso puido experimentar con estes materiais durante as sesións organizadas polos titores e tamén estaba dispoñible todos os venres na hora de lecer. 

Amosamos algunhas das actividades realizadas:





domingo, 9 de junio de 2024

SEMANA STEM : DO 3 AO 7 DE XUÑO

 Durante esta semana levamos a cabo diferentes xornadas de robótica e programación traballando con diferentes materiais na biblioteca escolar.