miércoles, 21 de diciembre de 2022

MALETA ARTíSTICA CEFORE

Como este ano o PDI do cole está relacionado co arte e as emociòns ,solicitamos ao Cefore de Vigo unha maleta artística con fondos e recursos con esta temática. Puidemos gozar con ela durante este mes de decembro,dende os máis cativos ata os máis maiores do cole.

jueves, 15 de diciembre de 2022

E CHEGOU O NADAL E UNHA ESCOLMA MÁXICA

 Coa maxia do Nadal e preto xa das vacacións ,os corredores do cole expoñen mostras de contos e libros cheos de maxia , ilusión e bos momentos.




martes, 13 de diciembre de 2022

LECTURAS OBRIGATORIAS CURSO 22/23

l

DÍGOCHO EU 5 ANOS B: RECEITA DE GALLETAS DE NADAL

 Os nenos e nenas de 5 anos B aproveitan esta época do Nadal para contarnos cómo preparar unhas deliciosas galletas. Estade moi atentos/as e tomade nota desta espectacular receita para levala a cabo nas vosas casas.

Atréveste a intentar facer galletas de Nadal?? Fixo que che quedan moi saborosas.

Moitas grazas rapaces e rapazas por esta gran idea!



lunes, 12 de diciembre de 2022

lunes, 5 de diciembre de 2022

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional da Discapacidade elaborando un mural colaborativo entre os maiores do cole e os máis pequenos, abordando a importancia do respecto e a igualdade entre todos e todas. 

Fixéstedes un gran traballo!! 

E como dixo Henry Viscandi: "En realidad, no existen personas discapacitadas, sólo personas con distintos grados de aptitud"



jueves, 1 de diciembre de 2022

" SON UN ARTISTA...." : DE VIVA VOZ : 3 ANOS

 Os máis pequenos do cole  son a clase dos artistas !!! 

E como o noso PDI tamén vai de arte e de saber expresar, quixeron facer o seu Venres de Viva Voz cantando e bailando unha canción do grupo galego " Mamá Cabra" titulada " Eu son un artista"

Noraboa rapaces!! Estes pequechos de 3 anos veñen pisando forte!! Pedazo artistas!!!