Mostrando las entradas con la etiqueta FRIANCINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta FRIANCINE. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de diciembre de 2020

WONDER: UNHA RECOMENDACIÓN MOI ESPECIAL

Neste ponte de decembro , co día 3 de decembro tan preto, a recomendación de cine desta fin de semana non podería ser outra que Wonder .Unha película emotiva e cunha  mensaxe moi especial.


Wonder , é unha película que recomendamos para todas as familias.Non só nos mostra unha perspectiva dende un neno moi especial, senón que nos fai darnos conta que sendo amables podemos conseguir máis que con un montón de malas intencións.

Trátase dunha película dura,emocionalmente falando. Cóntanos a historia de August Pullman, un neno nacido con malformacións faciais e máis de 20 cirurxías que , ata agora,lle impediron ir á escola polo que a súa nai lle daba clases na casa.

Nesta nova etapa atoparase con malos compañeiros pero tamén descubrirá novos amigos. Aínda que sempre conta cun dos seus grandes pilares , que será a súa familia que o acompaña sempre.



Esta basada na premiada novela e best-seller escrita por R.J.Palacio. Tal foi o éxito da mesma que deu lugar a unha colección de libros do mesmo autor. Libros que nos falan da amabilidade, xenerosidade, coraxe e valentía  para afrontar e superar retos e problemas. Pero tamén para aceptar as diferencias e aceptarnos a nós mesmos tal e como somos  e abrirnos aos demais. 



PROPOSTA : Cómo actuarías ti para axudar a August a integrarse na escola? Non esquezas de enviarnos as túas responstas aquí no blogue. 

sábado, 28 de noviembre de 2020

EDUCANDO CONTRA A VIOLENCIA , EDUCANDO EN IGUALDADE : 25 DE NOVEMBRO

 Este 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero , loitando todos os días por un mundo onde a igualdade de xénero sexa cada vez máis real. Os nenos e nenas son a esperanza de que isto cada vez sexa máis e máis posible.

Por iso dende Friancine vos queremos recomendar dous cortos dende dúas perspectivas ben diferentes pero que sen dúbida nos farán reflexionar. 

Neste primeiro corto de animación unha pequena nena loita por acultar as sinais dun maltrato pero a súa mestra acaba por darse conta e axuda a pequena dándolle o amor que tanto precisa nestes momentos. 


Neste segundo curtometraxe realizado pola productora ManodeSanto relata e describe con precisión a apariencia de " falsa normalidade " que ocorre nalgunhas situacións de violencia de xénero e por desgracia as situacións que teñen que vivir os menores en moitos fogares. 



viernes, 13 de noviembre de 2020

FLOAT ( VOA) E LOOP ( UNHA VOLTA )

 Disney e Pixar o volven facer creando dous emocionantes cortos que sen dúbida nos sacarán algunha que outra bágoa. Esta vez, os dous líderes das películas animadas producen unhas películas que van directas ao corazón e que seguramente conmoverán aos espectadores de todas as idades.

Trátase de dúas contrometraxes que , a pesar da súa corta duración , son unha concentración de sentimentos con un tema moi importante na sociedad actual :O AUTISMO

Entender, comprender e favorecer a inclusión das persoas con autismo e sobre todo traballar a empatía dos nosos pequenos na escola é tan importante como moitas das asignaturas que traballamos a diario .Debería ser  polo tanto un obxectivo fundamental para a escola e tamén para as familias. 



FLOAT ( VOA)

É unha adaptación da historia real de Bobby Rubio, director e autor do mesmo. Rubio decidiu contar a historia a súa familia e especialmente ao seu fillo Alex con autismo. Crecer cun neno con autismo convertiuse nun desafío como pai , pero un estímulo para contar unha historia fantástica e valente. 


LOOP (UNHA VOLTA)

Conta a historia dunha nena con autismo e un neno moi faladeiro que se unen para abordar un  paseo en canoa. Para completar a viaxe deberán aprender cómo vive e concibe o mundo a outra persoa. Unha historia que conta a vida cotiá de todos onde compre entender ás persoas que nos rodean  para superar os obstáculos que a vida pon ante nós.

Aquí vos deixamos o making de como se crearon as historia e as personaxes reais da mesma. 

                     


A través destas dúas cortometraxes navegaremos pola diversidade para romper as diferenzas que se constrúen , especialmente cando nos negamos a comprender as ideas e dificultades dos demais e non somos capace de poñernos no seu lugar. 


PROPOSTA : Os propoñemos unha pequena pero importante cuestión... Que faríades vós para intentar poñervos no lugar dalgunha das personaxes destas historias?

jueves, 29 de octubre de 2020

ESTA SEMANA... PELI DE MEDO

Esta ano a festa do Samaín e de Halloween será ben diferente ao que estamos acostumados. Pero non  imos deixar de pasar un rato divertido. Por iso, esta semana Frianciño recomendaos a película:

"Pesadillas 2. Noche de Halloween" 

Trátase dunha comedia de terror, baseada nos libros de terror infantil de R.L. Stine.

Conta a historia de dous nenos que liberan accidentalmente a todos os monstros, demos e criaturas fantasmais no seu pobo, despois de abrir un libro inédito de pesadelos titulado "Halloween embruxado", causando un gran caos na noite de Halloween.

Unha comedia de aventuras na que o humor minimiza os momentos de medo, e que transmite valores como o traballo en equipo ou a importancia das relacións entre irmáns.

Aquí vos deixamos o trailer para que empecedes a rir e tremer.

Se queredes, ao rematar a película, podedes comentar no blogue que foi o que máis vos gustou, se pasastes un pouquiño de medo ou algunha lembranza das vosas festas de Samaín ou Halloween pasadas. 

sábado, 24 de octubre de 2020

PELÍCULA : " UNO PARA TODOS"


Esta semana vos recomendamos a película "UNO PARA TODOS" .
Unha luminosa historia baseada na  importancia das relacións. 
Un profesor iterino  asume a tarea de ser profe de 6º de Primaria, cando asume que ten que reintegran a un alumno enfermo na aula .Pero se atopa cun problema aínda maior: ningún dos seus compañeiros queren que volva a clase. 


Unha película emotiva, motivadora e fascinante que non deixara a ninguén indiferente. 


PROPOSTA 

Invitámoste ,despois de ver a película, a que fagas unha análise dela e nos comentes a través do blogue cal foi a parte que mais vos gustou e se algún/ algunha profesor/a vos marcou na vosa etapa na escola. (Non é necesario nomear a ninguén).




Aquí vos deixamos o trailer para ir abrindo boca!!!! Animádevos e a gozar co cine!!!


CORTOS EDUCATIVOS E DE INCLUSIÓN


Un grupo de profes e pedagogos elaboraron esta recopilación de cortos educativos para infantil , primaria e secundaria . A través deles trabállanse aspectos tan importantes como a igualdade,a empatía, o bulling,inclusión....

Unha aportación excelente grazas a colaboración de diferentes profesionais para compartir e axudar entre todos. Grazas pola colaboración!!!


                                              CORTOS EDUCATIVOS                       


CORTOS DE INCLUSIÓN