martes, 28 de febrero de 2023

ADIVIN-ARTE MES DE MARZO

 

A principio do mes de marzo celebramos o Día da Muller e rematamos o mes coas vacacións de Semana Santa. Moitas foron as obras artísticas dedicadas a estas conmemoracións. As dúas obras artísticas que temos enriba foron creadas por Leonardo da Vinci. Poderías investigar un pouco máis sobre elas?



Ilustración Nº1 


Ilustración Nº2 

Ilustración 1:

Como se chama a obra?

Qué tamaño ten o retrato da muller e onde se atopa?

Ilustración 2:

 • Como se chaman a obra?

Retámosvos a poder conseguir un selo da vosa cartilla trimestral respondendo a estas preguntas e se ademais queredes un extra, contádenos algunha curiosidade sobre os cadros, o que simbolizan, información sobre o artista ou o que vos apeteza relacionado co tema! 

Lembrade que podedes deixar as respostas no blogue ou na caixa de correos da biblioteca. Animádevos a completar a colección das chapas!!

miércoles, 22 de febrero de 2023

OBRADOIROS LECTURA E FAMILIAS : CURSO 22/23

Xa estamos aquí de volta no programa Lectura e familias e despois de moito esforzo xa podemos ofrecervos algúns dos obradoiros que levaremos a cabo neste curso escolar. Todos pensandos para vós para disfrutar e gozar en familia , onde aprenderemos e faremos comunidade.
 Nos espera un curso cheo de bos momentos!!!!
 Que ganas de comezar xa!!!!



viernes, 17 de febrero de 2023

Visita E.E.I Rúa Aragòn “ Bibliotecas escolares Solidarias”

 Este xoves día 16 de febreiro o alumnado voluntario da biblioteca escolar de 6*P. visitou a Escola de Educaciòn Infantil Rúa Aragòn (centro adscrito ao noso centro),para levar a cabo unha actividad de voluntariado modalidade C nos servizos da Comunidade.

A E.E.I Aragòn abriu as súas portas aos nosos cativos para levar a cabo un Kamishibai do conto “O desxeo” e tamén nos invitaron a realización de obradoiros de cociña ,xogo e relaxacion.

Disfrutamos moito e a conexiòn entre o alumnado dos dous centros foi moi especial colaborando uns cos outros e favorecendo a inclusiòn.


jueves, 16 de febrero de 2023

VENRES DE VIVA VOZ 1º B: O TANGRAM

 O alumnado de 1º B estivo investigando moitas curiosidades sobre o Tangram e neste video nos contan dende a súa orixe ata diferentes obras, xogos e beneficios que teñen estas figuras. 

Animádevos a coñecer máis sobre estas figuras.

Moi bo traballo rapazada!




VENRES DE VIVA VOZ DE 4 ANOS: JACKSON POLLOCK

 Os medianos de Infantil convertéronse en artistas deseñando as súas propias camisetas a través do estilo "Action Painting" imitando ao artista Jackson Pollock.

Quedáronvos unhas camisetas moi bonitas!! 

Estes nenos e nenas de 4 anos veñen pisando demasiado forte.

NORABOA!!


lunes, 13 de febrero de 2023

O ALUMNADO DE 5ºA PARTICIPA NAS XORNADAS DE RADIO DE " PONTE NAS ONDAS"

Hoxe 13 de febreiro o alumnado de 5º A acompañado do alumnado de 5ºB participaron na xornada de Radio escolar que se festexeou no Cuvi , organizada por " Ponte nas ondas" para festexar o 12* aniversario do día mundial da radio.

O alumnado de 5º A con 4 grandes locutores elaboraron un programa de radio que presentaron en directo nestas xornadas. Estamos moi orgullosos do seu traballo do ben que o fixeron.






DÍA MUNDIAL DA RADIO 22/23

domingo, 12 de febrero de 2023

ESCOLMA ENTROIDO 22/23 " A VIDA É UN ENTROIDO"

 Un Entroido baseado no arte, un Entroido de cor, pintura, escultura, artistas....

 Unha escolma chea de contos que nos inspiran.




miércoles, 8 de febrero de 2023

CHARLA ANHIDA “TDAH”

 Onte tivemos a sorte de contar no cole con Estela Portillo Enfina, membro da asociación ANHIDA para nenos y nenas con hiperactividade e Déficit de atenciòn. Nunca charla -coloquio moi interesante nos deu algunha clave para entender mellor a este alumnado . 





viernes, 3 de febrero de 2023

DÍGOCHO EU 4º B: OS UTENSILIOS DA COCIÑA

 O alumnado de 4º B metéronse mans na cociña e nos invitan a coñecer todos os utensilios que necesitamos para elaborar un menú ideal.

Sodes uns artistas, con todo este vocabulario podedes convertervos en super cociñeiros e cociñeiras


Que gran traballo!!

DÍGOCHO EU 3 ANOS: PARTES DO CORPO

 Os máis pequenos e pequenas do cole nos contan como se chaman as partes do noso corpo en galego, fixádevos que ben o fan!!

Coñecíades todas estas palabras?? 

Noraboa, moi bo traballo!!