OS POLINIZADORES
Sabedes que é un hotel de insectos?
Un hotel de insectos é unha estrutura con diferentes compartimentos que serve como refugio, lugar de anidación e hibernación, para insectos beneficiosos como abellas e xoaniñas. O seu obxectivo principal é proporcionar un hábitat para estes insectos en contornas urbanas ou en xardíns, onde os ocos naturais escasean, axudando así á polonización e ao control biolóxico de pragas.
👉 E agora vén a pregunta do noso concurso:
POR QUE SON NECESARIOS OS POLINIZADORES?
ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!
Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario