domingo, 12 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2022

Xa queda pouco para as vacacións despois dun largo curso escolar repleto de aventuras e de actividades. A lectura por lecer é un dos nosos obxectivos no Frian , porque ler debe ser unha experiencia onde nos sintamos ben ,sen presións nin obrigas. Por iso aquí vos deixamos algunhas recomendacións lectoras para o verán por si así o desexades e queredes seguir gozando!

CONCURSO RADIOFÓNICO :DÍA DA NATUREZA

viernes, 10 de junio de 2022

Seguimos compartindo lecturas

 Tres dos alumnos voluntarios de biblioteca de 5*A quixeron compartir con alumnado de 5 anos A unha actividade de “Lectura compartida” para festexar o día do medio ambiente.

Despois da lectura dun conto dos Bolechas onde se explica moi ben a funciòn da reciclaxe,levaron a cabo unha actividade onde o alumnado debía meter  objetos na caixa de reciclaxe correspondente  ♻️ 











jueves, 9 de junio de 2022

RECOMENDACIÓN 2ºA " A ASPIRONETA"

 O alumnado de 2ºA nos quere facer unha recomendación moi especial do conto " A aspironeta". Para iso nos contan a súa historia a través dun teatrillo con debuxos feitos por eles mesmos. Unha historia onde nos axudan a entender a importancia de coidar o medio ambiente. 

Non volo podedes perder!!! Bo traballo rapaces!!!