lunes, 2 de noviembre de 2026

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIOS CURSO 2026-2027

Para poder ser un bo usuario e usuario da biblioteca , a formación de usuarios durante o curso escolar é fundamental. Coñecendo o funcionamento da nosa biblioteca nos convertemos en usuarios de calquera biblioteca do mundo. Durante o mes de novembro e decembro organizamos diferentes sesións onde o Equipo de Biblioteca en colaboración cos voluntarios e os mestres do claustro , poidamos formar aos diferentes alumnos do cole e que poidan facer un uso responsable da biblioteca coñecendo como se clasifican e organizan os libros, as partes dun libro, como emprestar e devolver os fondos da biblioteca etc..

COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS E O EMPRÉSTITO

 A nosa biblioteca xa comezou a funcionar e as mochilas viaxeiras comezan a visitar os diferentes hogares dos nenos e nenas do Frian. Ademais comezamos tamén co empréstito semanal. Como nos gusta ver a nosa biblioteca en funcionamento!!!




CHALLENGUE FRIAN MES DE NOVEMBRO : EUROPA

 Comezamos o concurso visitando o noso continente, o continente Europeo. Faremos tres paradas en: Paises Baixos, Dinamarca e Escocia. Responde as preguntas e anímate a viaxar con nós. :) 











CHALLENGUE FRIAN " VIAXANDO POLO MUNDO"

 Outro curso máis comezamos co noso concurso Challengue Frian sobre o PDI do curso que este ano adícase ao turismo. O PDI chámase " Viaxando polo mundo: coñecendo outras culturas" e por iso o noso concurso anual nos fará viaxar polos diferentes continentes coñecendo curiosidades e tradicións de diferentes países. Para iso completaremos o noso pasaporte viaxeiro que conseguimos na xincana do día das bibliotecas escolares. Estades preparados???