Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!
Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!
As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina este curso e coa proposta que están levando a cabo as familias, a nosa biblioteca estase enchendo de pedras decoradas para elaborar entre toda a comunidade escolar "A Senda de Frian" para decorar a nosa horta.
Grazas familias polo voso traballo e colaboración!!
Seguimos como cada curso co empréstito de mochilas viaxeiras como unha actividade para as familias cunha duración de 10 días.
No interior da mochila inclúense fondos varios en galego, castelán e inglés; libros sobre o PDI, libros de consulta, películas, xornais e libros para as familias.
Ademais, este curso a mochila introduce unha proposta para as familias sobre o PDI:
"Sementamos e recollemos vínculos: cos pés na terra"
Plantar nunha horta ou nun xardín mellora o benestar físico e mental, promove a conexión coa natureza e fomenta a responsabilidade. Ademais mentres, cultivamos virtudes como o amor, o respecto e a solidariedade, sementando valores positivos que xeran froitos de paz e felicidade en nós mesmos e na sociedade. Ambas as actividades, aínda que diferentes, son importantes para o desenvolvemento integral dunha persoa.
Este curso levaremos a cabo o proxecto da horta escolar, pero queremos plantar tamén nos corazóns do noso alumnado nun ano especial no que se dedica ao voluntariado solidario.
Dende a escola gustarianos pedirvos axuda para traballar de maneira conxunta a concienciación sobre temas tan importantes como a sostenibilidade e a solidariedade.
A proposta que vos facemos é que decoredes a pedra que vos chega na mochila con algún elemento típico da horta: hortalizas, froitas, verduras, insectos...
Queremos construír a sendo do Frian con todas as vosas achegas: cada pedra simboliza un anaquiño de vós para entre todos e todas facer comunidade, xa que unha senda non se fai cunha soa pedra, senón coa suma de moitas.
Deixamos algunhas ideas, pero o mellor é que deixedes voar a vosa imaxinación e creatividade.
😍😍😍😍😍😍😍😍
Da semente que botaches,
plantarei un xardín e aferrareime a el
para encher o meu corazón.
As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina este curso e coa proposta que están levando a cabo as familias de reutilizar o plástico que consumimos. A nosa biblioteca estase enchendo dunha morea de animais mariños e deste xeito estamos creando, entre todos e todas, o océano de Frian.
Podedes visualizar no seguinte vídeo, una escolma dos traballos que comezan a chegar á biblioteca:
Grazas familias polo voso traballo e colaboración!
No interior da mochila inclúense fondos varios en galego, castelán e inglés; libros sobre o PDI, libros de consulta, películas, revistas e libros para as familias.
Ademais, este curso a mochila introduce unha proposta para as familias sobre o PDI: "Mares e océanos, un recurso vital":
Dende a escola gustaríanos pedirvos axuda para traballar de maneira conxunta a concienciación sobre un tema tan importante como a contaminación dos mares e océanos con plásticos.
A proposta que vos facemos é que reutilicedes o plástico que consumimos de maneira que as nenas e nenos, coa vosa axuda, poidan elaborar un animal mariño para expor na nosa biblioteca e entre todos e todas formar o océano do Frian.
Deixámosvos algunhas ideas que vos poden inspirar, pero o mellor é que deixedes voar a vosa imaxinación e creatividade. 😉
Para coidar o noso planeta Terra,
antes que os plásticos cheguen ao mar
pensa unha idea para transformar e reutilizar.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Xa temos aquí as fotos das mochilas do mes de marzo das mochilas viaxeiras. Ian,Benji e Cía,Sergio,Martín e Sandra quixeron deixar a súa pegada mostrándonos os deportes e actividades que lles gusta practicar en familia.Grazas a todos e todas!!!
As familias do Frian neste mes de decembro quixeron compartir con nós a práctica dos seus deportes e xogos tradicionais favoritos.
Xes de 1º de Primaria xogando ao fútbol e á oca en familia.
Marieta 3º de Primaria e Gloria de 5 anos patinando coa súa nai e practicando Kayak.
Xabi de 4 anos practicando balonmán cos seus curmáns e fútbol con papá.
As mochilas son un recurso fantástico para que as familias se impliquen coa lectura e disfruten en familia de todos os recursos que a biblioteca ofrece.
Fondos variados para poder gozar con eles na casa en calma e fomentando a lectura en familia.