Mostrando las entradas con la etiqueta PRÉSTAMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta PRÉSTAMO. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de noviembre de 2025

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

 Todas as semanas cada aula ten a súa sesión de biblioteca para realizar os empréstitos e  escoller as lecturas que queren levar para casa ou para a aula. Cada alumno/a consulta cos seus compañeiros e compañeiras, mira as novidades, as recomendacións e elixe os libros ou contos que quere ler.

Dispoñemos de separadores para poder elixir as nosas lecturas sen desordenar os andeis dos fondos. 






miércoles, 30 de octubre de 2024

LIBROS QUE VAN E VEÑEN!

 Despois de inaugurar a nosa biblioteca e de conmemorar  o día das Bibliotecas Escolares xa  comezamos co empréstito bibliotecario!!!

Libros que van e veñen ás nosas casas e que nos van facer gozar da lectura ao longo do curso!!




viernes, 28 de octubre de 2022

“LIBROS QUE VAN E VEÑEN”:COMEZAMOS

 Xa chegou o día das bibliotecas escolares e con el damos comezo ao empréstito bibliotecario!!!Libros que van e veñen as nosas casas e que nos fan gozar e disfrutar!!!😍🤩







viernes, 29 de octubre de 2021

"Libros que van e veñen: contos para casa"

 Comezamos co empréstito de contos para casa. Os máis pequenos o fan coa mochila de préstamo e lles encanta levar os contos para ler na casa . 

Durante este curso por fin podemos dicir adios as restriccións covid e os grupos poden subir á biblioteca todos xuntos. Alí o empréstito é inmediato e un membro do equipo de biblioteca fará a devolución e empréstito en Meiga.  

O empréstito en Educación Infantil será semanal mentres que por organización os grupos de Primaria realizarán o préstamo de xeito quincenal puidendo levar ata 3 fondos.






sábado, 7 de noviembre de 2020

COMEZAMOS CO PRÉSTAMO " LIBROS QUE VAN E VEÑEN"

  A semana pasada deu comezo o préstamo na nosa biblioteca coa iniciativa " Libros que van e veñen". Neste curso por motivo do Covid só o realizaremos de xeito quincenal para así poder desinfectar correctamente os libros e gardar as medidas necesarias para garantir a seguridade de todos e todas.

Os nosos cativos están encantados co préstamo e levar contos da biblioteca para casa é toda unha aventura para eles. Tanto para ler eles como para que lles conten, tendo así a posibilidade de levar gran variedade de lecturas como narrativa, banda deseñada, consulta ...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como o disfrutaron os pequenos de infantil.