jueves, 29 de febrero de 2024

DEPORTE EN FAMILA: MOCHILAS VIAXEIRAS FEBREIRO

Xa remata esta mes de febreiro e as familias que levaron a mochila viaxeira ao longo deste mes nos deixaron unha mostra  dos deportes que practican en familia. 



 

ROSALÍA DE CASTRO 2024

Este 23 de febreiro festexamos como todos os anos o día de Rosalía de Castro. A través da estrofa coñecida..." Adiós ríos , adiós fontes...." os alumnos elaboraron diferentes estrofas sobre ese sentimento de morriña do que tanto falaba a nosa Rosalía.

                                        

Ademais aproveitamos a ocasión para gravar diferentes podcast de Rosalía na nosa radio escolar. Non volo podedes perder!!!

 

NOTICIERO 6ºA: TRIBUTO A ROSALÍA

O alumnado de 6ºA de Educación Primaria elaborou o seu noticieiro facendo un tributo a Rosalía de Castro facendo un concurso radiofónico sobre a vida e obra de Rosalía.
 Vos atrevedes????

OLYMPIC GAME. MES DE MARZO

 

PREGUNTAS “OLYMPIC GAMES” MES DE MARZO


Ola rapaces e rapazas:

Continuamos completando o rosco do concurso da biblioteca "Olympic Games". Este mes tedes que atopar a resposta correcta das 3 seguintes letras:

  • P: Deporte olímpico no que o deportista pontevedrés David Cal acadou un total de 5 medallas olímpicas nos xogos de Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012.

  • Q:  Roupa utilizada para practicar artes marciais coma por exemplo karate ou judo.

  • R: Cidade onde se celebraron os XVII Xogos Olímpicos en 1960.

Lembrade que podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario a entrada do blog da biblioteca. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso.

martes, 20 de febrero de 2024

1º OBRADOIRO LECTURA E FAMILIAS : SABELA ÁLVAREZ

 Este martes 20 de febreiro comezamos cos obradoiros de Lectura e familias , coa ilustradora Sabela Álvarez . Esta ilustradora do barrio de Chapela é especialista en cómic e manga. Visitou o noso centro para axudarnos a coñecer mellor este 9º arte e para iniciar os máis cativos que lles poida interesar. 

Sen dúbida unha experiencia única e moi divertida que os nosos peques puideron disfrutar!!!




lunes, 19 de febrero de 2024

IMPRESIÓN 3 D : COMEZAMOS CON SORPRESA

 A impresión 3D esta cada vez máis presente no Frian. Por iso os nosos alumnos comezan coa programación e diseño 3D para despois facer a impresión . 

A nosa impresora xa comezou a traballar cunha pequena sorpresa e agasallo para o noso alumnado que os contaremos máis adiante. Qué será, será....









MARCHANDO UNHA RECEITA DE AREPAS EN 5º DE PRIMARIA

 Aprender a escribir e comprender é fundamental para os nosos cativos e cativas , e por iso deben coñecer primeiro os diferentes tipos de textos que existen.

Por iso o alumnado de 5º quixo aprender como se escribe unha receita e os pasos para levala a cabo. Adeamis a través dela traballaron tradicións de diferentes culturas así como conceptos mátemáticos como  cantos kilos son necesarios para facelas ou o lugar de onde proveñen alguhas destas receitas.

Todas estas preguntas xa as respondimos na clase pero agora toca disfrutalas, levando a cabo a receita das arepas típicas de Colombia e Venezuela. Elaborando a receita paso a paso e degustandoas.

Parabéns ao alumnado de 5º de Primaria !!!!




sábado, 17 de febrero de 2024

CHUS LAGO E FATA VISITAN O FRIAN

 Este venres tivemos a sorte de contar coa visita de Chus Lago,alpinista e escritora . Pero non chegou soa. ,senòn acompañada polo inuit Tocolito, que nos fixeron viaxar ao Ártico, pescar en piragua polas súas xeadas augas, voar en globo e vivir a marabillosa experiencia de entrar nun iglú gozando das auroras boreais.

Grazas Chus Lago por compartir connosco todas as túas aventuras e ensinarnos que crer nun mesmo, perseguir o que nos gusta e dedicar esforzo e constancia para acadar o éxito persoal (que non sempre é o éxito que recoñecen os demais) é o verdadeiro camiño.

Sorte co novo libro e esperamoste cando queiras!




lunes, 12 de febrero de 2024

Xornadas de atletismo Xogando

  O día 2 de febreiro os alumnos de 2* de primaria tuvieron unha clase especial de atletismo incluída no proxecto Xogando. Ao noso centro asistiron dúas deportistas deste proxecto a impartidla.A clase consistiu en facer xogos nòs que os nenos e nenas traballaron as tres disciplinas do atletismo:Carreira ,lanzamiento e salto.

Esta actividade está relacionada directamente co pdi do cole :”De xogo en xogo “onde traballamos e coñecemos os diferentes deportes olímpicos así como diferentes xogos tradicionais.


A pesares dos nervios iniciáis , gozaron moito con ela!!!





viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 É tempo de Entroido e no Frian o quixeron festexar todos xuntos .Aínda que o tempo non nos deu tregua , desfilamos polos corredores do centro e compartimos bailes e merendas!!!Este Entroido estivo marcado pola temática do noso PDI adicado os xogos olímpicos.



viernes, 2 de febrero de 2024

DÍA MUNDIAL DA PAZ NO FRIAN :ÚNETE

Este martes 30 de xaneiro celebramos no Frian o día mundial da Paz. Todo o alumnado elaborou mensaxes de paz e palabras para axudar a conseguila . Está nas nosas mans poder conseguilo e aportar o noso gran de aréa. Aquí vos deixamos unha mostra de todos estes mensaxes que elaboramos no Frian. 

   

 Ademais o alumnado de 4ºA quixo deixar a súa pegada a través da radio escolar, para poder así deixar as súas mensaxes e que poidan chegar a máis xente. Non volo podedes perder!!!!

jueves, 1 de febrero de 2024

DEPORTE EN FAMILIA: MOCHILAS VIAXEIRAS XANEIRO


 Neste mes de Xaneiro  Asier, Xian e Moraima quixeron compartir con nós os seus momentos favoritos practicando deporte en familia. Dende o padel surf de Asier, pasando polos xogos de mesa de Xian ou un divertido paseo en bici de Moraima. Grazas familias por compartir con nós. A seguir practicando deporte en familia!!!!

OLYMPIC GAMES : FEBREIRO

 


      OLYMPIC GAME FEBREIRO 


Ola rapaces e rapazas: 
Comezamos un novo mes , o mes de febreiro con novas preguntas do noso concurso Olympic games. Estades preparados e preparadas??
Tedes que atopar a resposta correcta destas novas 4 letras do alfabeto. Podedes deixar as vosas respostas na caixa de correos que hai diante da porta da Biblioteca ou responder a través dun comentario a entrada do blog da biblioteca. Pero non esquezades poñer o voso nome e curso. 



M : NOME DA NADADORA ESPAÑOLA MÁIS FAMOSA DA HISTORIA , CON 4 MEDALLAS OLÍMPICAS E QUE FOI ABANDERADA DE ESPAÑA NOS XOGOS OLÍMPICOS TOKIO 2020.

N: PAÍS EUROPEO QUE PARTICIPA ESTE ANO NOS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024  E QUE A SÚA CAPITAL É OSLO.

Ñ: DEPORTE QUE CONSISTE NA ESCALADA DE MONTAÑAS CUXO NOME CONTÉN A LETRA Ñ.

O: NOME DA DEPORTISTA ESPAÑOLA  QUE COMPETIU EN NATACIÓN SINCRONIZADA E GAÑOU DÚAS MEDALLAS NOS XOGOS OLÍMPICOS DE LONDRES 2012, PRATA EN DÚO E BRONCE POR EQUIPOS.