Mostrando las entradas con la etiqueta AGORA CONTAMOS TODOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta AGORA CONTAMOS TODOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2024

CONTANDO EN FAMILIA

 Na clase de 4 anos os contos e a biblioteca escolar son fundamentais no seu día a día , pero as súas familias tamén saben a importancia dos contos e por iso participan estas semanas na actividade titulada 

"Contos en familia" . As familias veñen a ler a todos un dos seus contos favoritos e despois levan a cabo co grupo unha actividade de animación relacionada coa lectura. 

Grazas a todas as familias participantes!!!









miércoles, 6 de mayo de 2020

SEGUIMOS CO INICIATIVA " AGORA CONTAMOS TODOS"

Continuamos con novos contos desta iniciativa dos nosos profes de infantil. Neste documento de genially imos actualizando todas as semanas as novidades dos contos que imos preparando , para que non vos perdades ningún. E a disfrutar da lectura!!!!


viernes, 17 de abril de 2020

" ASÍ ES MI CORAZÓN "


Aquí estamosde novo cun novo conto desta sección 
"AQUÍ CONT-AMOS TODOS".Neste caso tocoulle o conto 
"ASÍ ES MI CORAZÓN"


viernes, 3 de abril de 2020

"ANIMAIS DE COMPAÑÍA" AGORA CONT-AMOS TODOS

 Xa temos aquí o conto desta semana "Animais de compañía". Sen dúbida vos encantará . E non vos esquezadesde enviarnos as fotos dos vosos animais de compañía que inventedes. A disfrutar da lectura.



E despois das vacacións de Semana Santa volveremos con outro conto moi especial !!!


viernes, 27 de marzo de 2020

" AMOR CON LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA " ,AGORA CONTAMOS TODOS


Esta semana o profesorado de Educación Infantil non quixo deixar a oportunidade de preparar para todos vós outro conto entre todos. 


Neste caso o libro é " Amor con la pequeña oruga glotona" que en estos momentos tan difíciles para todos nos axudará sen dúbida a  darnos conta do afortunados que somos por ter xente que nos quere ao noso arredor.



Non vos perdades para o próximo venres o conto
" Animais de Compañía"de Manuel Lorenzo e Óscar Villán.




viernes, 20 de marzo de 2020

" AGORA CONTAMOS TODOS"

Queridos nenos e nenas do Frian: Botámosvos moito de menos e ante esta situación nova para tod@s, o Equipo de Educación Infantil gravou un conto con toda a ilusión do mundo para compartir un ratiño convosco ( aínda que sexa de xeito virtual), así que aí vai!!! 

Unha vez vexades o conto, veredes que hai un reto. Se alguén se anima facédenos chegar as vosas fotos ou debuxos á dirección do cole biblioteca@ceipfrianteis.com Ánimo e moita forza para tod@s!!!

O primeiro conto é " Un agasallo diferente" da Editorial Kalandraka