Hoxe desfrutamos dunha milla arredor do cole finalizando na nosa horta como premio pola participación de todas as aulas no concurso Preparando a nosa horta! levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos un reto para responder a preguntas para organizar e crear a nosa propia horta. Deste xeito aprendimos unha morea de cousas sobre o noso PDI: "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra".
O propósito do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa, os padriños e madriñas recolleron aos seus afillados e afilladas nas clases e fixeron o percorrido xuntos.
Ao chegar á horta colocaron elementos decorativos como algo simbólico polo noso amor pola natureza.
Grazas alumnado e profes de Frian pola vosa implicación no concurso!

No hay comentarios.:
Publicar un comentario