viernes, 31 de marzo de 2023

MES STEM: SEMANA DO 24 AO 31 DE MARZO

 Entramos xa na útima semana do mes Stem: bee bot, mouse bot, ozobot, ranger bot, lego education, xogos de programación ,pistola 3D, lego e xogos imantados, e robots de empréstito do Cefore de Vigo... foron algúns dos materiais dos que puidemos disfrutar todo este mes e algúns deles podémolos atopar no Espazo Maker do cole para poder utilizalos sempre que  queiramos e beneficiarnos de todas as posibildades que nos ofrecen. 













miércoles, 29 de marzo de 2023

ESCOLMA DÍA DAS ARTES GALEGAS " ARTE E MÚSICA"

 Este 1 de abril festexamos o Día das Artes Galegas que este ano 2023 está adicado ao trovador galego Martín Codax , por iso a súa especial mención as cantigas  e música galega . Nos corredores do cole podemos atopar unha escolma de diferentes contos cheos de música en galego, música que nos representa, nos guía e forma parte da nosa cultura. 





viernes, 24 de marzo de 2023

MES STEM : DO 17AL 23 MARZO

 Seguimos co mes Stem neste mes de marzo e os diferentes recursos stem e de robótica circulan polas diferentes aulas para que todo o alumnado poda disfrutar deles a aprender a través do xogo. 















jueves, 23 de marzo de 2023

"MONSTRO AZUL": OS NENOS DE 2ºA NOS CONVIDAN A LER

 Os cativos de 2º A quixeron levar a cabo a actividade "Convídote a ler" co alumnado de 5 anos A e 5 anos B a través do conto "Monstro Azul". Despois da súa lectura cada un deles realizou o seu propio monstro azul.