Finalizamos as recomendacións deste curso, para facervos unhas achegas de novidades para ler neste verán.
Felices vacacións!!
Finalizamos as recomendacións deste curso, para facervos unhas achegas de novidades para ler neste verán.
Felices vacacións!!
Hoxe, realizamos unha convivencia de final de curso coas familias.
Remata o curso e polo tanto tamén finaliza o noso PDI deste curso: "Mares e océanos: un recurso vital". Como non podía ser de outro xeito, realizamos unha exposición con todos os nosos traballos despois de realizar cada aula o seu proxecto documental. Seguindo as pautas de procura e selección da información no segundo trimestre e plasmando no terceiro trimestre a elaboración das nosas investigacións nun produto final.
Repartimos a exposición en tres espazos do cole:
- Nos corredores expuxemos os traballos realizados nas sesións de Art:
Hoxe realizamos unha xuntanza na biblioteca para agradecer a participación dos voluntarios e voluntarias durante todo o curso. Realizaron un traballo excelente: formación de usuarios, colaboración nas celebracións do cole, lecturas compartidas, empréstitos, actividades sociocomunitarias, organización da biblioteca, recomendacións...
Quixemos recoñecer o seu grande labor cun diploma acreditativo do seu traballo e un pequeno agasallo pola súa implicación.
Por unha banda, despedimos aos voluntarios e voluntarias de sexto desexándolles moita sorte na súa nova etapa de secundaria. Pola outra banda, despedimos ao voluntariado de quinto ata o próximo curso.
Moitas grazas voluntariado, sen a vosa axuda a biblioteca non sería a mesma!!
Hoxe desfrutamos todo o cole de un flashmob como premio pola participación de todas as aulas no concurso Challenge Frian, levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos unha viaxe de preguntas polos mares e océanos do mundo. Aprendemos unha morea de cousas sobre o nos PDI: "Mares e océanos: un recurso vital"
O flashmob foi organizado polo alumnado voluntario de 5º de Primaria, elas elaboraron a coreografía e todo o cole bailou ao compás do seu ritmo.
O propósito do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa.
Grazas alumnado de 5º pola vosa implicación!
O alumnado de 6º de Educación Infantil comparten con todos nós o seu Cóntocho-Eu!
Os nenos de 5 anos non quixeron perder a oportunidade de falar no seu noticieiro sobre as diferentes capas do océano e os animais que viven nel.
Non volo podedes perder!!!