domingo, 28 de febrero de 2021

COÑECES A NOSA BIBLIOTECA???

 Son moitas as modificacións e espazos que este ano tivemos que cambiar e adaptar por mor do Covid-19  na nosa biblioteca. Algunhas destas modificacións nos deron novas oportunidades  e outras simplemente nos fixeron cambiar e adaptarnos á forza. Para o curso que ven esperamos recuperar algunhas delas, conservar outras e modificar e ampliar espazos sempre pensando en mellorar este espazo do noso centro que tantas ledicias e oportunidades de medrar nos proporciona.


Aquí vos deixamos un pequeno video demostrativo para todos aqueles que queiran darse un paseo polas nosas instalacións. Tanto aqueles que xa forman parte da familia Frian como aqueles que para o ano empezar esta nova andaína con nós. 




WHY YOU SOULD COME TO FRIAN? RADIO EN INGLÉS


 It´s time sing up new students at school. Lola, our language assistant , and some pupils in grade 6 ( Adela Patricia and Sara) were interviwed at our school radio.


Thanks girls!!!

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR " PONTE NAS ONDAS"

 Este venres 26 de febreiro recibimos a visita de 

"Ponte nas ondas" para a realización dun obradoiro de Radio Escolar.

Nesta ocasión puideron gozar desta formación os grupos de 6º e 5º A que despois pasarán a formar ao resto de alumnado do centro.

A formación durou ao longo de toda a mañá. Realizáronse obradoiros de Audacity, tratamento do son , técnicas de voz e podcast,elaboración dunha escaletaa e grabación dun programa de radio. Seguindo todas as medidas e protocolos Covid levamos a cabo diferentes grupos en horarios diferentes.

Aquí vos deixamos unha mostra do moito que aprendemos e gozamos coa experiencia!!!!

https://go.ivoox.com/rf/66346137



viernes, 26 de febrero de 2021

QUERIDA ROSALÍA

  O 24 de febreiro é un día moi especial para nós os galegos. Onde homenaxeamos a nosa maior representante na literatura galega. O Equipo de Dinamización preparou un banco de recursos e todos os cursos recitaron poemas de Rosalía. 


viernes, 19 de febrero de 2021

1ºA E PASATEMPOS DE CINE

Os nenos e as nenas de 1º A estivemos traballando moitos pasatempos relacionados co tema do cine. Divertímonos moito facendo: quebracabezas, busca as diferencias, labirintos, sopas de letras, une os puntos... e todos estos pasatempos os fixemos  cos nosos personaxes favoritos do mundo do cinema. Queremos compartir con todos vós o noso traballo.


Esperemos que o desfrutedes!!



 GRAZAS  1ºA


   Bo traballo!!

                                                           

sábado, 13 de febrero de 2021

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA RADIO NO FRIAN

 Neste primeiro curso participando no proxecto Radio Escolar non quixemos deixar a oportunidade de conmemorar o día mundial da radio este 13 de febreiro. Participamos con Rede Espora e a Unesco nunha iniciativa fantástica dando voz as vivencias dos nosos maiores  e tamén levamos a cabo o noso primeiro programa da radio coa iniciativa de Ponte nas Ondas para festexar este día.


Aquí vos deixamos a recopilación de todos estos materiais que esperamos disfrutedes e vós gusten tanto como a nós. Isto é só o comezo dunha andaina trepidante no mundo da radio que nos encanta e nos motiva.

FELIZ DÍA DA RADIO!!!

jueves, 4 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO POLA UNESCO : 13 DE FEBREIRO





Dende a Rede Espora nos convidan a xuntar as nosas voces para festexar este día.Por iso pensamos que o alumando entreviste na casa a un familiar doutra xeracion : pais/nais, avós/avoas, bisavó/bisavoa... facéndolle as seguintes preguntas:


  • Cando eras pequeno/a, cal era o teu programa favorito de radio?
  • Onde escoitabas a radio?
  • Ao comezo da entrevista pediranlle que digan o seu nome e apelidos.Só se entrevistará a unha persoa por neno/a. A participación terá carácter voluntario.

Dende o Frian faremos unha recopilación destas entrevistas ,que como vedes non vos levarán moito tempo e serán publicadas pola nosa radio e tamén no soporte da UNESCO.

Tendes que enviar a entrevista ( só audio) ao correo biblioteca@ceipfrianteis.com como máximo o día 9 de febreiro. Animádevos a participar e a dar vida a nosa radio escolar .

Unha aperta familias!!! Imos darlle voz aos nosos maiores!!!





martes, 2 de febrero de 2021

3ºA E A PELÍCULA MUSICAL GREASE!

Os nenos e nenas de 3º A estivemos traballando no noso PDI a película musical “Grease”. Neste vídeo interpretamos un rap especialmente composto para esta ocasión. Como non podía ser doutro xeito, tamén diseñamos unha coreografía coa que vos invitamos a descubrir este clásico musical! 

Esperemos que o desfrutedes!!



                                                  GRAZAS  3ºB


                                                   Bo traballo!!

                                                           


lunes, 1 de febrero de 2021

SEGUIMOS CREANDO RECURSOS

 No FRIAN o PDI deste curso " Un ano de película" nos apaixona .Por iso non deixamos de crear recursos para o noso alumnado e todo aquel que queira aprender un pouco máis do sétimo arte.

O Equipo de Infantil preparou un recurso fantástico relacionando o seu Proxecta " Amigos de corazón" co PDI do cole , onde traballan as mascotas máis famosas do cine.

A súa vez o Departamento de Inglés elaborou recursos sobre o cine en inglés que non deixarán indiferente a ninguén,titulado " About cinema".

A disfrutar de todos estes recursos!!!!Disfrutemos dun ano de cine!!!!