martes, 26 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO

      
Traballamos videos e textos para reflexionar , entre eles “ Ceremonia del Te” de Jorge Bucay. Sacamos conclusión para facer un decálogo entre todos. Baixo o lema “ NON É NON”e debatimos sobre que cousas decimos que NON  (Non quero que me insultes, Non quero que me beses senón quero, Non me gusta que me berres)… Dous representantes de cada aula serán os escollidos para informar cal do seu lema. .Cada aula escribiu o lema nunha bolboreta en cartulina e que decorou un Mural conmemorativo para tal data..Ademais cada neno ademais debuxará esa mesma bolboreta co lema  “  NON É NON”, na mesma cor que a bolboreta grande.

Fixemos una adaptación de “ Qué bonito é querer “ de Manuel Carrasco” e grabamos un video para tal fin entre todo o alumnado do centro . Cantado polo alumnado do cole o disfrutamos moito.


Con todas as bolboretas das clases cos diferentes lemas fixemos un mural con material de refugallo que representa a liberdade da muller .



sábado, 23 de noviembre de 2019

RECOMENDACIÓNS 25 DE NOVEMBRO : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este luns 25 de novembro, celebramos o día contra a violencia de xénero. A través dos contos podemos intentar aportar o noso gran de area para intentar concienciar os nenos e nenas desta situación. Aqui os deixamos algúns recursos para poder usar.


domingo, 17 de noviembre de 2019

" O MEU CONTO FAVORITO"


Na clase de 4 anos B deron comezo a unha iniciativa chamada " O meu conto favorito". A través dos contos deixamos ver as nosas emocións , as nosas ilusións, as cousas que nos asustan e as que fan estar contentos. Pero sobre aqueles contos que nos deixan pegada, eses contos que marcan a nosa infancia e que están sempre presentes na nosa familia.

Os cativos de 4 anos B ao longo das semanas traeran a aula ese conto favorito que tanto lles gusta. Ademais de traballalo e gozar del na aula con todos os compañeiros, as familias nos visitarán para realizar un contacontos con todos e poderán realizar manualidades ou actividades que teñan que ver con este conto tan importante para eles.

Esta semana comezamos con Diego e a súa mama Pili que nos visitaron. O pasamos realmente xenial e levamos unha tartaruga preciosa de lembranza desta actividade. 






miércoles, 13 de noviembre de 2019

A CAIXA DOS LIBROS MÁXICOS

Este curso en Educación Infantil comezamos cun novo recurso de animación á lectura ao que chamamos "Caixa/bolsa dos libros máxicos" . Unha caixa cun conto moi especial que virá acompañado de material manipulativo e experiencias para traballar a través do conto .

Os contos escollidos foron : " Un libro" de Herve Tullet para o alumnado de 3 anos, "Mi pequeña habitación " de Jo Witek para o alumnado de 4 anos e " El gran libro de los superpoderes " de Rocio Bonilla.












CONCURSO :QUE SABES DE VIGO?

Con motivo do noso PDI deste curso " Vigo , cidade de cores" iniciamos un concurso titulado " EXPERTO EN VIGO: QUÉ SABES DE VIGO?.
Frianciño colgará preguntas relacionadas con Vigo e cas diferentes celebracións do cole. As preguntas terán catro posibles respostas e poderá contestarse na web do Frian. 
Anímaste a coñecer mellor a túa cidade e participar con nós!!!! 


CONTO A CASTAÑA 3 ANOS A



plan lector en Educación Infantil é sempre moi activo e motivador. Dous días á semana facemos o plan lector de xeito conxunto con lecturas en voz alta, lecturas compartidas, contos teatralizados, títeres. Esta semana os mais pequechos do cole de 3 anos A nos deleitaron cun pequeno contacontos sobre unha castaña do Magosto. Non vos perdades a estes cativos que son uns verdadeiros artistas!!!

domingo, 10 de noviembre de 2019

"AS TRES BRUXAS COMEPERNAS"


Para festexar o Samaín Noelia a nai de Marieta de 4 anos B , quixo vir a visitarnos para recitar un poema que crearan a súa filla e ela. O poema titulábase " As tres meigas compernas" .Despois do contacontos agasallou a todos os nenos cuns caramelos de Samaín . 
Grazas por vir !!!







RECURSOS " MES DA CIENCIA"

 Este mes de novembro comezamos ca celebración do
 " MES DA CIENCIA" .Un mes cheo de actividades, experimentos, obradoiros, exposicións...

Pero ademais aquí vos deixamos unha serie de recursos para que poidades usar na casa e gozar ca ciencia en familia.


viernes, 8 de noviembre de 2019

HISTORIA DE VIGO EN CATRO MINUTOS E MEDIO. PARTE I



Venres de Viva Voz 19/20

 Comezamos un ano máis cos “Venres de Viva Voz”, actividade para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado. Cada aula prepara unha exposición oral sobre a temática do noso PDI (Proxecto Documental Integrado). Este curso traballamos baixo o título de “Vigo, cidade de cores”. Queremos render tributo a nosa cidade, investigando e coñecendo o noso entorno máis inmediato.
Esta sección da biblioteca gravámola os venres e este ano empeza polo alumnado de sexto de primaria.

      COMEZAMOS A ANDAINA DOS VENRES DE VIVA VOZ!


  O alumnado de sexto e quinto de primaria arrancamos este curso cun proxecto de historia: “A vida antes do Fortnite e Harry Potter”.                   
Entón en decidimos facer o noso Venres de Viva Voz sobre a historia de Vigo
 A primeira entrega deste traballo está realizada por 6ºA. Facemos un percorrido pola Prehistoria, Romanización e Idade Media acontecida na nosa cidade. 

             Prestade moita atención!!

miércoles, 6 de noviembre de 2019

DE CONTOS CON MIGALLAS

Bea e Manuel do grupo Millagas visitaron o Frian para realizar un contacontos moi especial ao alumnado de 6º de Educación Infantil. Pasamos un rato moi divertido, coñecendo diferentes contos, gozando coa música e coa lectura.




sábado, 2 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS


No Frian son moitas as recomendacións lectoras que facemos ao longo do curso. 
Neste primeiro trimestre o día das mulleres escritoras, Samaín e o mes da Ciencia son algunhas das exposicóns temáticas que fixemos para que así sirvan para recomendar algúns dos fondos que temos na nosa biblioteca e que todo o alumnado poida gozar delas tanto na escola como na casa.