Mostrando las entradas con la etiqueta MAKER SPACE. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta MAKER SPACE. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de junio de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: SEMANA STEAM

  Esta semana levamos a cabo no colexio a "Semana Steam", unha proposta realizada na aula Maker e de Polos Creativos, inaugurada este curso, con distintos obradoiros. O alumnado rotou polas distintas estacións de aprendizaxe propostas, investigou, experimentou e xogou, realizando verdadeiras aprendizaxes significativas e sobre todo en cooperación cos compañeiros e compañeiras.

 Estas estacións foron as seguintes:


-Proposta 1: Robótica con tres grados de dificuldade para todo o alumnado: baixa, media e alta.




   

-Proposta 2: Xogos de mesa

  

-Proposta 3: Construcións (korbo, kapla...)

 

 

-Proposta 4: Mesa de luz

-Proposta 5: Imáns

    


 
Tamén realizáronse propostas en inglés durante toda a semana:
Keyring 6º
En 6º deseñaron chaveiros:

En 4º e 5º realizaron "Board Games
 
     
 

Foi unha semana moi motivadora e especial!

viernes, 15 de noviembre de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA: ESPAZO MAKER

 Este curso debido ao novo espazo habilitado para a biblioteca, tamén contamos cun novo espazo para o proxecto de "Biblioteca creativa" e  "Polos creativos". Este espazo ten moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker, cortadora láser, impresión 3D... 


O alumnado ao longo do curso puido experimentar con estes materiais durante as sesións organizadas polos titores e tamén estaba dispoñible todos os venres na hora de lecer. 

Amosamos algunhas das actividades realizadas:





miércoles, 1 de mayo de 2024

MAKEY MAKEY: SISTEMA DIGESTIVO 5º PRIMARIA

 O alumnado de 5º de primaria levou a cabo unha actividade para coñecer o aparato digestivo . Crearon unha maqueta do mesmo e despois o traballaron a través da ferramenta Makey Make e dos Scornabots.





lunes, 19 de febrero de 2024

IMPRESIÓN 3 D : COMEZAMOS CON SORPRESA

 A impresión 3D esta cada vez máis presente no Frian. Por iso os nosos alumnos comezan coa programación e diseño 3D para despois facer a impresión . 

A nosa impresora xa comezou a traballar cunha pequena sorpresa e agasallo para o noso alumnado que os contaremos máis adiante. Qué será, será....









viernes, 27 de noviembre de 2020

VOLTA AO RECUNCHO MAKER NESTE CURSO INUSUAL

Os cativos de Educación Infantil gozan moito do recuncho maker e dos recursos e materiais que estes lles ofrece. Ademais de poder utilizar todos estos materiais na aula de xeito mÁis individual ,tamén o poden facer directamente no recuncho habilitado na biblioteca para tal fin. 


A situación pola pandemia do Covid , limita moito a utilización de espazos comúns, pero seguindo unhas normas hixiénicas básicas, evitando máis dun grupo diario , e seguindo co protocolo adecuado, podemos seguir gozando con todas estas actividades que tanto nos gustan e cas que tanto aprendemos.  


    Este tipo de materiais e espazos nos permiten deixar de lado por un intre os contidos currículares e traballar de xeito vivencial e manipulativo que é en definitiva a base de todo aprendizaxe.


        

 

sábado, 24 de octubre de 2020

Biblioteca creativa: maker space

 

Comezamos o curso  cunha boísima noticia . Este curso fomos  seleccionados para participar  no proxecto "BIBLIOTECA CREATIVA".Un proxecto que nos dará moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker , impresión 3D...

 O curso pasado comezamos creando o recuncho maker da nosa biblioteca.Un espazo con diferentes materiais e recursos que nos axuden a crear cousas por nós mesmos. A robótica ademais levábase a cabo en infantil na sesión de TICS e tamén en Primaria a través de M-Bots e a súa creación.

Este curso pola situación COVID o recuncho maker tivo que inhabilitarse por non poder compartir materiais entre todo o alumnadx, por iso buscouse outra alternativa. En Educación Infantil os materiais maker serán distribuidos por aulas e espérase poder facer o mesmo en Primaria e coa axuda deste proxecto será aínda mais viable e moito mais productivo.

Aquí vos amosamos algunhas das actividades que xa comezaron a levar a cabo algúns cativos dos mais pequenos do cole. Aínda nos queda moito que aprender , gozar e traballar pero como sempre estamos mais que preparados para facelo!!!!