martes, 31 de enero de 2023

ADIVIN-ARTE FEBREIRO

 

O arte urbano ou medianeiras son una forma de expresión artística que serve para rehabilitar as zonas mais industriais ou “deprimidas” da cidade. Así o espazo público convértese nun lienzo con moitas formas de expresión. 

Na seguinte medianeira da nosa cidade a/o artista representa a celebración do Entroido que estamos a piques de festexar neste mes de febreiro. 

  •  En que cerámica,coñecida de Galicia.está inspirada esta obra?

 • En que parte da cidade podemos atopala? 

• Quen é a/o artista da mesma? 

Retámosvos a poder conseguir un selo da vosa cartilla trimestral respondendo a esta pregunta e se ademais queredes un extra, contádenos algunha curiosidade sobre o cadro, o que simboliza, o autor ou o que vos apeteza relacionado co tema! 

Lembrade que podedes deixar as respostas no blogue ou na caixa de correos da biblioteca. Animádeos a completar a colección das chapas!! 

lunes, 30 de enero de 2023

VENRES DE VIVA VOZ 1ºA " DÍA DA APERTA"

 O alumnado de 1º A quixeron adicar o seu venres de viva voz ao día da aperta,que se festexa o 21 de xaneiro. Se queredes saber a súa orixe non podedes deixar de escoitar aos nosos cativos!!! 

Noraboa rapaces!!!


ESCOLMA POLA PAZ 22/23 "CONTOS DE PAZ"

O 30 de xaneiro festexamos O día mundial pola Paz, pero durante toda a semana nos corredores do cole puidemos gozar cunha escolma de diferente contos e libros adicados á paz e a todos aqueles valores e sentimentos que a representan. 



lunes, 23 de enero de 2023

ABELLAS NA ESCOLA :APÍPOLIS

 Nico da granxa escola Apípolis  nos visita esta semana para dar a coñecer a vida e a importancia das abellas na escola. Coñecemos a fisioloxía das abellas, os paneis, o instrumental que se utiliza así como probamos néctar e mel. E como non podemos observar as abellas de cerca na colmea e ver a abella raiña.

Canto aprendemos das abellas e sobre todo da súa importancia no noso Ecosistema.






Aquí vos deixamos unas recomendacións lectoras das que dispoñemos na biblioteca para poder ampliar información ou compartila na casa en familia.



                          

domingo, 22 de enero de 2023

"SEMPRE CONTIGO" DE PAULA GARVI :CONTACONTOS SOBRE A IMPORTANCIA DA AMIZADE

 Este venres día 20 de xaneiro tivemos  a gran sorte de contar no cole coa escritora do conto " Sempre contigo" ,Paula Garvi. Acompañandoa coa música do conto, a cantante viguesa Eva Carreras,nos cantou en directo o tema que da nome o conto.

Este conto fala sobre a amizade en temas de Covid pero como se deben de coidar as amistades e a importancia de conservalas e tratalas con amor. 

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que pasamos e como gozamos con este conto que non pode faltar na nosa biblioteca!!!




Se pinchades na portada do conto, accederes ao enlace do video da canción en directo que nos cantou Eva Carreras.

jueves, 19 de enero de 2023

DE VIVA VOZ 2º A: "MESES DE INVERNO FRÍOS"

 Seguimos cos videos de Viva Voz do alumnado de 2º A, neste caso recitaron un poema moi axeitado sobre a estación na que nos atopamos, titulado: "Meses de inverno fríos" de Rosalía de Castro.

Non puidestes elixir mellor a temática. Moi bo traballo!!! 

martes, 17 de enero de 2023

RAP DO TEMPO: VENRES DE VIVA VOZ 2ºB


O alumnado de 2ºB aproveitou o se Venres de Viva Voz para mostras as súas capacidades artísticas e musicais a través dun rap adicado ao tempo do escritor Anxo Iglesias, ao cal lle adicaron o Premio Merlín. Sen dúbida os nosos rapaces son uns verdadeiros artistas e levan o ritmo xenial!!! 
Noraboa rapaces!!!


 

DANIEL NOVOA: NORMAS E LÍMITES

 Hoxe contamos no cole co psicólogo vigués Daniel Novoa. Daniel é un apaixonado da psicoloxía .Terapia, formación e comunicación , son os pilares dunha vida profesional entusiasmante e enriquecedora. 

Tivemos a oportunidade de charlar e debatir sobre as normas e os límites nos nosos cativos e non tan cativos. Foron moitas as dúbidas e os debates que xurdiron e seguro aínda algunhas quedaron no tinteiro pero sen dúbida unha charla que nos fixo pensar e onde quedou ben claro que as normas e límites son moi necesarias e se deben dar dun xeito progresivo.

Grazas a Daniel por facer un oco na súa axenda e grazas a todas as familias que se acercaron ao cole a disfrutar desta charla .








lunes, 16 de enero de 2023

DÍGOCHO EU 4º A: PALABRAS ENXEBRES

 O alumnado de 4º A retoma a actividade do Dígocho eu cunha chea de palabras propias da nosa lingua. 

Estades preparados e preparadas para comprobar se as coñecedes todas???


Moi bo traballo rapazada! Noraboa!!!




jueves, 12 de enero de 2023

DE VISITA EN RADIO VIGO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

 O alumnado de 3º de Primaria están encantados coa súa inmersión na radio escolar e por iso visitaron a Radio Vigo, a radio da nosa cidade onde lles ensinaron todas as instalacións e como é o funcionamento dunha radio no seu día a día , así como as diversas tecnoloxías que utilizan: croma, mesa de mesturas, micrófonos , sala de audio...







ADIVIN - ARTE XANEIRO

O 30 de Xaneiro celébrase o Día escolar da non violencia e da paz, día no que dende os centros nos comprometemos a defender a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e xeitos de pensar. Esta defensa da paz non ocorre en Ucraína, que levan en guerra case un ano. 

O cadro que aqui podedes observar é unha icona do século XX, é un símbolo dos terribles sufrimentos que a guerra inflixe aos seres humanos. 

Sabedes quen é o autor do cadro e que guerra está a reflectir? En que data? 

Retámosvos a poder conseguir un selo da vosa cartilla trimestral respondendo a esta pregunta e se ademais queredes un extra, contádenos algunha curiosidade sobre o cadro, o que simboliza, o autor ou o que vos apeteza relacionado co tema!

Lembrade que podedes deixar as respostas no blogue ou na caixa de correos da biblioteca.
Animádeos a completar a colección das chapas!!