jueves, 29 de octubre de 2020

ESTA SEMANA... PELI DE MEDO

Esta ano a festa do Samaín e de Halloween será ben diferente ao que estamos acostumados. Pero non  imos deixar de pasar un rato divertido. Por iso, esta semana Frianciño recomendaos a película:

"Pesadillas 2. Noche de Halloween" 

Trátase dunha comedia de terror, baseada nos libros de terror infantil de R.L. Stine.

Conta a historia de dous nenos que liberan accidentalmente a todos os monstros, demos e criaturas fantasmais no seu pobo, despois de abrir un libro inédito de pesadelos titulado "Halloween embruxado", causando un gran caos na noite de Halloween.

Unha comedia de aventuras na que o humor minimiza os momentos de medo, e que transmite valores como o traballo en equipo ou a importancia das relacións entre irmáns.

Aquí vos deixamos o trailer para que empecedes a rir e tremer.

Se queredes, ao rematar a película, podedes comentar no blogue que foi o que máis vos gustou, se pasastes un pouquiño de medo ou algunha lembranza das vosas festas de Samaín ou Halloween pasadas. 

domingo, 25 de octubre de 2020

CAIXAS TEMÁTICAS DE SAMAÍN

As caixas temáticas son una novidade deste curso. Un recurso que nos axuda a coñecer con que fondos contamos na nosa biblioteca, agrupados por temáticas. Isto fará mais doado e rápido o préstamo,cando nos toque a quenda para subir á biblioteca. 

Neste caso engadimos unhas caixas temáticas para infantil e primaria, coa temática de Samaín. Son moitos os contos e libros cos que podedes contar na biblio. 

Así que aproveitade e animádevos a ler contos de medo!!!

XA ESTÁ DE CAMIÑO O SAMAÍN!!!!

 Xa queda menos para o Samaín e aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para festexar esta celebración por todo o alto.

sábado, 24 de octubre de 2020

PELÍCULA : " UNO PARA TODOS"


Esta semana vos recomendamos a película "UNO PARA TODOS" .
Unha luminosa historia baseada na  importancia das relacións. 
Un profesor iterino  asume a tarea de ser profe de 6º de Primaria, cando asume que ten que reintegran a un alumno enfermo na aula .Pero se atopa cun problema aínda maior: ningún dos seus compañeiros queren que volva a clase. 


Unha película emotiva, motivadora e fascinante que non deixara a ninguén indiferente. 


PROPOSTA 

Invitámoste ,despois de ver a película, a que fagas unha análise dela e nos comentes a través do blogue cal foi a parte que mais vos gustou e se algún/ algunha profesor/a vos marcou na vosa etapa na escola. (Non é necesario nomear a ninguén).




Aquí vos deixamos o trailer para ir abrindo boca!!!! Animádevos e a gozar co cine!!!


CORTOS EDUCATIVOS E DE INCLUSIÓN


Un grupo de profes e pedagogos elaboraron esta recopilación de cortos educativos para infantil , primaria e secundaria . A través deles trabállanse aspectos tan importantes como a igualdade,a empatía, o bulling,inclusión....

Unha aportación excelente grazas a colaboración de diferentes profesionais para compartir e axudar entre todos. Grazas pola colaboración!!!


                                              CORTOS EDUCATIVOS                       


CORTOS DE INCLUSIÓN

   

ALGÚNS RECURSOS ONLINE

 


UNHA MOREA DE CONTOS


MAFALDA 




XA TEMOS VOLUNTARI@S

No Frian contamos cun gran equipo de voluntariado que sempre esta motivado e con moitas ganas de aprender , traballar e axudar. Este curso tivemos que reducir o número de voluntarios pero sen dúbida os seleccionados o farán con mais ilusión ca nunca. Algúns repiten experiencia e outros comezan nesta nova andaina. Son alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Xa están listo para comezar a traballar e para facelo aínda con mais entusiamos recibiron un agasallo que lles axudará a que a súa labor sexa aínda mellor que ata agora.

BENVIDOS VOLUNTARI@S DO FRIAN!!!!








Biblioteca creativa: maker space

 

Comezamos o curso  cunha boísima noticia . Este curso fomos  seleccionados para participar  no proxecto "BIBLIOTECA CREATIVA".Un proxecto que nos dará moitas posibilidades e recursos para aprender e traballar: robótica, materiais maker , impresión 3D...

 O curso pasado comezamos creando o recuncho maker da nosa biblioteca.Un espazo con diferentes materiais e recursos que nos axuden a crear cousas por nós mesmos. A robótica ademais levábase a cabo en infantil na sesión de TICS e tamén en Primaria a través de M-Bots e a súa creación.

Este curso pola situación COVID o recuncho maker tivo que inhabilitarse por non poder compartir materiais entre todo o alumnadx, por iso buscouse outra alternativa. En Educación Infantil os materiais maker serán distribuidos por aulas e espérase poder facer o mesmo en Primaria e coa axuda deste proxecto será aínda mais viable e moito mais productivo.

Aquí vos amosamos algunhas das actividades que xa comezaron a levar a cabo algúns cativos dos mais pequenos do cole. Aínda nos queda moito que aprender , gozar e traballar pero como sempre estamos mais que preparados para facelo!!!!

       

Mochilas viaxeiras: " Comezamos unha nova viaxe"

 

Coa celebración do día das Bibliotecas escolares damos comezo tamén a viaxe das "Mochilas viaxeiras".Con este curso tan atípico e cheo de medos e incertidumes non queríamos deixar pasar a oportunidade de gozar con este recurso que comparten tanto alumnxs como familias. Por iso da comezo esta nova viaxe con mais ilusión que nunca, con novas medidas de hixiene e seguridade pero con toda a tranquilidade e ilusión de sempre. A disfrutar desta nova viaxe coa lectura!!!






Lendo baixo a mesma estrela: 24 de outubro de 2020

 Outro venres mais continuamos coa actividade "Lendo baixo a mesma estrela"
Aínda que o sol non nos quixo acompañar, aproveitamos as gradas do patio cuberto para facer contacontos o aire libre. A lectura nos encanta e se é o aire libre aínda mais. Ademais este venres coincidiu co día das Bibliotecas Escolares e que mellor razón que festexalo lendo un conto!!!

O conto escollido para tal ocasión foi " As pirañas non comen bananas".Un conto moi divertido e co que non paramos de rir.




jueves, 22 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES : 24 DE OUTUBRO

 Este venres conmemoramos no cole o día das Bibliotecas escolares. Este curso unha celebración atípica pero que non queremos deixar de festexar pola importancia que ten para nós.


Aquí vos deixamos este documento con actividades e moitas sorpresas para festexar este gran día!!! Feliz día das Bibliotecas Frianciños!!


martes, 20 de octubre de 2020

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!

 Fai unhas semanas Quino o ilustrador e creador da mítica Mafalda , deixounos.. Pero non antes sen deixar unha pegada imborrable na historia. 

No Frian non queríamos deixar pasar a oportunidade de facer unha pequena homenaxe. Elaboramos un boceto dun mural e formamos un gran quebracabezas  relacionándoo co noso PDI, onde cada un escolleu a técnica plástica que mais lle gustou para confeccionalo.

Ademais Mafalda é ben coñecida polas súas frases irónicas e tamén positivas. Neste momento de Pandemia o positivismo é sen dúbida o que máis necesitamos. Así que cada aula representamos unha frase esperenzadora de Mafalda e a plasmamos todas xuntas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo dos nosos alumnxs e do resultado final da obra.

ATA SEMPRE QUINO, ATA SEMPRE MAFALDA!!!






martes, 13 de octubre de 2020

COMEZAMOS A FORMACIÓN DE USUARIOS NO FRIAN

 O Equipo de Biblioteca do CEIP FRIAN TEIS, elaborou un documento  Genially con actividades, recursos e  información básica para coñecer e formarnos na utilización da biblioteca escolar. 
    Non se trata dun documento pechado , senón que se irá actualizando , modificando e ampliando.



LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA ,COMEZAMOS DE NOVO

Cómo nos gustan as lecturas o aire libre, e agora aínda mais. Comezamos de novo a iniciativa " Lendo baixo a mesma estrela".Os venres a primeira hora , sempre que o tempo o permita, gozaremos da lectura todos baixo a estrela mais brillante que coñecemos.Nesta ocasión tocoulle a quenda a algunhas das aulas da Etapa de Educación Infantil .