ETIQUETAS
- AGORA CONTAMOS TODOS
- ANIMACIÓN Á LECTURA
- AVALIACIÓN
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAIXAS TEMÁTICAS
- CELEBRACIÓNS
- CONCURSOS
- CÓNTOCHO EU
- DÍGOCHO EU
- FICCIÓN DIXITAL
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- FORO
- FRIANCINE
- HORA DE LER
- LECTURA E FAMILIAS
- LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA
- MAKER SPACE
- MOCHILAS VIAXEIRAS
- NOTICIEIRO
- NOVOS ESPAZOS
- PDI
- PRÉSTAMO
- RADIO ESCOLAR
- RECOMENDACIÓNS
- RECURSOS ONLINE
- VENRES DE VIVA VOZ
- VISITAS
- VOLUNTARIADO
viernes, 29 de mayo de 2026
REFORESTAMOS NO PARQUE FORESTAL DA MADROA COA COMUNIDADE DE MONTES DE TEIS
jueves, 28 de mayo de 2026
FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO
O profesorado participou nun PFPP con dúas liñas formativas este curso: unha sobre convivencia positiva e outra sobre patios dinámicos.
Grazas profes!
miércoles, 27 de mayo de 2026
martes, 26 de mayo de 2026
3º OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS: IOGA NA CONTORNA
Hoxe realizamos o último obradoiro do programa Lectura e Familia, "Ioga na contorna", da man de Natalia González Montero.
Natalia comezou o obradoiro coa lectura do conto "Yo soy paz" porque todos e todas somos un recuncho de paz.
Continuou cun montón de xogos con posturas de ioga. Despois elaboramos un xogo anti stress para voltear á calma nos momentos de inquietude.
BIBLIOTECA CREATIVA: SEMANA STEM
Esta semana levamos a cabo no colexio a "Semana Steam", unha proposta realizada, na aula Maker e de Polos Creativos, con distintos obradoiros. O alumnado rotou polas distintas estacións de aprendizaxe propostas, investigou, experimentou e xogou, realizando verdadeiras aprendizaxes significativas e sobre todo en cooperación cos compañeiros e compañeiras.
domingo, 24 de mayo de 2026
RECOMENDACIÓNS DE 5ºA
O alumnado de 5ºA de E.Primaria realiza as recomendacións dos libros que máis lle gustaron da nosa biblioteca:
BO TRABALLO!
sábado, 23 de mayo de 2026
RECOMENDACIÓNS DE 5º B
O alumnado de 5ºB de E.Primaria realiza as recomendacións dos libros que máis lle gustaron da nosa biblioteca:
viernes, 22 de mayo de 2026
SINTONÍZATE COA LINGUA
O alumnado de sexto de E.Infantil dedica o seu Sintonízate coa Lingua a realizar unha versión moi orixinal do grupo Queen, titulada Se queres medrar.
Escoita con atención:
QUINCENA CULTURAL DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS: PANEIS LITERARIOS
Durante a Quincena Cultural polos corredores do cole establecéronse espazos para poder crear e compartir as nosas vivencias a través da expresión escrita.
BO TRABALLO!!miércoles, 20 de mayo de 2026
AGASALLO DE LEDICIA COSTAS
lunes, 18 de mayo de 2026
RECUNCHOS VERDES BA BIBLIO
O PDI deste curso "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra" tamén encheo os espazos da biblioteca. Creamos recunchos verdes para que o mundo vexetal tamén forme parte de todas as aventuras da nosa biblioteca.
viernes, 15 de mayo de 2026
VISITA DA ESCOLA INFANTIL RÚA ARAGÓN
Hoxe recibimos ao alumnado da Escola Infantil Rúa Aragón para unha segunda xornada de convivencia co voluntariado da biblioteca. Xuntos compartimos novas experiencias, risas e xogos.

.gif)


.gif)
.gif)

.gif)




