viernes, 27 de marzo de 2020

" AMOR CON LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA " ,AGORA CONTAMOS TODOS


Esta semana o profesorado de Educación Infantil non quixo deixar a oportunidade de preparar para todos vós outro conto entre todos. 


Neste caso o libro é " Amor con la pequeña oruga glotona" que en estos momentos tan difíciles para todos nos axudará sen dúbida a  darnos conta do afortunados que somos por ter xente que nos quere ao noso arredor.



Non vos perdades para o próximo venres o conto
" Animais de Compañía"de Manuel Lorenzo e Óscar Villán.




sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

Non queremos deixar pasar a ocasión de celebrar este 21 de marzo " O día da poesía". Aquí vos deixamos algunhas actividade e recursos .
A súa vez os animamos a participar no concurso 
" Un poema na túa voz " que nos propón a Asociación galega do libro infantil. 
Feliz día da poesía, este ano mais que nunca necesitamos da  poesía.Un recurso para reflexar os nosos estados de ánimo nestes momentos difíciles.


viernes, 20 de marzo de 2020

O FRIAN QUEDA NA CASA! E TI??


O Equipo do Frian, nestes momentos tan difíciles para todos, vos animamos a quedaros na casa.
Unha mensaxe de unidade e compañerismo para dar ánimo a toda a Comunidade Educativa .



Por eso agora  os toca a vós. Escollede unha estrofa e inventade unha pequena coreografía en familia co tema 
"Quédate en  casa" . As podedes mandar o correo biblioteca@ceipfrianteis.com. 
TODOS XUNTOS, TODOS UNIDOS PODEMOS CONSEGUILO!!!
ANIMÁDEVOS!!!

" AGORA CONTAMOS TODOS"

Queridos nenos e nenas do Frian: Botámosvos moito de menos e ante esta situación nova para tod@s, o Equipo de Educación Infantil gravou un conto con toda a ilusión do mundo para compartir un ratiño convosco ( aínda que sexa de xeito virtual), así que aí vai!!! 

Unha vez vexades o conto, veredes que hai un reto. Se alguén se anima facédenos chegar as vosas fotos ou debuxos á dirección do cole biblioteca@ceipfrianteis.com Ánimo e moita forza para tod@s!!!

O primeiro conto é " Un agasallo diferente" da Editorial Kalandraka


viernes, 13 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA


Fixemos unha exposición de xornais e revistas en diferentes idiomas: galego,castelán e inglés.
Despois cada aula elaborou unha noticia relacionada co tema do seu PDI creando unha exposición de xornal con noticias da nosa cidade. A noticia tiña que ser inventada e coas diferentes partes dunha noticia ben presentes: título, subtítulo , pé de páxina…






martes, 10 de marzo de 2020

MALETAS BANDA DESEÑADA CEFORE DE VIGO


 Este mes de febreiro e durante un mes,  tivemos a sorte de poder gozar coas maletas viaxeiras de BANDA DESEÑADA do Cefore de Vigo.  Tanto primaria como infantil puideron ler cómics e vivir múltiples aventuras .



 





lunes, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO DÍA DA MULLER


Para a celebración do día 8 de marzo preparamos unha actividade moi divertida onde o pasaremos moi ben e ademais aprenderemos moito sobre mulleres importantes da nosa cidade.



Despois de conseguir o reto, en MMAF, terás unha búsqueda con sorpresa:

Despois de conseguir o reto, en MMAF, terás unha búsqueda con sorpresa:








Aquí vos deixamos información sobre as mulleres destacadas da nosa cidade para que non perdades detalle :)

sábado, 7 de marzo de 2020

RAFAEL ORDÓÑEZ


O luns 2 de marzo veu a visitarnos o 2º autor do libro que todos e todas pedimos de agasallo para o Nadal. Chámase Rafael Ordoñez e falou do seu libro " Animales muy normales " pero tamén nos contou o que está escribindo agora, cousas interesantes sobre o seu traballo , como se publican os libros.... Tamén puidemos gozar cun contacontos moi divertido e nos asinou todos os nosos libros..







        

SEGUIMOS COS NOSOS CONTOS FAVORITOS


Na clase de 4 anos B siguen traballando os contos favoritos . Nestas últimas ocasións a nai de Mimi e o pai de Iago foron os encargados de visitar a nosa aula.

María, a nai de Mimi quixo cun conto dixital , lembrar os nenos o uso dalgunhas palabras máxicas como porfavor, grazas, con permiso... Lebaron un imán de neveira de lembranza para casa e  o disfrutaron moito.






Jose , papá de Iago e Brais, quixeron gozar con nós de todo un clásico de Kalandraka, " A mosca chosca". Fixemos entre todos a nosa mosca chosca para levar para casa e levamos de agasallo un doce moi rico.