Mostrando las entradas con la etiqueta FORMACIÓN DE USUARIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta FORMACIÓN DE USUARIOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2026

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIOS CURSO 2026-2027

Para poder ser un bo usuario e usuario da biblioteca , a formación de usuarios durante o curso escolar é fundamental. Coñecendo o funcionamento da nosa biblioteca nos convertemos en usuarios de calquera biblioteca do mundo. Durante o mes de novembro e decembro organizamos diferentes sesións onde o Equipo de Biblioteca en colaboración cos voluntarios e os mestres do claustro , poidamos formar aos diferentes alumnos do cole e que poidan facer un uso responsable da biblioteca coñecendo como se clasifican e organizan os libros, as partes dun libro, como emprestar e devolver os fondos da biblioteca etc..

jueves, 28 de mayo de 2026

FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO

   O profesorado participou nun PFPP con dúas liñas formativas este curso: unha sobre convivencia positiva e outra sobre patios dinámicos.  

                   

                   

                                     Grazas profes!

miércoles, 28 de enero de 2026

XORNADAS DE BIBLIOTECA CREATIVA

 

Este mércores 28 de xaneiro tivo lugar en Santiago a Xornada de Biblioteca Creativa, na que puidemos aprender das tecedoras da nosa terra con poñentes moi interesantes como Manuel Rodríguez, o cal estivo en parte relacionado co obradoiro de Bea Lema "Bordar o camiño de volta á casa. Mapas téxtiles".  

Houbo outros obradoiros como o de Lucas Ramada "Xogar para falar de xogar: dispositivos didácticos e función dixital" no que nos falou de como poder levar o videoxogo a recunchos da biblioteca para poder achegarnos ao mundo do noso alumnado.  

Outras compañeiras foron a outros obradoiros moi interesantes como os de Cristina González (Arte Garabato) e Lucía Romaní, nos que aproveitaron libros de expurgo para facer verdadeiras obras de arte; ou deseñaron libros diferentes con recortes, perspectivas e moita imaxinación. 

 Finalizamos a xornada escoitando a compañeiras do CEIP O Cervo e do IES Ribeira do Louro, as cales nos contaron como dinamizan a súa biblioteca escolar. 



       
   
            
 
 
       Foi unha xornada moi interesante para aprender e                                enriquecernos entre todos e todas. 

lunes, 26 de enero de 2026

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

 Hoxe o alumnado de segundo de primaria realizou un obradoiro de radio, para coñecer o seu funcionamento.

Primeiro recibiron unha explicación teórica dos elementos dunha radio escolar:

A continuación, debuxaron estes elementos da radio para sintetizar toda a información:


 


E finalizaron o obradoiro poñendo en práctica os coñecementos aprendidos e gravando o seu programa de radio.



                                BO TRABALLO 2º!!

lunes, 8 de diciembre de 2025

SINTONÍZATE COA LINGUA DE 5º A

 O alumnado de 5ºA realizou un obradoiro de radio no que estiveron experimentando e aprendendo técnicas para gravar programas de radio.

Traballaron por grupos e cada un elixiu unha temática.

Neste episodio realizan unha presentación do libro O diario de Greg e outra sobre o autor Antonio García Teixeiro:


Neste outro episodio realizan unha presentación sobre o escritor Xosé Neira Vilas e sobre a escritora Ledicia Costas:


BO TRABALLO 5ºA!

OBRADOIRO DE RADIO DE 5º DE PRIMARIA

Esta semana, o alumnado de 5º de primaria realizou un obradoiro de formación no manexo da radio escolar. Primeiro tiveron unha sesión teórica e despois pasaron a poñer en práctica estes coñecementos.

Elaboraron un guións de presentacións de programas por equipos. Gravaron e sentíronse verdadeiros locutores e locutoras. Resultou moi motivador e todo o alumnado quedou con ganas de realizar máis programas de radio.






BO TRABALLO ALUMNADO DE 5º!!

jueves, 4 de diciembre de 2025

A NOSA CDU COS PÉS NA TERRA

 Este ano como o noso  PDI  titúlase: "Sementamos e recollemos vínculos, cos pés na terra". Elaboramos nas sesións de  formación de usuarios unha CDU con raíces.

 Repartimos o traballo entre os diferentes cursos da escola, investigamos as categorías e levamos a cabo unha tarefa plástica. 

O resultado é moi divertido e gráfico para consultar as distintas categorías á hora de seleccionar os libros.

Así quedou a nosa CDU:












BO TRABALLO FRIAN!

lunes, 3 de noviembre de 2025

COMEZA A FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS.


Dedicaremos os meses de novembro e decembro a realizar a formación de usuarios tanto para o alumnado como para o profesorado. 



  Arrancamos a formación de usuarios do presente curso visualizando un vídeo elaborado polo voluntariado da biblioteca escolar. Explican a organización dos fondos da nosa biblioteca segundo a CDU (Clasificación Decimal Universal) e  os distintos espazos dos que dispoñemos, así como os seus usos. 

Cada aula na súa hora de biblioteca semanal realiza as propostas para traballar a formación de usuarios e usuarias.

Parte I do vídeo:


Parte II do vídeo:



Bo traballo nenas e nenos do voluntariado!!

Despois de visualizar o vídeo realizamos actividades variadas para reforzar estas aprendizaxes.



BO TRABALLO!!

viernes, 2 de mayo de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS PROFESORADO

 O profesorado participou nun PFPP para coñecer o manexo e as características da cortadora láser. 





                                       Grazas profes!