lunes, 3 de noviembre de 2025

NOVO CONCURSO: PREPARANDO A NOSA HORTA!



 Ola rapazas e rapaces de Frian:

Comeza un novo curso na nosa biblioteca e con el unha nova aventura e un novo concurso de preguntas.

Propoñemos algo moi especial: crear a nosa propia horta!

Ao longo deste concurso iremos aprendendo todo o que se precisa para coidar a terra e facer que medren as plantas e ademais aproveitaremos tamén para traballar ese proceso nas persoas e medrar tamén a nivel emocional, fortalecer vínculos e ter novas vivencias. 

Cada mes teremos que superar pequenos retos e responder a algunhas preguntas. Así iremos descubrindo, paso a paso, que traballos se fan nunha horta: preparar a terra, sementar, regar, coidar as plantas e recoller o que medra, et.

As instrucións do xogo serán:

1. Cada mes, no blog https://ossonhosdefriancinho.blogspot.com/ atoparedes unhas preguntas sobre as cales deberedes investigar para acadar a resposta correcta.

2. Cando teñades as respostas poderedes envíalas de dúas formas:

• Facendo un comentario na entrada do blog da biblioteca.

• Depositando as vosas repostas por escrito na caixa de correos que atoparedes fóra da biblioteca. Neste caso, non esquezades indicar o voso nome e curso na vosa resposta.

3. Repartiremos un sobre por aula no que con axuda das vosas mestras e mestres iredes construíndo unha horta simbólica na que cada paso simboliza un paso no proceso de cultivar (na terra e en nós): buscar, preparar, crear e coidar.


Se queredes acadar o voso premio non vos esquezades de participar!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario