Mostrando las entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2026

CHALLENGUE FRIAN MES DE NOVEMBRO : EUROPA

 Comezamos o concurso visitando o noso continente, o continente Europeo. Faremos tres paradas en: Paises Baixos, Dinamarca e Escocia. Responde as preguntas e anímate a viaxar con nós. :) 











CHALLENGUE FRIAN " VIAXANDO POLO MUNDO"

 Outro curso máis comezamos co noso concurso Challengue Frian sobre o PDI do curso que este ano adícase ao turismo. O PDI chámase " Viaxando polo mundo: coñecendo outras culturas" e por iso o noso concurso anual nos fará viaxar polos diferentes continentes coñecendo curiosidades e tradicións de diferentes países. Para iso completaremos o noso pasaporte viaxeiro que conseguimos na xincana do día das bibliotecas escolares. Estades preparados???












sábado, 24 de octubre de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 24 DE OUTUBRO 2026

 O venres 23 de outubro con motivo do día da inahuguración das bibliotecas escolares, dimos comezo ao inicio do noso PDI " Viaxando polo mundo: coñecendo outras culturas".

A través dunha xincana por todo o cole o alumnado debía pasar por diferentes probas e pistas ata chegar á proba final.

Crear o noso propio medio de transporte a través do espazo maker para poder viaxar. Utilizamos diferentes materiais : kapla, lego, corbo...



Despois coñecemos diferentes culturas realizando diferentes mostras artísticas dalgúns continentes: cerámica, máscaras, abanicos... 




A música tamén é unha mostra artística de moitos países así que na aula de musica coñecimos e bailamos diferenes danzas do mundo.


Na última proba chegamos ao lugar do cole onde miles de historias poden acontecer, a nosa biblioteca. Ahí creamos diferentes mapas dos continentes e deixamos pegadas en cada un deles. 



Queda inahugurada a nosa biblioteca escolar para o curso 26-27, preparádevos para viaxar e coñecer mundo e culturas impresionantes!!!

















viernes, 19 de junio de 2026

EXPOSICIÓN DO PDI

 

Hoxe, realizamos unha convivencia de final de curso coas familias. 

Remata o curso e polo tanto tamén finaliza o noso PDI deste curso: "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra". Como non podía ser de outro xeito, realizamos unha exposición con todos os nosos traballos despois de realizar cada aula o seu proxecto documental. 

                                        

Seguindo as pautas de procura e selección da información no segundo trimestre e plasmando no terceiro trimestre a elaboración das nosas investigacións nun produto final.

GRAZAS FRIAN!!

lunes, 15 de junio de 2026

PREMIO POLO CONCURSO: PREPARANDO A NOSA HORTA!

 

Hoxe desfrutamos  dunha milla arredor do cole  finalizando na nosa horta como premio pola participación de todas as aulas no concurso Preparando a nosa horta! levado a cabo ao longo do curso. Cada mes realizamos un reto para responder a preguntas para organizar e crear a nosa propia horta. Deste xeito aprendimos unha morea de cousas sobre o noso PDI: "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra".

O propósito  do premio foi compartir experiencias e vivencias como comunidade educativa, os padriños e madriñas recolleron aos seus afillados e afilladas nas clases e fixeron o percorrido xuntos.


 Ao chegar á horta colocaron elementos decorativos como algo simbólico polo noso amor pola natureza.

Grazas alumnado e profes de Frian pola vosa implicación no concurso!

viernes, 5 de junio de 2026

PDI E DIVERSIÓN!

Como non podía ser doutro xeito imos rematando o noso PDI  deste curso: "Sementamos vínculos cos pés na terra" unindo natureza, diversión, compañerismo e aventura. Todo o cole realizamos unha saída a Fervenzaventura en Silleda, un espazo de multiaventura, granxa escola e educación ambiental nun enclave natural extraordinario. 

Cada ciclo realizou actividades específicas adecuadas a súa idade, desde obradoiros de cociña, de horta, espazos de xogos populares, arco, rocódromo e tirolina.

Foi unha experiencia inesquecible na que sementamos vínculos coa natureza e entre todos e todas nós.

GRAZAS FERVENZAVENTURA!

lunes, 1 de junio de 2026

FRIAN CHALLENGE XUÑO 2026

 Xa temos a nosa horta lista!!

Ben feito! Grazas pola vosa axuda! 

Entre todos e todas fixemos que medraran plantas que sementamos e algo aínda máis importante... Compartimos tempo xuntos e xuntas e moitas vivencias. Iso creou vínculos que podemos manter ao longo dos anos.

Parabéns!!

Agora é tempo de lecer e descansar. 

👉 Pero antes…aquí vén a última pregunta do noso concurso:

  •  SABES QUEN PINTOU “A SESTA”, UNHA OBRA QUE MOSTRA A CAMPESIÑOS DESCANSANDO NO CAMPO DESPOIS DE TRABALLAR A TERRA?

  • Lembrade que podedes deixar as respostas no blog ou no caixa de correos da biblioteca!!

  • ANIMÁDEVOS! ESPERAMOS CON EMOCIÓN AS VOSAS RESPOSTAS!

viernes, 29 de mayo de 2026

REFORESTAMOS NO PARQUE FORESTAL DA MADROA COA COMUNIDADE DE MONTES DE TEIS

 

O día da Paz  levamos a cabo un día de convivencia e solidariedade  coa iniciativa solidaria, "Un bocata: una anaco de reforestación", colaborando coa Comunidade de Montes de Teis.
Hoxe chegou o día de facer realidade esa actividade solidaria e todo o cole visitamos o Parque Forestal da Madroa para realizar, coa axuda da Comunidade de Montes de Teis, actividades de conservación e reforestación de especies autóctonas. Levamos a cabo actividades  didácticas organizadas polos mestres e mestras, rutas pola zona e plantación de diferentes especies autóctonas, así como a eliminación de especies invasoras.

Durante o tempo de lecer contamos coa colaboración das Pandereiteiras Augas de Maio que fixeron as delicias de todos e todas.
Grazas a Comunidade de Montes de Teis por sementar en nós o amor polos nosos montes!!

viernes, 22 de mayo de 2026

SINTONÍZATE COA LINGUA

 

O alumnado de sexto de E.Infantil dedica o seu Sintonízate coa Lingua a realizar unha versión moi orixinal do grupo                            Queen, titulada Se queres medrar.

                                          Escoita con atención:

BO TRABALLO! 

lunes, 18 de mayo de 2026

RECUNCHOS VERDES BA BIBLIO

O PDI deste curso "Sementamos e recollemos vínculos cos pés na terra" tamén encheo os espazos da biblioteca. Creamos recunchos verdes para que o mundo vexetal tamén forme parte de todas as aventuras da nosa biblioteca.