O día da Paz levamos a cabo un día de convivencia e solidariedade coa iniciativa solidaria, "Un bocata: una anaco de reforestación", colaborando coa Comunidade de Montes de Teis.
Hoxe chegou o día de facer realidade esa actividade solidaria e todo o cole visitamos o Parque Forestal da Madroa para realizar, coa axuda da Comunidade de Montes de Teis, actividades de conservación e reforestación de especies autóctonas. Levamos a cabo actividades didácticas organizadas polos mestres e mestras, rutas pola zona e plantación de diferentes especies autóctonas, así como a eliminación de especies invasoras.
Durante o tempo de lecer contamos coa colaboración das Pandereiteiras Augas de Maio que fixeron as delicias de todos e todas.
Grazas a Comunidade de Montes de Teis por sementar en nós o amor polos nosos montes!!

No hay comentarios.:
Publicar un comentario