viernes, 5 de junio de 2026

PDI E DIVERSIÓN!

Como non podía ser doutro xeito imos rematando o noso PDI  deste curso: "Sementamos vínculos cos pés na terra" unindo natureza, diversión, compañerismo e aventura. Todo o cole realizamos unha saída a Fervenzaventura en Silleda, un espazo de multiaventura, granxa escola e educación ambiental nun enclave natural extraordinario. Cada ciclo realizou actividades específicas adecuadas a súa idade, desde obradoiros de cociña, de horta, espazos de xogos populares, arco, rocódromo e tirolina.

Foi unha experiencia inesquecible na que sementamos vínculos coa natureza e entre todos e todas nós.

GRAZAS FERVENZAVENTURA!

No hay comentarios.:

Publicar un comentario